29/2/12

Alobre: unha oportunidade perdida


O castro de San Cristovo, de Vistalegre ou de Alobre é o sitio arqueolóxico máis emblemático da ría de Arousa. Este poboado fortificado é un referente para reconstruír a evolución histórica da bisbarra dende a orixe do castros até os trocos acontecidos durante a romanización. Aquí se atoparon as primeiras evidencias do intercambio castrexo co Mediterráneo (fíbula de navicella dos séculos VIII-VII a. C.), proceso no cal este castro vai xogar un papel importante. De Alobre partían os barcos cargados de ánforas de viño e aceite, para deseguido remontar o río Ulla cara ao interior de Galicia. Pola súa vez, este castro forma parte da propia historia da Arqueoloxía galega, sendo obxecto de estudo no pasado século por eruditos locais como Fernández Gil y Casal ou polo intelectual galeguista Fermín Bouza Brey, compañeiro de fatigas arqueolóxicas de Cuevillas nos anos 1920 por estes recantos da ría de Arousa. Asemade, tamén é un ben patrimonial que cómpre xestionar no presente, sobre todo nunha cidade, Vilagarcía de Arousa, que medrou dende a chegada do tren destruíndo grande parte do seu Patrimonio Cultural. A este respecto, estamos diante dunha problemática tamén vivida por outras urbes galegas e que se tentou xestionar na pasada década. Así pois, en Vigo, a través do Plan E encetouse un proceso de musealización da área escavada no castro emprazado en pleno centro, mentres que en A Coruña contamos co exemplo do proxecto Artabria que puxo en valor o castro de Elviña. Estes tres xacementos, Elviña, Vigo e Alobre comparten as mesmas características: grandes poboados que medran vencellados ao comercio nos séculos II-I d. C. e que na segunda metade do século XX se convertiron en espazos degradados, marxinais e abandonados por todos. Non obstante, constátase unha notable diferenza no caso de Alobre. Así pois, na última década, mesmo antes da crise, desenvolveuse aquí un proxecto de recuperación do xacemento arqueolóxico con grandes investimentos. Malia o impacto mediático das sucesivas campañas de intervención, os resultados das mesmas non revertiron na comunidade científica (non hai publicacións nin en papel nin dixitais) nin na sociedade en xeral. Ese ambicioso proxecto (que custou uns cartos que agora non se teñen) tampouco mellorou a situación dun espazo no que únicamente se ven uns muros descontextualizados con paneis explicativos desactualizados. O castro de Alobre merece unha segunda oportunidade, no marco dun novo proxecto de xestión patrimonial levado a cabo por profesionais serios e políticos honestos e que conte coa participación activa da comunidade local.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2012/02/29/unha-oportunidade-perdida/0003_201202A29C3993.htm

28/2/12

Científico galego



Desfile do Antroido na Pobra do Brollón. Este home podía ter ido de multimillonario directivo de ex-caixa galega, ou de banqueiro-ladrón (valla a redundancia), pero non, preferiu ir de víctima da crise e dos políticos encargados de que o capital siga prevalecendo. Un perfecto disfraz de investigador postdoutoral galego a día de hoxe.

24/2/12

Albricias


O proxecto de Arqueoloxía Pública desenvolto polo noso equipo de traballo en Neixón entre 2003 e 2008 artellouse a partir da implicación coa comunidade local, a transmisión da información en tempo real (da escavación á Rede, así xurdiu este blogue)e a transparencia, convertendo as escavacións un campo aberto a todos. Quizabes por iso é un proxecto que chamou a atención de universidades do mundo enteiro, quizabes por iso aínda nos chaman para falar desta experiencia en congresos por toda Europa, quizabes por iso o proxecto europeo Archaeology in Contemporary Europe rematará en Franfurt este ano cun seminario sobre Arqueoloxía Pública no que amosaremos a iniciativa de United Neixons. Esta historia rematou en 2008 cando o excelente profesional do CAB, Víctor Barbeito, decidiu que aquilo non era bo para os castros de Neixón e apostou por outro modelo de xestión. O seu éxito é evidente, chega con ir a Neixón a ver as ruínas hoxe mesmo. Dende aquela nin unha soa conferencia nin actividade para a comunidade local, nin un só artigo nin pequena nota escrita ou na Rede. Dende aquela un total secuestro da información e do xacemento por parte dos científicos. Mañá despois de case tres anos, na VIª edicion dos encontros arqueolóxicos do Barbanza, divulgaranse por vía oral e por primeira vez os resultados das camapañas de escavación 2009, 2010 e 2011, que sen dúbida aportarán cousas interesantes, senón non se entende esa demora na divulgación do traballo feito na Punta de Neixón. Tampouco se entende que non sexa o prestixioso Víctor Barbeito quen dea a charla, xa que é el quen di onde hai que escavar e onde non, quen goberna os castros de Neixón de xeito brillante.
Alí estaremos mañá, ávidos de información. Por certo, faremos unha crónica da xornada de mañá para o Xornal Certo.

