25/5/10

Donau




O Danubio foi o limes do Imperio pero seguiu sendo unha vía de comunicación natural ao longo da historia. Na fase final da 2ª Guerra Mundial, o agónico rexime nazi obrigou á poboación civil a ergueren defensas contra o incontible avance do Exército Roxo que conquerira Bratislava o 4 de abril de 1945. Segundo contan as crónicas militares o demente Hitler seguía concentrando os esforzos bélicos en reconquerir o Danubio, cando a intención soviética era conquerir Berlín o máis rápido posible. O mellor do seu Exército concentrouse aquí, algo que non valeu de nada porque o Exército Roxo entrou en Viena o 13 de abril de 1945. Aquí, nos xardíns do Museo de Carnuntum, ao carón do Danubio, consérvase un tramo da calzada romana e algunhas destas defensas de formigón armado que persistirían despois na guerra fría.

No hay comentarios: