Carnuntum
Velaquí tedes o Museo de Carnuntum, unha cidade romana xurdida á beira dun campamento militar a rentes do limes do Danubio, entre Bratislava e Viena (Petronell, Deutsch-Altenburg). Este edificio erguido ao xeito romano foi mandado construír a comezos do século XX polo emperador Francisco Xosé I. Unha estatua do kaiser preside os xardíns anexos. Cómpre non esquencer que os emperadores austrohúngaros tamén o eran do Sacro Imperio Romano Xermánico. Así se explica en parte a querencia polo mundo latino do poder imperial e, en consecuencia, da Academia. A Arqueoloxía clásica serviu de arma lexitimadora desta realidade, como demostrou Luciano Canfora no seu xa clásico libro Ideología de los estudios clásicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario