30/5/10

Wilson Love


1918 deu paso á traumática disolución do Imperio Asutrohúngaro. Daquela xurdiu unha artificial Checoslovaquia. O nacionalismo eslovaco recorda aínda hoxe a doutrina Wilson e o apoio ás nacionalidades históricas por parte daquel presidente dos USA. A emigración eslovaca aos Estados Unidos, o lobby xudeu e o papel da colonia eslovaca estadounidense durante o rexime comunista son feitos que axudan a explicar o estreito vencello dos EEUU coa causa eslovaca. Dentro do discurso nacionalista eslovaco 1918 foi unha oportunidade perdida. Con todo, a grande derrotada en Trianon foi Hungría que perdeu grande parte do seu territorio, quedando inmersa no S de Eslovaquia unha minoría húngara notable. Trala toma turca de Budapest, os emperadores e emperadoras eran coroados polos húngaros en Bratislava, a capital no exilio. O proceso de maxiarización no século XIX levou ao nacemento do nacionalismo paneslavo e do movemento nacionalista eslovaco. Estas tiranteces manteñen o seu peso na actualidade, como veremos máis adiante. Centroeuropa non se pode entender sen ter en conta o que aconteceu entre 1914-1918.

1914


Velaquí tedes un monumento nunha barriada de Bratislava na honra dos caídos polo Imperio Austro-húngaro na Grande Guerra. Un colega meu sempre recorda cando entrou nun camposanto dunha aldea perdida do País Vasco-Francés e ficou abraiado coas tumbas dos mortos da parroquia na 1ª Guerra Mundial. Homes con catro apelidos vascos morrendo como heroes por Francia nas lameiras de Verdún. Algo parecido aos campesiños galegos mortos na guerra de Marrocos. O curioso é que por esa época os xudeus loitaron polo kaiser, polo Imperio, amosando unha fidelidade que de pouco valería na década de 1930, cando os xudeus veteranos en Austria e Checoslovaquia confiaban no seu expediente militar para zafar da vesania nazi.

29/5/10

Aclaracións


O concelleiro de Cultura de Boiro, Xerardo Piñeiro, ao máis puro estilo da dereita de Valencia, segue crendo as súas propias películas e as transmite aos medios tentando enganar á sociedade. Velaquí un goloso extracto do artigo de La Voz de Galicia edición Barbanza do pasado 26 de maio:

El año pasado, el convenio entre el Concello de Boiro, el departamento autonómico de Xuventude y el Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) que permitió celebrar los anteriores campos de trabajo, no se renovó, lo que llevó al ejecutivo de Boiro a suscribir un acuerdo con la USC para poder dar continuidad a la iniciativa. Y la fórmula, en opinión del ejecutivo boirense, funcionó: «Ademais, os campos de traballo da Xunta foron eliminándose e este ano só haberá un. Nós tivemos a sorte de que non nos colleu por sorpresa e podemos seguir adiante coa iniciativa», comentó Piñeiro.

Todo un auténtico mestre da novela negra este home. Todos sabedes que tras ese lacónico no se renovó agóchase unha actitude vergoñenta do concello, un clamoroso impago e, entre outras cousas, un exemplo de caciquismo casposo no que o suposto arqueólogo do CAB non parou até meter os seus colegas en Neixón. Pero aparte diso, o que resulta demencial é a segunda parte. Xerardo Piñeiro gábase da habilidade do Concello, cando foi a Xunta de Galicia quen apropiadamente eliminou o campo de traballo de Neixón por mor da nefasta xestión do Concello de Boiro que facía imposible calquer continuidade do proxecto.
Para concluir temos outra xoia:

Por otra parte, el concejal de Cultura habló también sobre la marcha de las obras en el centro de interpretación del castro de Neixón. La primera fase de la actuación está a punto de concluir y el Concello dispone de una nueva partida de 75.000 euros para cubrir la estructura y adecentar el entorno.

O Concello inviste cartos en adecentar o entorno que previamente destruiu e o vende como un investimento cultural.
Isto é o que hai.


Fonte: http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/05/26/0003_8506952.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

25/5/10

Slavín



No camposanto militar de Slavín, nun fermoso parque dende o que se domina Bratislava, atópanse 6 tumbas colectivas e 278 individuais de 6.845 soldados do Exército Roxo caídos na liberación de Bratislava en abril de 1945. Este pasado 8 de maio Eslovaquia celebrou o 65 aniversario da derrota do fascismo, xa que foi nese día cando o goberno colaboracionista do Estado eslovaco, encabezado polo crego Jozef Tiso, firmou a capitulación. Neste Día oficial da loita contra o fascismo levouse a cabo a tradicional ofrenda floral para rendir homenaxe aos soldados que repousan en Slavín, uns homes que a poboación local segue vendo como liberadores, malia a historia posterior na que os liberadores se converteron en ocupantes. Por primeira vez, este ano, na cerimonia conmemorativa se presentaron varios clubes de historia militar da República Checa, Hungría e Eslovaquia que exhibiron numerosos equipos e protagonizaron reconstrucións dos combates. Á praza central SNP (Insurrección Nacional Eslovaca) incluso chegou un tanque que despois do acto conmemorativo acompaňou o desfile até a beira do Danubio.
O discurso memorialístico combínase hoxendía co mundo da Living History, do coleccionismo e as recreacións de afeccionados á Historia militar. Todo un Patrimonio emerxente.

Fotografía: tumba dun soldado soviético en Slavín.

Hildebrant




Todos temos interiorizadas unha serie de imaxes que condensan un período histórico. As películas sobre a 2ª Guerra Mundial axudaron a chantar estampas prototípicas que relacionamos co Exército alemán e o Rexime nazi: eses castelos centroeuropeos, esas grandes portadas de madeira braquinegras... Velaquí tedes un abraiante castelo semiabandonado, na contorna de Carnuntum, coas paredes acribilladas por mor do avance soviético en abril de 1945. Os postes a ámbolosdous lados da entrada para pendurar os pendóns de turno. A porta de toda a vida. No buzón unicamente se conserva un papeliño a xeito de enderezo no que se pode ler un enigmático apelido: Hildebrant.

Donau




O Danubio foi o limes do Imperio pero seguiu sendo unha vía de comunicación natural ao longo da historia. Na fase final da 2ª Guerra Mundial, o agónico rexime nazi obrigou á poboación civil a ergueren defensas contra o incontible avance do Exército Roxo que conquerira Bratislava o 4 de abril de 1945. Segundo contan as crónicas militares o demente Hitler seguía concentrando os esforzos bélicos en reconquerir o Danubio, cando a intención soviética era conquerir Berlín o máis rápido posible. O mellor do seu Exército concentrouse aquí, algo que non valeu de nada porque o Exército Roxo entrou en Viena o 13 de abril de 1945. Aquí, nos xardíns do Museo de Carnuntum, ao carón do Danubio, consérvase un tramo da calzada romana e algunhas destas defensas de formigón armado que persistirían despois na guerra fría.

Carnuntum


Velaquí tedes o Museo de Carnuntum, unha cidade romana xurdida á beira dun campamento militar a rentes do limes do Danubio, entre Bratislava e Viena (Petronell, Deutsch-Altenburg). Este edificio erguido ao xeito romano foi mandado construír a comezos do século XX polo emperador Francisco Xosé I. Unha estatua do kaiser preside os xardíns anexos. Cómpre non esquencer que os emperadores austrohúngaros tamén o eran do Sacro Imperio Romano Xermánico. Así se explica en parte a querencia polo mundo latino do poder imperial e, en consecuencia, da Academia. A Arqueoloxía clásica serviu de arma lexitimadora desta realidade, como demostrou Luciano Canfora no seu xa clásico libro Ideología de los estudios clásicos.

A Lanzada 2010


Cambiamos provisionalmente o mar de Arousa polo mar d'A Lanzada.Estimados amigos e amigas de Arqueoneixon, convidámosvos a pasarvos pola Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) este verán. Dende comezos de xuño retomaremos as escavacións arqueolóxicas no emblemático xacemento castrexo d'A Lanzada, entre a praia homónima e a praia de Foxos. Estes traballos realízanse no marco do proxecto Pousadas promovido pola Excma. Deputación de Pontevedra, entidade que financia o traballo arqueolóxico. As escavacións serán dirixidas polo arqueólogo da Deputación Rafael Mª Rodríguez Martínez e levadas a cabo por un equipo do noso Laboratorio de Patrimonio do CSIC. Como non, tentaremos levar a cabo un novo proxecto de Arqueoloxía social no que poñeremos en prática moito do aprendido en sitios como Neixón e Castrolandín. Para irdes abrindo boca xa contamos cun blog do proxecto no que iredes vendo en tempo real o desenvolvemento das escavacións e poderes aceder a todo o que se sabe e imos sabendo deste sitio d'A Lanzada.

http://alanzada.wordpress.com/

Fotografía: traballos de escavación arqueolóxica n'A Lanzada na década de 1950 (Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra).

