Deutsche Partei
A política exterior nazi privilexiaba as minorías alemás, tanto nos países ocupados coma nos estados satélites como a República Eslovaca. O Consello Nacional Eslovaco liderou un levantamento contra a Alemaña hitleriana en agosto de 1944, nun intre no que Rumanía abandonaba a Hitler e o guetto de Varsovia se sublevaba. Durante a revolta, a xenreira acumulada levou a cometer atrocidades contra a minoría alemá colaboracionista. A paz en 1945 conlevou o troco do mapa étnico de Centroeuropa e Europa oriental, nunha monumental revancha na que foron expulsados e deportados continxentes de poboación xermanos. Os que quedaron en Checoslovaquia foron marxinados na postguerra pola Administración, que limitaba os seus dereitos cidadáns, como fixera antes o rexime nazi con respecto ao mundo eslavo. A eslavización de nomes, apelidos e costumes a partir de 1945 foi unha saída para grande parte destas familias de cultura alemá, retomando, paradoxicamente, a mesma estratexia de aculturación adoptada por familias xudeas de Centroeuropa para tentar evitar o acosamento nazi.
Fotografía: Vello reclamo publicitario dunha casa alemá nun edificio do casco histórico de Bratislava.
2 comentarios:
Cuidado no dejes de currar en vacaciones. Píde un 'pivo' a mi salud.
Zbohom.
Ironías da vida, o cartel é dunha Putzerei, unha tintorería: literalmente significa "limpiaduría" (de putzen, limpar). No sitio onde se fixeron máis limpezas étnicas da historia. Debían meter os abrigos eslavos e saían arios.
Publicar un comentario