28/1/10

I Jornada del Misterio del Barbanza



http://jornadamisteriobarbanza.blogspot.com/

En febreiro terá lugar en Ribeira a Iª Jornada del Misterio del Barbanza, con dúas ponencias recollidas así no blog oficial do evento.

I.- "Historia y creación del Camino de Santiago y su paralelismo con el culto a la muerte en el Antiguo Egipto"; de la mano de Nacho Ares intentaremos abordar dónde, cuándo y de qué forma surge el movimiento que tantas personas atrae al corazón religioso de nuestra Comunidad Autónoma: Santiago de Compostela. La “Ruta Xacobea” tal y como hoy la conocemos, que fue instaurada a inicios de la Edad Media. Nacho Ares nos contará cómo se intentaron imitar modelos y costumbres funerarias que llegaron importadas hasta nuestro país.

II.- "El Arca de Noé, y la leyenda de cómo recaló la embarcación bíblica sobre la Sierra Del Barbanza". Jesús Callejo analizará los distintos intentos de expediciones por recuperar el Arca de Noé, cómo se han desarrollado estos trabajos y, asimismo, se adentrará en los orígenes de la famosa leyenda acerca de que el Arca de Noé terminó por encallar en “A Serra do Barbanza”. Leyenda que fue origen del topónimo: "Noia".

Axudará esta xornada a solventar os grandes misterios da Arqueoloxía barbanzónica? Terá máis concurrencia e éxito que os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza? É máis Arqueoloxía esta Arqueoloxía esotérica cá Arqueoloxía académica? Hai extraterrestres na Centro Arqueolóxico de Barbanza? Hai concelleiros de Cultura abducidos por entes estranos? Haberá visita guiada á aldea maldita por recoñecidos arqueólogos locais?

26/1/10

Arqueoloxía barrosa


O noso compañeiro João Fonte organizou en outubro de 2008 un fructífero congreso de Arqueoloxía Transfronteiriza en Montalegre (Tras-os-Montes). As actas deste encontro veñen de saír a lume nun monográfico da revista Aquae Flaviae que vos podedes descargar aquí en Arqueoneixon. A variedade de temas tratados probablemente vos interese aos afeccionados e estudosos da Arqueoloxía do NW. Os traballos do noso Laboratorio (LAPA, CSIC) e do LPPP (USC) aquí recollidos son os seguintes:

Amado Rolán, N.; Blanco Rotea, R.; García Rodríguez, S. y Rodríguez Paz, A. Las distintas transformaciones espaciales y funcionales del pazo prioral de la colegiata de Santa María de Xunqueira de Ambía (Ourense). Aquae Flaviae, 41: 489-98.

Ayán Vila, X. M. 2009. Entre Lusos, Bibalos e Tamagani: a Arqueoloxía transfronteiriza de Xesús Taboada Chivite. Aquae Flaviae, 41: 161-82.

Blanco Rotea, R. 2009. Fortificaciones de frontera y paisajes fortificados Verín, Monterrei y Chaves. Aquae Flaviae, 41: 449-66.

Blanco Rotea, R.; Mañana Borrazás, P.; Mato Fresán, C. e Rodríguez Costas, A. 2009. La Basílica de la Ascensión y Os Fornos (Allariz, Ourense). Aquae Flaviae, 41: 467-77.

García Rodríguez, S.; Rodríguez Paz, A. e Cancela Cereijo, C. El monasterio de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense). 2009. La problemática de la datación e interpretación de un edificio excavado en roca. Aquae Flaviae, 41: 479-88.

González García, F. J. 2009. Repensando el pasado: Cambio social e iconografía guerrera en la edad del hierro del noroeste de la Península Ibérica. Aquae Flaviae, 41: 123-52.

González Ruibal, A. 2009. Cultura de frontera. O distrito de Vila Real e a zona meridional da provincia de Ourense na Idade do Ferro. Aquae Flaviae, 41: 153-60.

Prieto Martínez, Mª. P. Lantes Suárez, Ó. e Martínez Cortizas, A. Dos enterramientos de la Edad del Bronce de la provincia de Ourense. Aquae Flaviae, 41: 93-105.

Prieto Martínez, Mª. P.; Martínez Cortizas, A.; Lantes Suárez, O. e Gil Agra, D. Estudio de la cerámica del yacimiento de fosas de Fraga do Zorro. Aquae Flaviae, 41: 107-21.