23/5/10

Deutsche Partei


A política exterior nazi privilexiaba as minorías alemás, tanto nos países ocupados coma nos estados satélites como a República Eslovaca. O Consello Nacional Eslovaco liderou un levantamento contra a Alemaña hitleriana en agosto de 1944, nun intre no que Rumanía abandonaba a Hitler e o guetto de Varsovia se sublevaba. Durante a revolta, a xenreira acumulada levou a cometer atrocidades contra a minoría alemá colaboracionista. A paz en 1945 conlevou o troco do mapa étnico de Centroeuropa e Europa oriental, nunha monumental revancha na que foron expulsados e deportados continxentes de poboación xermanos. Os que quedaron en Checoslovaquia foron marxinados na postguerra pola Administración, que limitaba os seus dereitos cidadáns, como fixera antes o rexime nazi con respecto ao mundo eslavo. A eslavización de nomes, apelidos e costumes a partir de 1945 foi unha saída para grande parte destas familias de cultura alemá, retomando, paradoxicamente, a mesma estratexia de aculturación adoptada por familias xudeas de Centroeuropa para tentar evitar o acosamento nazi.

Fotografía: Vello reclamo publicitario dunha casa alemá nun edificio do casco histórico de Bratislava.

Pamätaj ! (Lembra!)


Perto da farmacia e da catedral topamos cun pequeno espazo aberto, atravesado en 1971 por unha autovía construída polo rexime comunista. Este vial é todo un símbolo do Progreso e da Modernidade, tan querido por este tipo de sistemas políticos. Para acadar este obxectivo, de paso, os dirixentes checoslovacos daquela, fixeron pasar o trazado polo medio e medio do emprazamento da sinagoga xudía, que foi demolida. O antisemitismo non rematou na Europa oriental en 1945. Doutra volta, os reximes dos países satélites da URSS víronse obrigados a facer auténticos encaixes de bolillos á hora de xestionar o pasado recente, co gallo de non dar pábulo a un excesivo sentimento patrio a ollos de Moscova. En Checoslovaquia, o caso da sinagoga de Bratislava e o pseudo esquencemento da matanza de Lídice en Chequia, son dous perfectos exemplos deste tratamento polítioo do pasado. Coa revolución de 1989 xurdiu un novo movemento memorialístico co que se tentou pechar esas feridas do pasado e restituír o protagonismo na historia de acontecementos traumáticos coma a deportación aos campos da morte de 59.000 xudeus eslovacos durante o rexime fascista do crego Jozef Tiso (1939-1945).

Bratislava


Centroeuropa é algo así coma un xacemento cunha potencia estratigráfica de metros e metros, empregando un símil arqueolóxico. Resulta abraiante ver como todo o século XX fica fosilizado nos espazos, nas arquitecturas, na xente. Velaquí tedes unha farmacia abandonada, nun edificio perto da catedral de San Martiño. Erguido pola burguesía decimonónicia desta cidade do Imperio Austrohúngaro, conserva na fachada tres carteis co nome do establecemento: un en húngaro, outro en eslovaco e un terceiro en alemán. A lingua xermana era o idioma da Administración imperial e durante moito tempo lingua de cultura no mundo urbano, como acontecía en Praga ou Bratislava. A reforma política decimonónica e as Dúas Coroas serviron para que o húngaro rexurdise como idioma normalizado, sobre todo naquelas áreas coma esta zona de transición entre o mundo xeramno, eslavo e maxiar. De feito, a capital de Eslovaquia ten tres nomes: o eslovaco Bratislava, o alemán Presburg e o húngaro Pozsonyi csata. O feito de que o edificio fique abandonado probablemente teña que ver cos problemas de herdanza derivados do proceso de restitución das propiedades privadas trala caída do rexime comunista en 1989. O trilingüismo da súa fachada pasou á historia despois da ocupación nazi, despois da anexión de grande parte do S de Eslovaquia pola Hungría satélite de Hitler, pola deportación e marxinación da minoría alemá despois de 1945, polo mapa da postguerra e polo rexurdimento da vertente máis radical do nacionalismo eslovaco trala independencia en 1993. Hoxendía a extrema dereita húngara xoga a baza da minoría maxiar en Transilvania (Rumanía) e S de Eslovaquia como arma política, reivindicando o recoñecemento do seu dereito á nacionalidade húngara. Moitos dos problemas de 1918 seguen en 2010. Verdadeiro pasado contemporáneo.

Agujas y pajares


Ni los objetos, ni las opiniones estuvieron siempre tan disminuidos. Hubo un tiempo en que tenían un valor (incluso un precio). Si querías poner en la librería del salón una cabeza de Buda, debías aguardar a que un diplomático, amigo de un hermano de tu cuñada, te la trajera. Una cabeza de Buda, por continuar con el ejemplo, constituía una rareza medio zen envidiada por quienes venían a cenar. No digamos una matrioska rusa, ese objeto que abríamos hasta el final en busca de la respuesta, reiniciándolo enseguida, a la manera informática, para ver si a la segunda o a la tecera dábamos con el sentido de la repetición. Las cabezas de Buda y las matrioskas son hoy pura calderilla de la que se abandona en un cajón para no deformar los bolsillos. Las hay a docenas en las estanterías, en el fondo de los armarios, en los baúles de juguetes de los niños, debajo de los fregaderos... A veces te tienes que abrir paso entre ellas y entre las muñecas vestidas de flamencas, entre las giraldas de plástico, los Oscar de pega (Al mejor papá), los incensarios orientales, los mandos a distancia viejos... Estamos invadidos de cosas porque las cosas han perdido su valor, incluso su precio, son una peste. Debería haber un jefe de las Cosas igual que en los periódicos hay un jefe de Opinión que dice esto sí, esto no. Cabezas de Buda, no, de ninguna manera. Se emiten al día tantas opiniones como toritos bravos de plástico con banderillas salen de las entrañas de las máquinas, y no es más que una opinión, que es a lo que íbamos. Los cierto es que del mismo modo que poseer millones de matrioskas rusas equivale a no tener ninguna, disponer de tanta opinión comienza a parecerse a la catatonia mental. A lo mejor entre todas las giraldas de plástico con purpurina hay una de oro. Pero sería más difícil dar con ella que encontrar una aguja en un pajar.

Juan José Millás, El País, venres 21 de maio de 2010.

14/5/10

Hasta la cocina



Máis adentro do bosque, cruzando un regato e unha verdadeira paisaxe tropical accidentada, rubimos até a verdadeira residencia de Olika Dingel, onde durmía protexido pola súa garda de confianza, segundo nos comentan os guías locais. Neste pequeno abrigo ainda topamos, nunha improvisada escavación, restos dunha lareira adscribible a esa fase de ocupación. Olika Dingil aparece na historia oficial como patriota e resistente exemplar. A cultura popular conta outra versión do asunto; seica cando chegaron os italianos éstes comezaron a forzar mulleres dos dirixentes locais que non eran colaboracionistas. Olinka queixouse ás autoridades e pasaron olimpicamente de el. En plan Puerto Hurraco liquidou ao home que estaba coa súa muller e a toda a familia que andaba por alí. Despois botouse ao monte seguíndoo máis xente. Non sei que historia me gusta máis, pero está claro que este fuxido era todo un personaxe.

Fotografía: Os arqueólogos Álvaro Falquina e Teresa Sagardoy á procura do recordo de Olika Dingil. Febreiro de 2010.

Acampamentos


Os acampamentos dos patriotas seguían o mesmo modelo que rexistramos no Epipaleolítico galego, concretamente na Serra do Xistral. Conxuntos de afloramentos e batolitos graníticos con amplas visibilidades, nos que abrigos rochosos permitían a ocupación temporal. Estas moles de granito ubícanse nun pequeno outeiro no interior do bosque antedito, e a tradición oral conserva o recordo deste sitio como base da guerrilla. Ao lonxe, escoitamos o sermón do crego dunha igrexa protestante, que escoa por esta vella paisaxe agraria a rentes do mundo salvaxe do bosque.

A paisaxe ausente


Temos definido como paisaxe ausente a paisaxe recreada pola guerrilla antifranquista en Galicia en dorsais, montes, covas e bosques. Toda unha paisaxe de resistencia baseada nunha estratexia de mobilidade e invisibilización. Este fenómeno pódese seguir tamén nas terras de Dembidollo en Etiopía facendo Arqueoloxía da resistencia patriota abisinia contra a invasión italiana fascista (1936-1941). Nesta panoramica podedes ver un frondoso bosque no que se garecía o patriota Olika Gingil (o colega de Dimitris) e os seus homes, coma Robin Hood no bosque de Sherwood.

11/5/10

Macondo




Este residente ausente, o grego que ergueu dúas veces o seu imperio, está soterrado en Addis Ababa, onde aínda hoxe se conserva a fermosa igrexa ortodoxa grega. Os seus fillos viven todos en Londres, e gozan da nacionalidade grega concedida polo goberno heleno a tódolos descendentes destes pioneiros comerciantes. Só un fillo reside en Dembidollo, o tal Ñono. Así lle chaman os oromo, pero en realidade chámase Dionisos. Tralo seu divorcio deixou Addis Ababa e, coma un actor que recrea o último acto dunha traxedia grega, retornou á paisaxe da súa infancia, ao Macondo familiar, a revivir modestamemnte o soño do seu pai, na vella fábrica de xabrón, agora reconvertida en muíño para fariñar teff, sorgo e millo. Ñoño lembra a fábrica de xabrón na súa época de esplendor. Os ingredientes empregandos era aceite vexetal local de nuk, traído de Aira Gulisso, graxa de vacún de Gambella e sosa caústica importada de Europa en bocois de 300 kg. Ñono conserva aínda 5 selos para as pastillas de xabrón. Nun deles veñen as iniciais do pai: D.P.V. Dimitris Polibios Valentis, o sefardita que nun curruncho de África protagonizou a primeira globalización da man do capitalismo mundial, o mesmo contra o que hoxe berra desesperanzada a xuventude grega nas rúas de Atenas.

Fotografías: ruínas arqueolóxicas da casa grega erguida por Dimitris ao carón da fábrica de xabrón (circa 1930).
O texto destes posts foi publicado en www.galiciaconfidencial.com baixo o título Unha da grega.

Abesha patriots


Dimitris levantou un pequeno imperio que lle foi arrebatado polos italianos fascistas. Seica, e isto é verdade, o grego apoiou economicamente á guerrilla patriota e chegou a ter encontros na fábrica de xabrón cun líder local, Olika Dingil. Apresado polos italianos, que despois invadirían Grecia, remaneceu no cárcere con outros membros da colonia grega até a liberación de Abisinia en 1941. Aínda que fora condanado a morte, se lle conmutara a pena por catro anos de cadea. Trala victoria, o emperador, o negus Haile Selassie, concedéralle unha medalla pero el negouse a ir recollela a Addis Ababa, porque non lle interesaban os políticos e o Poder. Seica defendeu a causa porque el se consideraba a si mesmo abisinio. Coa paz, foi quen de erguer de novo o seu imperio económico do que a factoría de xabrón era unicamente a punta do iceberg. Tiña negocios en Gambella, Illubabor e Wöllega. Até a súa morte en 1974 unicamente voltou a Grecia en dúas ocasións: unha para operarse dun ollo e outra para casar a súa irmá a quen dotou cunha fermosa casa na illa de Kefalonia. Non custa nada maxinar ao maduro Dimitris actuando coma un indiano nunha aldea galega a comezos do século XX. Pero el, como diciamos, considerábase abisinio. Contra o final da súa vida, voltou perder os seus negocios, co gallo da expropiación e nacionalización fomentada polo goberno comunista do Därg instaurado poucos meses antes do seu falecemento. Foi naqueles tempos cando a colonia grega de Etiopía comezou a retornar a casa ou a esparexirse, novamente, polo mundo.

A vella fábrica




Unha canle desviaba a auga á factoría para mover os trebellos mecánicos, do mesmo xeito cás nosas ferrerías do Courel. De feito, o emprazamento da construción évos moi semellante, medio agochada entre mesto arborado. O edificio feito en boa cachotería e con tellado metálico amosaba o porte dunha estrutura moderna, rechamante neste contexto da Oromía Occidental. Como arqueólogos do pasado contemporáneo, comezamos a fixarnos en certos detalles de maquinaria en uso e abandonada. Decatámonos de que houbera un grande investimento tecnolóxico a comezos da década de 1950: unhas turbinas da casa Gilbert Gilkes and Gordon de London (1951), un trebello hidráulico da casa grega Makris de Jartum, da mesma época, unha prensa de aceite estadounidense de Tennessee, un tractor dos anos 60 comesto do fungo e do verdín. Un vaiado pechaba o solar no que un fillo de Dimitris construíu unha segunda residencia, unha choupana típica das vilas de estrada da zona. Un vello falounos do fillo, Ñoño, e indicounos as ruínas da casa que construíra Dimitris onde se criara toda a familia. Ao carón do meandro dun regato, entre bambú e arborado, alí remanecían os alicerces dunha casa grega, mediterránea, con porche e galería, en plena Etiopía.

