Guía de Arqueobotánica
A Xunta de Galicia vén de publicar o primeiro número dunha nova serie de Arqueoloxía (Guías Metodolóxicas) baixo o título Guía de Arqueobotánica. Entre os autores atópase María Martín Seijo, experta en antracoloxía da USC, que ten analisado restos arqueobotánicos do Castro Grande de Neixón no marco do noso proxecto dos castros de Neixón. Resulta gratificante ver como intervencións arqueolóxicas nas que participamos como Castrolandín, Montealegre ou Neixón serviron para calibrar e contrastar estas metodoloxías de traballo e tamén para xerar coñecemento novo sobre a xestión do medio ambiente pola xente dos castros.
Martín Seijo, Mª. 2006. A xestión dos recursos leñosos no castro de Montealegre. En R, Aboal e V. Castro (coords.): O Castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra): 303-22. Noia: Toxosoutos.
Martín Seijo, Mª. 2008. Estudo de carbóns e madeiras : paleoambiente, xestión forestal e explotación de combustibles. En X. M. Ayán Vila (coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), II: de espazo natural a paisaxe cultural: 251-6. Noia: Toxosoutos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario