04/12/09

Arqueopaixón


A Arqueoloxía de Barbanza das dúas últimas décadas débelle moito ao arqueólogo Tito Concheiro, quen ten deixado a súa pegada nos castros de Neixón, O Achadizo e Baroña. Ademais do seu labor de investigación queremos salientar a súa concepción apaixoada da Arqueoloxía e o seu compromiso coa divulgación e difusión do coñecemento arqueolóxico. Escoitar unha charla deste home é todo un espectáculo onde se mistura imaxinación, ciencia e literatura. Recentemente, nas Xornadas Castrexas de Cambre deleitou ao público cunha serie de recreacións en formato cómic dalgúns castros que coñece ben. Gracias a el compartimos con vós esta viñeta do Castro Pequeno de Neixón. Tito Concheiro farase cargo das novas intervencións no castro de Baroña. Dende aquí lle desexamos toda a sorte e éxito do mundo.

Neixón na fin do mundo


Nestes días estamos a analisar a visión dos castros no mundo do cómic e do deseño gráfico nas últimas tres décadas. Un bo eido de estudo para ver as relacións entre coñecemento arqueolóxico e sociedade en cada contexto histórico, para apreixar a imaxe da casa da Idade do Ferro como referente icónico-visual. Loxicamente foi co nacemento da autonomía cando politicamente se fixo necesario desenvolver cómics que amosasen a historia de Galicia e as orixes da nosa identidade ao público infantil e xuvenil. Unha destas creacións foi Os homes do fin do mundo de 1985 na que aparece unha recreación do Castro Pequeno de Neixón, co seu aríbalos e todo.

03/12/09

Arqueomalacoloxía


O blog www.arqueomalacologia.blogspot.com dos nosos compañeiros da Universidade de León vén de facer un ano de vida cun notable éxito de crítica e público. É mérito de Eduardo González e Víctor Bejega que un eido tan especializado da Arqueoloxía como é a Malacoloxía chegue a todo o mundo grazas a un serio, rigoroso e simpático labor divulgativo. No vindeiro congreso de Gentes del Mar presentarán xunto con Carlos Fernández Rodríguez a comunicación Los Castros Galaico-romanos y la explotación del mar: el marisqueo en la costa cantábrica gallega. Novos resultados dunha investigación arqueomalacolóxica a escala rexional que está a fornecer novas visións sobre as relacións co medio das comunidades da Idade do Ferro do NW.
Fotografía: cribado de materiais do concheiro do Castro Grande de Neixón. Campaña arqueolóxica de 2005.

01/12/09

Xentes do mar


O noso equipo do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón foi convidado a participar no I Symposiuum Internacional Gentes del Mar. Historia y Arqueología en el litoral del Arco Atlántico (Luanco, Asturias, 16-18 de decembro de 2009) http://www.symposiumgentesdelmar.com/index_archivos/Page411.htm
Velaquí vai un resumo da nosa ponencia:
Alfredo González Ruibal (CSIC), Xurxo M. Ayán Vila (CSIC) e Rafael Mª. Rodríguez Martínez (Excma. Deputación de Pontevedra): La otra Arqueología Comercial del NW: ciclos de intercambio entre el Mediterráneo y el Atlántico en la Protohistoria y la Antigüedad.
Como en el caso asturiano, la Arqueología gallega centrada en la investigación sobre la Edad del Hierro ha ido aportando en la última década nuevos datos que permiten elaborar discursos novedosos y actualizados (a escala de la agenda arqueológica europea) sobre las dinámicas sociales vividas por las comunidades protohistóricas. La cultura castreña ya no se ve de la misma manera que en la década de 1990 hasta el punto de negarse la validez de ese obsoleto concepto histórico cultural. Cada vez parece más claro que existieron diferentes y coetáneas realidades, dentro de un panorama variopinto de sociedades campesinas más o menos estructuradas en función de los procesos generados a escala territorial (González Ruibal 2008). Dentro de este contexto, el área costera de las Rías Baixas, abierta a los contactos exteriores, se presenta como la zona más dinámica ya durante el proceso de emergencia del paisaje fortificado. Fenómenos como la aparición de la arquitectura doméstica en piedra o la importación de materiales mediterráneos en castros costeros y del prelitoral durante el Hierro I apuntan a una realidad en la que los intercambios comerciales a larga distancia van a jugar un importante papel en el camino de esas comunidades hacia la división social. Este proceso se desencadena fundamentalmente en el Hierro II (ss. IV-II a. C.) con el comercio con el Mediterráneo controlado por mercaderes gadiritas. En este sentido, los materiales íbero-púnicos documentados en castros no han sido valorados en su contexto, contando con apenas algún intento serio pero aislado de sistematización y síntesis (Naveiro 1991).
A partir de una revisión de los datos disponibles y del registro arqueológico exhumado en excavaciones recientes (González et al. 2007; Ayán 2008) abordamos una síntesis actualizada de los ciclos de comercio en los que se vieron involucradas las comunidades locales de la costa gallega desde estos primeros intercambios con el mundo púnico hasta la Antigüedad Tardía. Este análisis arqueológico da pie a una serie de reflexiones sobre la naturaleza de esos intercambios y su relación con los diferentes procesos sociales vividos en el NW en la Edad del Hierro y el período galaicorromano.

Ayán Vila, X. M. 2008. Os Castros de Neixón, II: de espazo natural a paisaxe cultural. Serie Keltia, 40. Noia: Toxosoutos.
González Ruibal, A. 2008. A cultura castrexa: o estado da investigación en Galicia. En F. Infante y P. Varela (coords.): A cultura castrexa: accións e estratexias para o seu aproveitamento: actas do seminario final, Mondariz Balneario, 22 e 23 de xuño de 2006): 13-29. Santiago: Xunta de Galicia.
González Ruibal, A.; Rodríguez Martínez, A.; Aboal Fernández, R. y Castro Hierro, V. 2007. Comercio mediterráneo en el castro de Montealegre (Pontevedra, Galicia). Siglo II a. C.-inicios del siglo I d.C. Archivo Español de Arqueología, 80: 43-74. Madrid: CSIC.
Naveiro López, J. 1991. El Comercio Antiguo en el NW peninsular. A Coruña: Museu Arqueóloxico.

30/11/09

¿Quién maneja mi barca?


Temos adicado certo tempo ao estudo da relixiosidade na parroquia de San Vicenzo de Cespón onde a Virxe do Carme, como en todo o litoral galego, goza de devoción popular como patrona dos mariñeiros. Outra cousa é atopar a figura desta Virxe na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no interior do país. Pero claro, estamos no mar interior de Galicia (eses catamaráns) un sitio onde o transporte en barca foi importante non só para cruzar ás dúas beiras, senón tamén para a pesca, a vendima e outras actividades. Deste tema sabe moito o arqueólogo e etnógrafo Lois Ladra. Aconsellamos botarlle unha ollada á súa obra A pesca tradicional nos ríos de Galicia: caneiros, pescos e pesqueiras (Sotelo Blanco edicións, 2008).

Os lubrigantes



Algún día con máis tempo exporemos en Arqueoneixon o catálogo das vinte mellores sinálecticas de temática arqueolóxica no NW da Península Ibérica. Os turistas teñen que tolear; mentres nun castro lle din que os celtas en Galicia non existiron, noutro afirman taxativamente que esta xente era celta sen remisión e así sucesivamente. Así e todo, o récord polo momento, lévao o parador de Santo Estevo de Ribas de Sil. Xa sabedes, Paradores de España, rapazas vestidas de gallegas no comedor, toda a información na lingua do Reino, esa decadencia dun modelo turístico dos anos 1960... No contorno, un espazo bucólico amósase ao visitante, coa casa do Forno en ruínas e estruturas anexas. Alí topamos cunha suposta estrutura circular de pedra chantada sobre medio metro de terra orgánica, e con algún sillar reutilizado orixinariamente pertencente ao mosteiro. Ao carón, un cartel recolle a seguinte información:

Hoy en día se conservan vestigios de Castros Celtas en las cercanías, en estas dos colinas próximas, este en el que nos encontramos y otro en la Colina más alta situada al Oeste, denominado Penedos do Castro, supuesto antiguo Castillo del Rey Visigodo Leovigildo, cuya inscripción Leovigil dux se puee leer todavía sobre una roca.
Los Celtas, Pueblos procedentes del Norte de Europa, poblaron Galicia en el año 700 a. C. y fueron conquistados por los romanos en el año 60 a. C. Existen muchos vestigios de sus fortificaciones (castros), lo que muestra que era un pueblo muy desarrollado. La raza Celta que vivía en Galicia se denominaba Brigante.


Resulta doado pensar como se chegou a este discurso. Un fenómeno preme o botón dun ordenador e copia o primeiro que apareza en google, xa sexa un paragrafo de Saralegui e Medina, de Murguia ou da secta de seguidores de Hercolubus, el planeta rojo. O gracioso do tema é que é unha constatación clara da hipótese que plantexamos para os castros de Neixón, ubicados ao carón dos Lubrigos. Polo tanto, os Lubrigantes eran os antigos habitantes de Neixón, os verdadeiros habitantes dos castros marítimos.

25/11/09

O'Neixón no Bierzo


O Festival de Cine de Ponferrada incluiu o documental O'Neixón: historia viva dun castro na sesión Sen fronteiras que pretende achegar a diferentes localidades do Bierzo documentais centrados na protección, potenciación e divulgación do Patrimonio Cultural. Un motivo de orgullo para o noso equipo, xa que o documental foi concebido coma unha ferramenta divulgativa, coma a materialización audiovisual dunha experiencia que pode inspirar actuacións semellantes noutros ámbitos xeográficos. Doutra volta, serve para leva a realidade de Boiro e Cespón polo mundo adiante, neste caso, polos lindeiros da galeguidade, por esa terra con identidade de seu que é o Bierzo, e por riba con música de Aira de Pedra. Quen dá máis?
O documental exhibirase nas seguintes datas e lugares:

FABERO. Centro Polifuncional. Venres, 27 Nov. 18.00 horas
CACABELOS. M.AR.CA (Museo Arqueolóxico). Venres, 4 Dec. 17.00 horas
VEGA DE ESPINAREDA. Casa de la Cultura. Mércores. 9 Dec. 17.00 horas
BEMBIBRE. Casa de las Culturas. Mércores, 16 Dec. 20.00 horas
TORENO. Casa de la Cultura. Xoves, 17 Dic. 18.30 horas