25/1/10

Congresso Transfronteiriço (Montalegre, 2009)

Actas_Montalegre

Píamóbil


O lameiro anexo a ese edificio tamén conta con elementos interesantes de cultura material. Velaquí tedes a pía móbil, que ben podería ser un papamóbil cun crego batizando en tempo real polos rueiros de Ferrerías de Valcarce. As vacas móvense. Polo tanto, o galaico-berciano, un tipo áxil e práctico, seminómade, abandona as vellas e sedentarias pías de pedra, os antergos sartegos altomedievais, e habilita un trebello antisequía moderno, eficaz, dinámico Por favor que declaren este conxunto etnográfico Ben de Interese Cultural.

Limpa, brilla e dá esplendor


En pleno camiño de Santiago topamos con esta escenografía que ben podería estar exposta no Centro Galego de Arte Contemporánea, pero claro, como é arquitectura vernácula, pois nada. Que estará a sinalar esa lavadora ecolóxica, cuspindo clorofila pola porta? No seu último traballo, co bamboleo, sería quen de achegarse até a porta? Estará o traizoado Pelegrín dentro do bombo da lavadora, esmiuzado tras un lavado de prendas delicadas? Será un peche improvisado, ao non ter perto un somier metálico? Moitas dúbidas nos asaltan amigos e amigas, pero o que está claro é que tanto a Tradición (combarrizo en ruínas) como a Modernidade (a lavadora) comparten o mesmo destino centrifugado de ruína arqueolóxica.
Fotografía: Ferrerías de Valcarce, O Bierzo.

El concepto es el concepto


La Voz de Galicia, 24/01/10: Universidad y Concello negocian la continuidad del campo de trabajo de Neixón. Unicamente tres apuntes ao respecto:
1. A ver se non enganamos á xente (difícil, cando xa se colleu carrerilla a este respecto) e recoñecemos que o campo de traballo de 2003-2008 non ten nada que ver con esta nova realidade de escavación de verán para alumnos de Historia subcontratada a unha empresa privada. Considerar esta posible campaña como a VIIIª edición do campo de traballo de Neixón é unha mentira, unha falacia e unha manipulación da realidade, como todo o mundo sabe.
2. Se o concelleiro de Cultura de Boiro recoñece que hai unha partida orzamentaria reservada para as novas escavacións, tamén podería reservar algúns cartiños para pagar as débedas de 2007 e 2008 de todo o traballo que fica sen cobrar.
3. Segundo a mesma fonte, as escavacións de 2009 foron satisfactorias.... tanto que os seus resultados nin se presentan nos IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza. Que lle pregunten á comisión da Romaría de Neixón, o satisfeita que está con esa intervención tan produtiva.
Fotografía: detalle dos traballos de escavación dos participantes no campo de traballo internacional de Neixón, agosto de 2008.

22/1/10

La Otra Arqueología Comercial del NW


No apartado de produción científica podedes descargarvos xa o powerpoint da nosa comunicación no symposium Gentes del Mar (Luanco, Asturias, decembro de 2009) no que sistematizamos os ciclos de comercio entre Atlántico e Mediterráneo no NW peninsular. O estudo abrangue revisións de materiais de xacementos clásicos (A Lanzada, Alobre) e integra os resultados de escavacións recentes como as desenvoltas polo noso equipo de traballo en Montealegre (Moaña, Pontevedra) e no Castro Grande de Neixón (2003-2008). Información novedosa en tempo real para todos aqueles que queiran saber máis do mundo castrexo e de Neixón. O triste é que se enteren antes en Asturias ca no Barbanza, pero xa sabemos que o Centro Arqueolóxico de Barbanza queda a anos luz dos Castros de Neixón, e moi perto de Pompeia ou de Murcia.

Ao grao



Polo tanto, todos os cambios socieconómicos que vimos reseñando teñen o seu reflexo na vida doméstica. O contraste entre as dúas fotografías é evidente. Na segunda vemos unha escea cotiá nun graneiro de Bowla. Na primeira, veciños amhara e gumuz enchen de grao un celeiro tradicional pauperizado, descoidado, que carece de motivos ornamentais tradicionais vencellados coa concepción gumuz da fertilidade. Xa non é un eido de traballo feminino: os varóns apropiánse dunha arquitectura e un espazo vencellado coa muller. Pola súa vez, todos os individuos visten roupa de estilo occidental. En Lugo non é doado ver xa algunha muller cos peitos ao ar, quitando señoras adultas.
En definitiva, a materialidade da comunidade gumuz de Lugo non só reflicte unha percepción local da Modernidade e uns procesos sociais, políticos e económicos; tamén desempeña un rol activo na construción dunha nova realidade, dunhas novas necesidades e concepcións ás que resposta unha nova arquitectura doméstica e funeraria.

