30/5/10

Wilson Love


1918 deu paso á traumática disolución do Imperio Asutrohúngaro. Daquela xurdiu unha artificial Checoslovaquia. O nacionalismo eslovaco recorda aínda hoxe a doutrina Wilson e o apoio ás nacionalidades históricas por parte daquel presidente dos USA. A emigración eslovaca aos Estados Unidos, o lobby xudeu e o papel da colonia eslovaca estadounidense durante o rexime comunista son feitos que axudan a explicar o estreito vencello dos EEUU coa causa eslovaca. Dentro do discurso nacionalista eslovaco 1918 foi unha oportunidade perdida. Con todo, a grande derrotada en Trianon foi Hungría que perdeu grande parte do seu territorio, quedando inmersa no S de Eslovaquia unha minoría húngara notable. Trala toma turca de Budapest, os emperadores e emperadoras eran coroados polos húngaros en Bratislava, a capital no exilio. O proceso de maxiarización no século XIX levou ao nacemento do nacionalismo paneslavo e do movemento nacionalista eslovaco. Estas tiranteces manteñen o seu peso na actualidade, como veremos máis adiante. Centroeuropa non se pode entender sen ter en conta o que aconteceu entre 1914-1918.

No hay comentarios: