6/5/10

Fascinante


Vén de publicarse na serie Keltia de Toxosoutos O fenómeno cultural da fascinoloxía. As Illas Británicas e Galiza, de Milagros Torrado Cespón. O libro recolle unha análise e interpretación sobre a ritualidade vencellada ao mal de ollo na sociedade tradicional empregando numerosos datos etnográficos recollidos pola autora no seu fecundo traballo de campo na nosa querida parroquia de San Vicenzo de Cespón. No apartado de agradecementos aparecen moitos homes e mulleres cesponcenses que son memoria viva dun mundo que desaparece. Esta nova bibliográfica sitúa á parroquia de Cespón como un dos espazos vivos máis estudados de Galicia dende o punto de vista científico. Aí é nada. Só lle queda a Milagros Torrado analisar o mal de ollo que dun tempo a esta parte lle caeu aos castros do Neixón. Cousas de meigas.

1 comentario:

NaoBerlin dijo...

Moi interesante a vinculación de Sol/Apolo co mal de ollo. Penso que de seguro habería no mundo celta un deus similar moi importante.