... e Modernidade


Esta modernización/domesticación do corpo e do espazo doméstico tamén se vencella co éxito das misións evanxélicas. Cada noite a comunidade reúnese na igrexa e os cánticos se apropian do poboado durante horas. Andar espidos, o consumo de cervexa ou aréki (augardente potente), as escarificacións… non son vistas xa con bos ollos para grande parte da sociedade gumuz de Lugo. O abandono do animismo ten o seu correlato tamén no eido funerario. Nos últimos anos comezan a erixirse tumbas de pranta rectangular, recebadas incluso con cemento, coroadas por unha cruz e cun pequeno texto epigráfico en amárico. Novamente a escritura aparece como referente de prestixio, asociado tamén á escolarización, á alfabetización e maila prática evanxelizadora protestante.

Tradición


Lugo é un poboado en constante transformación, no que as práticas tradicionais se combinan coa irrupción de fenómenos novos. Como en Bowla, aínda podemos ver as tumbas tradicionais detrás das cabanas. Sen embargo, a cabana circular tradicional está sendo sustituída por construcións rectangulares cubertas de corcoro (uralita metálica), con compartimentacións internas, diversos accesos controlados con pechaduras, e espazos de almacenamento de produtos agrarios. Esta arquitectura doméstica lembra máis aos conxuntos de habitación das comunidades labregas oromo, referente de prestixio para outros grupos étnicos nesta zona de Etiopía. Noutros casos, a forma arquitectónica manténse pero a cabana circular acolle un uso do espazo doméstico mediatizado pola división do tradicional espazo multifuncional.

E para comer, Lugo


Para evitar o risco de fosilizar a comunidade de Bowla coma unha manifestación prístina da forma gumuz de estar no mundo, decidimos ampliar a zona de traballo e contrastar esta realidade coa doutras comunidades gumuz emprazadas a bastantes kilómetros de distancia, nun contexto de convivencia e contacto cultural con outros grupos. O reasentamento de Lugo en Kamashi serve para expor unha materialidade bastante diferente. Este grande poboado conta cunha clínica e un notable centro escolar ao que se desprazan durante o curso nenos procedentes da zona de Metekel. O cultivo e comercialización de sésamo supón unha rendible actividade económica para numerosas familias gumuz que teñen incrementado os seus ingresos e, polo tanto, o seu status socioeconómico. Ao seren propietaros da terra contratan como temporeiros a individuos e familias amhara, algo impensable noutros contextos e áreas xeográficas.
Lugo intégrase no mercado nacional (camións trasladan o sésamo a Addis Ababa e de allí expórtase a outras países); a actividade económica explica a presenza de tendas e pequenos negocios adoptando o asentamento unha fisonomía non moi alonxada das vilas de estrada. O incremento do status socioeconómico de moitas familias gumuz ten sido o factor fundamental para comprendermos a fisonomía do espazo doméstico.

Fotografía: murais feitos por escolares no colexio de Lugo. Febreiro de 2009.

Os devanceiros gumuz


No poboado gumuz de Bowla Dibas'i, ao N do Nilo Azul, a acción social desenvólvese nun modo de vida tradicional, polo que puidemos rexistrar aspectos básicos desta formación sociocultural: o papel da muller na construcción e decoración dos celeiros, a desnudez como prática identitaria, o uso do espazo doméstico nos conxuntos de habitación tradicionais, os mecanismos comunitarios de resolución de conflictos, as festas veciñais nouturnas... Malia declararse oficiosamente musulmáns, en Bowla manteñen totalmente as crenzas animistas, sen que as misións evanxélicas conten con moita predicación entre a comunidade local. De feito, os mortos sotérranse detrás das casas, ao xeito de sempre, en foxas marcadas por un círculo de pedras. Cando as cabanas se moven de sitio, as tumbas quedan no medio e medio de espazos públicos. Toda esta materialidade gumuz de Bowla é un exemplo perfecto de estratexia de resistencia ao cambio e ás influencias exteriores.
Fotografía: detalle do poboado de Bowla Dibas'i. Unha tumba en primeiro plano. Marzo de 2006.

21/1/10

Tumbas con vida



Comunidades cun característico modo de produción doméstico. A posesión de terras e gando como elemento de diferenciación social. Comunidades agrarias premodernas insertas en procesos de aculturación e globalización. A cobertura ideolóxica do cristianismo. O alén. No aquén a Modernidade conta moito, as chancletas, a roupa á moda europea, entre faranji e militar. O traxe chaqueta. Os oromos pratican unha agricultura complexa con arado, moi diferente da agricultura de estivada e queima doutras comunidades veciñas máis igualitarias de campesiños primitivos. A escritura como sanción simbólica dunha posición social nunha sociedade tradicionalmente ágrafa. No canto do mural, as cores da bandeira nacional.

Camposanto


O rexistro funerario centra o debate arqueolóxico pola súa maior ou menor monumentalidade. Unha manchea de culturas arqueolóxicas foron definidas en función da tipoloxía das tumbas, dos enxovais, das práticas rituais funerarias. Cultura dos campos de Furnas, dos Túmulos, dos Kurganes... Mámoas, túmulos con corredor, foxas, celeiros, cistas, incineración, inhumación, desmembración, exposición de cadavres... Igual que existen moitas maneiras de morrer, existen outras moitas de ser soterrado, sobre todo nas comunidades do pasado sen lexislación ao respecto nin temores a inspectores de sanidade e seguridade cidadá. Á diferenza da visión estática que adoita fornecer a Arqueoloxía (os obxectos e as tumbas non se moven) os grupos sociais son dinámicos. Velaquí tedes un detalle do camposanto oromo, con tumbas tradicionais de foxa con enchido de cachotes volcánicos, con túmulos, con tumbas critiás ortodoxas, con representacións de cultura material cotiá como bicicletas, con murais reflectindo o gando como ben de prestixio e status social.

Sepelios e Arqueoloxía



Los hallazgos arqueológicos más sensacionales, los objetos más espectaculares expuestos en museos, proceden de enterramientos paganos. El lector tiene que haber leído o visto los tesoros procedentes de la tumba de barco sajona de Sutton Hoo, de la tumba de Tutankhamon, de las tumbas de pozo de Micenas y del cementerio real de Ur. Es probable que no sepa que la inmensa mayoría de los vasos griegos y las figuras de porcelana chinas, por no mencionar las espadas de bronce prehistóricas y las copas más humildes y las urnas cinerarias, constituyen asimismo hallazgos de tumbas. Sin ellos, los arqueólogos raras veces sabrían qué eran en realidad los fragmentos que excavan en los lugares domésticos.

Vere Gordon Childe: Introducción a la arqueología: p. 81. Barcelona: Crítica. 2003.

Fotografía: camposanto dun poboado oromo nalgures, Etiopía occidental. Febreiro de 2006.

19/1/10

Funebria centenaria


Galicia calidade. Unha tétrica e honesta folla de servizos. Unha casa ao servizo dos lugueses, ou dos que deixaron xa de ser lugueses en vida. Profesionalidade garantida á hora de tratar coa morte. Seguindo a lóxica do prestixio e do capital por que unha funeraria non vai ser coma outro negocio artesanal? Hai enterros que quedan marcados a lume na memoria colectiva. E de non ser así, a publicidade xa se encargará de recordalo. Memoria histórica.
Fotografía: Casco vello de Lugo

18/1/10

Filloas de sangue


E que facemos co Apóstolo Santiago? Tivo sorte de non chegar a Vic porque o mandaban de volta a Palestina cagando virutas. Menos mal que na ría de Arousa estaban xa acostumados daquela a coller todo o que flotase, fardos ou tumbas de pedra, érache igual. Os galaicos fixeron unha excepción con Xacobe e lle fixeron os papeis, aínda que non fose galaico de nación. O sangue de Exeria e Prisciliano inda daría para unhas cantas filloas, que serían consumidas neses banquetes orxiásticos que segundo a Igrexa oficial adoitaban facer os e as priscilianistas. Con todo, este é un bo lema para as campañas de doazón de sangue na Galiza, sen dúbida.