Grecia en Etiopía



Chamábase Dimitris Valentis. Un grego descendente dunha familia sefardita de Valencia que marchou cara ao Mediterráneo Oriental trala expulsión ordeada polos Reis Católicos. Moitos dos xudeus da Coroa de Aragón remataron en Salónica, e de aquí aos crematorios nazis, moito tempo despois. Os Valentis quedaron a rentes do Mar Xónico, na illa de Kefalonia. Catrocentos anos despois, en 1893, naceu Dimitris. Con dazaseis anos marchou a Abisinia, asentándose no bordo do altiplano etípe, no occidente do país, na rexión de Dembidollo, onde outros compatriotas levaban anos comerciando co café (nome que provén da rexión veciña de Kaffa) que polo río Baro abaixo era enviado a Sudán e Europa. En Dembidollo aínda se conservan as casas destes comerciantes que mantiveron a súa lingua e os seus costumes no Corno de África. Dimitris acadou montar un notable negocio de exportación de café e importación de sal e de la. Casou cunha muller oroma, chamada Agamti, e chegou a considerarse un etíope máis. Incluso preferiu que os fillos non se criasen unicamente con outros gregos e xa de pequenos enviounos a estudar a Addis Ababa.
Cando estivemos en Dembidollo escoitamos falar dunha vella fábrica de xabrón que pertenceu a un grego. Alá fomos co inspector local. Nunha paisaxe verde e ondulada que recorda a certas zonas montesías galegas, cruzamos un regato e deixamos o jeep á beira do camiño que leva ao vello edificio.

6/5/10

Fascinante


Vén de publicarse na serie Keltia de Toxosoutos O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galiza, de Milagros Torrado Cespón. O libro recolle unha análise e interpretación sobre a ritualidade vencellada ao mal de ollo na sociedade tradicional empregando numerosos datos etnográficos recollidos pola autora no seu fecundo traballo de campo na nosa querida parroquia de San Vicenzo de Cespón. No apartado de agradecementos aparecen moitos homes e mulleres cesponcenses que son memoria viva dun mundo que desaparece. Esta nova bibliográfica sitúa á parroquia de Cespón como un dos espazos vivos máis estudados de Galicia dende o punto de vista científico. Aí é nada. Só lle queda a Milagros Torrado analisar o mal de ollo que dun tempo a esta parte lle caeu aos castros do Neixón. Cousas de meigas.

5/5/10

Guía de Arqueobotánica


A Xunta de Galicia vén de publicar o primeiro número dunha nova serie de Arqueoloxía (Guías Metodolóxicas) baixo o título Guía de Arqueobotánica. Entre os autores atópase María Martín Seijo, experta en antracoloxía da USC, que ten analisado restos arqueobotánicos do Castro Grande de Neixón no marco do noso proxecto dos castros de Neixón. Resulta gratificante ver como intervencións arqueolóxicas nas que participamos como Castrolandín, Montealegre ou Neixón serviron para calibrar e contrastar estas metodoloxías de traballo e tamén para xerar coñecemento novo sobre a xestión do medio ambiente pola xente dos castros.

Martín Seijo, Mª. 2006. A xestión dos recursos leñosos no castro de Montealegre. En R, Aboal e V. Castro (coords.): O Castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra): 303-22. Noia: Toxosoutos.

Martín Seijo, Mª. 2008. Estudo de carbóns e madeiras : paleoambiente, xestión forestal e explotación de combustibles. En X. M. Ayán Vila (coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), II: de espazo natural a paisaxe cultural: 251-6. Noia: Toxosoutos.

4/5/10

Show must go on


Cando os responsables do Concello de Boiro abren a boca para tentar lavar a imaxe e arranxar na prensa os desaguisados que fan, acadan unha brillantez propia dun personaxe de Cunqueiro. Aquí vos vai a noticia de Diario de Arousa:

Retoman las obras de ampliación del centro de Neixón tras un parón cautelar por el hallazgo de un foso

Las obras de ampliación del Centro de Interpretación Arqueolóxica do Barbanza (Neixón) se han retomado tras estar paralizadas durante aproximadamente 15 días a consecuencia del hallazgo de un foso en las inmediaciones y la necesidad de estudiarlo para evitar agresiones al patrimonio en caso de tener contenido arqueológico. El teniente de alcalde, Juan Jesús Ares, explicó que ante este descubrimiento se dio inicio a un proceso que permitiese proteger la zona de los trabajos que se están llevando a cabo desde febrero. Así, se paralizaron de manera cautelar y los técnicos de la Dirección Xeral de Patrimonio viajaron hasta Boiro para verlo, además se realizó un seguimiento para evaluarlo, por parte del arqueólogo del centro Víctor Barbeito.
Relató el concejal que de este se extrajo una serie de conclusiones como que se trataba de un foso de aproximadamente 150 metros y se hicieron una especie de catas para saber que contenía. Así se llegó a que podría formar parte de la delimitación del castro o ser un lugar donde estaban los animales.
Añadió Ares que este documento fue a la comisión de Patrimonio de la Xunta y que, tras escuchar a los arqueólogos, tanto del centro como del gobierno autonómico, se levantó la paralización cautelar y se permitió continuar con las obras de ampliación del centro.
Cabe recordar que los trabajos comenzaron el pasado mes de febrero con las excavaciones previas a la ampliación del edificio que irá situada en la parte baja del terreno. Se trata de un ambicioso proyecto para el que el Concello ha logrado el apoyo inicial del Ministerio de Cultura que aportó 80.000 euros para estos primeros trabajos, y ahora aún quedan otros 75.000 para dar continuidad a las obras, no obstante, el proyecto total tiene un presupuesto de casi un millón de euros con lo cual, desde el Gobierno local trabajan para seguir consiguiendo apoyo económico de otras administraciones. Lograrlo sería dar más espacio al centro y a sus actividades, con nuevas estancias a modo de auditorio, de sala de exposiciones,
etc. Lo cual permitiría mostrar todos los hallazgos que se encuentran cada año en las
excavaciones de los castros que siguen adelante aunque ya no en formato de campo de trabajo.

http://centroarqueoloxicodobarbanza.org/docs/comarcas012.pdf

Simplemente xenial.

Un Pobo sen Historia



Na nosa fotografía, majangir tocando instrumentos tradicionais nun funeral en Ashane. Na fotografía de Jack Stauder xente moza bebendo e tocando nunha festa da cervexa tradicional (Shonggwidike).
En cal das dúas fotografís credes que os majangir carecen de calquera trazo de individualismo e de normas positivas, non teñen un proxecto como tal sociedade e, polo tanto, ningunha utopía, ningún concepto de progreso ou mellora das súas condicións de vida, ningunha consciencia de si mesmos?
O Deus cristián acabou cos botellóns tradicionais, coa xestión do corpo, coa forma majangir de estar no mundo. Seguen os instrumentos musicais, pintados agora coa faciana de Xesús de Nazaret. Músicos calados, vestidos con farrapos á europea, moi civilizados. Eu non sei vós, pero na foto dos anos 60 vexo dignidade. Na nosa só vexo Pogreso, Modernidade e Civilización.

Proxecto vital


Reproducimos a continuación un paragrafo aterrador firmado por todo un catedrático de Historia Antiga dunha Universidade española (Pereira Menaut, 2009: 21-2):

En distintas ocasións pedínlles aos meus alumnos a súa opinión sobre o descubrimento ou encontro con pequenos grupos humanos alleos totalmente á civilización, que, ás veces, ten lugar nas terras da Amazonia. Con toda frecuencia opinaban que ese encontro era unha desgraza para os indíxenas que, a partir dese momento, empezaban un camiño cara á súa propia destrución, que perdían aquela sorte de felicidade inxenua, que perdía a súa marabillosa vinculación coa natureza, da que formaban parte orgánica, case coma unha árbore ou un animal superior. Non importaba que a súa esperanza de vida fose duns trinta anos, que a mortalidade infantil fose moi elevada, que non coñecesen a escritura, que carecesen de calquera trazo de individualismo e de normas positivas, que non tivesen un proxecto como tal sociedade e, polo tanto, ningunha utopía, ningún concepto de progreso ou mellora das súas condicións de vida, ningunha consciencia de si mesmos. Era mellor para eles seguir así. Este cambio de mentalidade, entre nós, é de primeirísima magnitude, porque nos afasta das tradicións grecorromana e xudeu-cristiá, que conteñen sempre un proxecto de sociedade, xa sexa unha sociedade sen conflitos internos (Platón), unha civilización perfecta sen posible decadencia (Roma) ou a cristianización do mundo e o progreso material (occidente cristián), ou, aínda máis alá, a consecución dun mundo de igualdade sen explotadores nin explotados (Marx). En lugar de todo iso, vivir día a día sen máis inquietude que manterse en pé, algo máis próximo ao budismo.
Esta opinión de certos estudantes referíase, en realidade, á nosa propia sociedade. Son tantos os males que a nosa sociedade leva consigo que é preferible que o indíxena amazónico siga vivindo no máis absoluto primitivismo, nese pozo dende o que non pode ver, nin imaxinar, nin se asomar á Historia.


Primitivismo, progreso, civilización, proxecto vital, pobos sen Historia... Se se pensa dende estas coordenadas unha comunidade primitiva do presente, como se conceptualizará unha comunidade premoderna do pasado?

Cita: G. Pereira Menaut. 2009. O moderno debate sobre a romanización. En Dopico Caínzos, D.; Rodríguez Álvarez, P. e Villanueva Acuña, M. (eds.): Do Castro á Cidade. A romanización na Gallaecia e na Hispania indoeuropea. Actas do Curso de actualización sobre a romanización de Galiza (Lugo, 21 de xullo ao 23 de xullo de 2008): 15-29. Lugo: Deputación de Lugo.

Fotografía de Jack Stauder: rapazas e nenos majangir arredor dunha cabana durante unha xunta ritual de consumo colectivo de cervexa (1964-6).

The Majangir




Jack Stauder fixo traballo de campo cos majangir entre 1964 e 1965 dando ao prelo unha pequena xoia monográfica: The Majangir. Ecology and society of a Southwest ethiopian people (Cambridge, University Press, 1971). Manexando unha óptica funcionalista, dominadora absoluta na época no mundo anglosaxón, achega unha realidade que podemos contrastar coa realidade de hoxendía. Pouco queda da cultura tradicional majangir en 2010: a forma de facer a casa, os peiteados de nenos e mulleres, algunhas pezas de cerámica... A finais de 1960 chegaron os misioneiros protestantes á zona.

A nosa cinsa


A cinsa aparece nos niveis de ocupación dos nosos castros, dentro das cabanas, fóra, en pavimentos e solos de ocupación. A cinsa non é refugallo, lixo; forma parte de todo un sistema cultural e dunha xestión consciente do espazo doméstico. En moitas aldeas dos grupos koman os cinseiros delimitan a unidade doméstica, cinguen os camiños de acceso. As mulleres botan a cinsa da lareira en puntos concretos do compound seguindo a cosmoloxía que segue presidindo as súas vidas. Hai partes da casa que son limpas e outras suxas dende o punto de vista simbólico; os gumuz soterran aos mortos detrás da cabana, porque esa parte dde atrás é o lugar onde se fermenta a cervexa, onde se manipula a natureza, onde cambia o estado das cousas. Unha cabana castrexa tiña que cheirar a fume e cinsa, un arrecendo que é imposible de esquencer.

Auga e lume


As treboadas e os remuíños que se forman na estación seca forman parte da paisaxe cultural destas terras de Etiopía occidental. O ano pasado recordo a unha señora hansa enfrontarse literalmente a un destes remuíños armada cunha caiada e cuspíndolle aos malos espíritos fuxidíos. No poboado de Ashane desátase a treboada e as mulleres maiangir, rápidas, comezan a botar cinsa enriba das lareiras nas áreas de actividade fóra das cabanas. Unha estampa indescriptible, fermosa, que nos facía maxinar antigas práticas e temores en poboados erguidos en materiais perecedoiros noutros tempos, noutras latitudes.

Interpretando


Xosé Gago faise eco da desfeita de Neixón nas páxinas de Galicia Hoxe:
http://www.galiciahoxe.com/portada/gh/interpretando/idEdicion-2010-05-02/idNoticia-542666/