Romanízame


Pero a cousa ten máis miga. Nun xesto rápido, o spray soluciona décadas de debate historiográfico sobre a natureza da romanización. O autor da pintada quizabes sexa Bianchi-Bandinelli ou Balil reencarnados en graffiteiros de barrio compostelán, con puchas do revés en vez de birretes, con sprays industriais en vez de xiz. Romanización de Galicia ou romanización en Galicia? Aculturación? Resistencia? Hibridación? Sincrese? Crioulización? Colonialismo? Gallaecia galaica. Iso si que é bilingüismo harmónico. Impagable esa apelación ao alalá. Coma pensaban os románticos do XIX, o aturuxo e o alalá eran práticas cotiás nos castros galegos. O fío musical castrexo.

Sós/S.O.S


Algunha vez decátaste de que, posiblemente, estudar a Idade do Ferro e a romanización non teñan relación algunha coa realidade do presente, que non lle interesa a ninguén... Pero outras veces un érguese e topa diante da casa con reivindicacións protohistóricas de grande trasfondo teórico. Galiza só galaica. Quizabes sexa unha deturpación da campaña publicística galeguista filoenxebre de Gadis? El será un alegato en contra do decretazo do galego? Galaicorromano el que no bote! Romanos fóra da Galiza. Que significa ese trisquel? Será unha troqueladora de identidades?

15/1/10

IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza


Hoxe presentan no Centro Arqueolóxico de Barbanza os IV Encontros Arqueolóxicos de Barbanza (http://www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/gl/eventos_detalle.asp?insc=si&id=68). Por unha banda, a sutil manobra política consiste en facer coincidir o evento co suposto inicio de obras de ampliación do CAB, e facer verlle ao Director Xeral de Patrimonio que fan falla cartos para abordar tan necesario, útil e acuciante proxecto. Por outra banda, a sutil manobra científica consiste en elaborar un programa grazas ao cal a xente de Barbanza pode achegarse á casa de Ariadna de Pompeia ou á cultura do Argar, pero non vai poder saber o que se fixo no xacemento anexo ao CAB nos anos 2007 e 2008. O comité organizador non considera de interese divulgar, por exemplo, a primeira escavación feita no Castro Pequeno de Neixón en 30 anos ou exhibir o coñecido documental sobre os castros de Neixón. Loxicamente non existe razón científica para iso nin relación de ningún tipo entre a Aula de Neixón e os castros de Neixón. O que si conta é un boicot infantil e inútil (http://certo.es/index.php?page=neixon_a_nosa_torre_iii). Grazas a esta actitude coñecen mellor polo mundo adiante o que fornece Neixón á Arqueoloxía (galega, española e europea) que no propio Barbanza. Pero para iso está Arqueoneixon. Durante este próximo mes divulgaremos en exclusiva neste blog os resultados provisionais nas escavacións no Castro Pequeno de Neixón (2008), interesantes para a comprensión do mundo dos primeiros castros galegos. Outro día falaremos da metahistoria destes Encontros de Barbanza. Malia todo, aconsellamos aos amantes da Arqueoloxía que acodan a este evento. Nós non podemos, porque daquela andaremos por Etiopía.
Fotografía: os verdadeiros encontros arqueolóxicos en Neixón. Previo á misa campestre na Romaría de Neixón. Agosto de 2009.

13/1/10

La Habana 1959


Levamos tempo traballando en Arqueoloxía da guerrilla antifranquista na Pobra de Brollón e outras zonas da Terra de Lemos. Paseniñamente fomos dando con documentos, testemuños e mesmo historias de vida da nosa propia familia e achegados. En Cereixa e arredores, a emigración a Cuba foi un clásico a finais do XIX e primeiro terzo do século XX. Algúns simpatizantes e enlaces da guerrilla de postguerra aproveitaron estes azos familiares para fuxir da represión a mediados dos 50. Dous irmáns marcharon para Cuba. Un deles comezou a traballar de chófer do bispo de La Habana, até que se uniu co seu irmao á guerrilla de Sierra Maestra. Un deles morreu en combate. O outro, entrou na Habana conducindo o veículo que levaba a Fidel Castro, Camilo Cienfuegos e o Che Guevara. Unha imaxe vale máis ca mil palabras. Para que despois digan que a Microhistoria non vale para nada.

11/1/10

Turismo arqueolóxico no Barbanza


Segundo una noticia de La Voz de Galicia (edición Barbanza)
http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2010/01/06/0003_8209233.htm no ano 2009 descendeu o número de visitas ao Centro Arqueolóxico de Barbanza dacordo co rexistro levado a cabo polo persoal desa entidade. Á marxe do que poidan argumentar os responsables (políticos e técnicos) do CAB, este dato explícase mellor na longa duración. Sen dúbida, a desaparición do campo de traballo internacional e dun programa de escavacións cunha duración de dous meses no verán (2003-2008) ten moito que ver, como así o amosaremos nun capítulo da terceira monografía sobre os Castros de Neixón, en preparación. Así e todo, non imos tratar aquí este tema; deixemos que a propaganda faga o seu traballo nos próximos meses. Preferimos agora utilizar este dato como excusa para reflexionar brevemente sobre unha realidade doadamente cosntatable: a ausencia dunha oferta arqueolóxica ordeada, real e integrada a escala comarcal do Barbanza. Esta eiva, ao noso modo de ver, explícase, en parte, polas seguintes causas:
1. O localismo concellil que compite cos veciños no tocante a infraestructuras culturais. Se a Xunta potencia o CAB en Boiro, van os de Ribeira e crean o Arqueódromo de San Roque e un peculiar centro de interpretación; entrementres os de Porto do Son fan a guerra pola súa conta co Centro de Interpretación do castro de Baroña, que nin está na contorna do xacemento; os de Lousame reivindican a Arqueoloxía industrial polo aquel das minas de Sanfins... e así sucesivamente.
2. O lamentable panorama político deste país explica a ausencia dunha perspectiva integradora comarcal. Os do PP por unha banda, os bipartitos ou tripartitos, por outro.
3. Esta competencia desleal explicítase incluso publicamente, cando os concelleiros de turno revindican para si o papel de referente da oferta arqueolóxica do Barbanza.
4. Para empeorar a situación, a nivel turístico sotérranse cartos públicos en promocións surrealistas, con investimentos incribles en sinalécticas-trampa enganaturistas (Manuel Gago dixit), con persoal contratado sen unha formación mínima, e con ocorrencias de película de Berlanga dos políticos locais (rutas vikingas con castros de por medio, festivais new age célticoespialidosos...).
5. Lonxe de constatar esta realidade, as inercias continúan, botando a andar iniciativas sen sentido como facer un pequeno auditorio na suposta ampliación do CAB, ou plantexar un novo centro en Baroña sen ter en conta as necesidades e demandas reais a escala comarcal.
Mentres esta situación persiste, o Patrimonio arqueolóxico de Barbanza segue sofrendo afeccións e continúa a ser utilizado como ferramenta política. Como exemplo soberbio vexan a visión oficial do Concello de Boiro sobre os problemas tidos até o momento para a innecesaria ampliación do CAB (en www.centroarqueoloxicodobarbanza.org/es/noticias.asp). Diminúen os visitantes pero queren ampliar o centro...

Implicadas


Onte puidemos desfrutar da Vª Edición Implícate 2010 no Teatro Principal de Compostela organizada pola ONG Implicadas/os no Desenvolvemento (www.implicadas.blogspot.com). Esta organización leva a cabo o proxecto Auga para Etiopía (www.augaparaetiopia.org) e traballa moito a prol da integración laboral e a formación da muller en sitios como Addis Ababa, Mersa ou Moloxi. A escritora e xornalista María Reimóndez e o seu equipo levan anos turrando desta forma de estar no mundo dende Galicia. Parabéns.

Fotografía de Xurxo Ayán: mural propagandístico a prol da integración laboral da muller. Rexión amhara, Etiopía. Marzo de 2009.

5/1/10

Teitos modernos


Este costume está moi estendido por diversas zonas de Etiopía. Aquí vedes unha rúa dunha barriada de Addis Ababa, a cidade na que todo se mistura, dende detalles da arquitectura tradicional até o máis moderno, postmoderno e supermoderno. Nas rexións occidentais diversos grupos étnicos adoitaban e adoitan pousar no topo do teito un pote cerámico. Cando a revolución de 1974 e a instauración do rexime militar comunista do Därg, deu comezo unha campaña de alfabetización e modernización do mundo rural seguindo o modelo cubano. Unha destas campañas a prol da hixiene conlevou que o Estado agasallase a cada unidade doméstica con trebellos para o coidado corporal, como palanganas. Loxicamente, estas palanganas remataraon no cumio do teito, sustituíndo aos tradicionais cacharros cerámicos. Malentendidos da Modernidade.

3/1/10

Kum dwel


Os nuer adoitan rematar o teito das cabanas cunha peza cerámica (kum dwel). Este chapeu de arxila, arredor de 60 cm de alto, soe estar decorado con diferentes motivos, sempre vencellados co gando (motivos en forma de cornos, bóvidos). Como sinala o noso compañeiro Alfredo González Ruibal, director do proxecto en Etiopía no que participamos, este tipo de remate non aparece nas fotografías publicadas por Evans-Pritchard na súa mítica monografía, o que fai pensar que non existía daquela (década de 1930) ou que se trata dunha variante rexional dos nuer de Gambela. En todo caso, o coidado extremo do espazo doméstico e un forte investimento arquitectónico caracterizan o modo de estar no mundo dos nuer, que ritualizan a súa vida cotiá con altares e elementos apotropaicos, como os bercianos e bercianas de antano.

Fotografía: unidade doméstica do poboado nuer de Pakang (Gambela, Etiopía occidental). Marzo de 2009.

Xerra e paz


O bierzólogo Víctor García Rodríguez leva anos retratando unha arquitectura tradicional que se esvae. Nas súas xeiras veterinarias por aldeas e vilas do Bierzo, Trives, e Valdeorras conserva a memoria de edificios que hoxe son ruínas, de vellas práticas esmorecidas e agochadas baixo capas de cemento, uralita e ladrillo. Nesta fermosa fotografía coa que nos felicita o Nadal fosilízase unha tradición esvaída: pousar no cumio dos tellados unha xerra cerámica revirada para atraer a boa sorte e rexeitar os malos espíritos. Un elemento apotropaico do que apenas queda xa constancia, malia a súa pervivencia ao longo de centos de anos. Chega cunha simple ollada ao De Correctione Rusticorum de Martiño de Dumio (éculo VI d. C.) para coñecer a querencia dos galaicos pola protección simbólica dos fogares.

Os Belenenses


No Bierzo conservan a tradición dos grandes nacementos. Todo un espectáculo no que se recollen as múltiples facianas da vida campesiña tradicional e das pequenas vilas rurais. Nun percorrido enchido de centos de detalles, un pode ver unha escola nacional, como funcionaba unha forxa, unha mina ou un lagar, o campo da festa do pobo, os labores téxteis, a feira do gando... todo un mundo que marchou e xa non volta. En realidade, este tipo de beléns, aparte de referente identitario da vila de turno, é todo un exercicio etnoarqueolóxico que fornece ás novas xeracións reconstrucións 3D da vida cotiá dos seus avós e avoas do Bierzo. Estes nacementos tamñen se fan eco da percepción social da Arqueoloxía, con recreacións de minas de ouro romanas e cabanas castrexas/celtas, asimiladas ás pallozas con teito.

Fotografía: Detalle do nacemento de Folgoso de la Ribera.

Ovicápridos


Fíxonos gracia este anuncio nunha carnicería de Cacabelos (O Bierzo), por directo, honesto, expeditivo... Sería unha boa idea poñer este aviso na entrada dos Parlamentos e Senados do mundo, por poñer un exemplo calquera, para evitarmos sorpresas ao cruzar a soleira dos edificios. Tamén se me ocorren uns cantos concellos e centros arqueolóxicos. Dende hoxe, preside o meu posto de traballo.

Arqueoloxía porcina


As escenografías urbanas de Nadal normalmente adoitan aburrir. Malia todo, semella que comezan a xurdir algunhas tendencias que rachan a nivel estético e conceptual. Velaquí temos unha reivindicación artística do marrao en plena rúa do Cardeal en Monforte de Lemos (Lugo), nunha época na que os porcos non chegan ao Aninovo. Marraos de rosa concebidos como viandantes estáticos, como soportes de diferentes mensaxes e promocións turísticas. Este en concreto, realizado nun obradoiro artístico de Lalín, presenta no lombo unha sorte de menhir con petróglifos e un castriño ao lonxe, formando parte dunha paisaxe bucólica. Arqueoloxía urbana.