22/2/12

Historietas


Cando estaba na escola entusiasmeime con tres coleccións de cómic: as aventuras de Eric Castel, un xogador de fútbol nun clube trasunto do Barça; a Historia de España en cómic da editorial Genil e A Historia de aquí de Forges. A banda deseñada mesmo influiu na futura vocación arqueolóxica de quen isto escribe. Moito tempo despois din cun artigo xa clásico de dous profesores de Prehistoria da Universidade Complutense, Gonzalo Ruiz Zapatero e Jesús Álvarez-Sanchís, sobre a Prehistoria no cómic:

http://es.scribd.com/doc/43679486/Ruiz-Zapatero-gonzalo-Heroes-de-piedra-en-papel-La-prehistoria-en-el-comic

Destas referencias veume a querencia polo reflexo do mundo dos castros no cómic, tema que abordei nun capítulo específico da miña tese de doutoramento. A xente do portal culturagalega.org do Consello da Cultura Galega tivo a ben facer unha reportaxe sobre esta investigación. Excelente traballo dun amante dos cómics, Germám Hermida. Grazas de novo a estes profesionais de culturagalega.org que me abriron as portas do arquivo de banda deseñada do CCG no seu día. Aquí tendes o link da reportaxe

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20466

21/2/12

Galician outsiders


Unha das eivas da Arqueoloxía galega da segunda metade do século XX foi a extrema cerrazón cara a todo o que viña de fóra. A conformación dun sistema cultural galaico-minhoto amparou o continuismo coa arqueoloxía galeguista e un claro inmovilismo á hora de achegarse ao mundo dos castros. Resulta curioso como os autoproclamados bos e xenerosos, os loitadores pola Patria, os implicados no proceso de nation building, pecharon calquer vía á proxeción da ciencia arqueolóxica galega no exterior. Como no chiste sobre os conto de carapuchiña vermella, a comezos do terceiro milenio d.n.e. carallo como che cambiou o conto!.
O noso compañeiro Xosé Lois Armada vén de publicar xunto con Tom Moore un libro en Oxford que vai ser un referente bibliográfico nos vindeiros anos. O volume, garimosante editado, recolle as contribucións de arqueólogos e arqueólogas de toda Europa verquidas no congreso Atlantic Europe in the First Millenium: Crossing the Divide celebrado en Durham (UK)no outono de 2007.
Neste libro inclúese o noso capítulo
Parcero Oubiña, C., González García, F. J., Fábrega Álvarez, P. e Ayán Vila, X. M. 2007. Iron Age Societies against the State no que porpoñemos unha interpretación da emerxencia da paisaxe fortificada partindo da antropoloxía anarquista de Pierre Clastres.
Unha maneira coma outra calquera de poñer Galicia e á ciencia galega, no mapa, pese a quen lle pese.

15/2/12

Combates pola Historia


Hoxe rematamos as clases sobre Arqueoloxía grega cos alumnos de 4º de licenciatura na Facultade de Ourense, reflexionando sobre os vencellos entre ideoloxía, política, identidade e arqueoloxía en Grecia, sobre o compromiso e a responsabilidade dos científicos sociais como actores do presente. A presente fotografía resume todo isto.
En 1941 dous mozos gregos rubiron á acrópole e sustituíron a bandeira do ocupante nazi pola insignia nacional helena. Todo un xesto heroico que deu ás á resistencia grega. Un deses rapaces era Manolis Glezos que co tempo se faría historiador. Apresado e torturado por italianos e alemáns e colaboracionistas gregos, encarcerado trala guerra civil grega e condanado a morte polos vencedores de extrema dereita, novamente condanado na ditadura dos xenerais, exilado en varias ocasións... un resistente antifeixista que lidera hoxe con 89 o movemento de protesta contra os recortes de Europa.
Na acrópole, unha placa conmemorativa recorda este patriota que para algúns seica deixou de selo:
ΤΗ ΝΥΧΤΑ ΤΗΣ 30ης ΜΑΙΟΥ 1941 ΚΑΤΕΒΑΣΑΝ ΟΙ ΠΑΤΡΙΩΤΕΣ ΜΑΝΩΛΗΣ ΓΛΕΖΟΣ ΚΑΙ ΑΠΟΣΤΟΛΟΣ ΣΑΝΤΑΣ ΤΗ ΣΗΜΑΙΑ ΤΩΝ ΝΑZΙ ΚΑΤΑΚΤΗΤΩΝ ΑΠΟ ΤΟ ΙΕΡΟ ΒΡΑΧΟ ΤΗΣ ΑΚΡΟΠΟΛΙΣ. ΕΝΤΟΙΧΙΣΤΗΚΕ ΑΠΟ ΤΗ "ΕΝΩΜΕΝΗ ΕΘΝΙΚΗ ΑΝΤΙΣΤΑΣΗ 1941 - 1944" ΤΟ 1982.
Na noite do 30 de maio de 1941 os patriotas Manolis Glezos e Apostolos Sanda arrincaron a bandeira da ocupación nazi da rocha sagrada da Acrópole. Colocada pola "Resistencia Nacional Unida 1941-1944" en 1982.

Fotografía: Manolis Glezos zarandeado pola policía do seu país en Atenas.

14/2/12

Primeiro Punto Científico da Asociación Galega de Comunicadores Científicos



PUNTO CIENTÍFICO DA AGCCCT
Lugar: Ourense, Xardíns Padre Feijoo s/n
Data: 18 de febreiro (de 12:00 a 14:00 horas).
Mini-charlas
Manuel Vicente (modera) e Vicente de Souza (animador do evento)

12:00-12:10: Mónica González (PhD Mol Biology. Xestora de Innovación)
Titulo: INTERÉSACHE: É CIENCIA
12:10-12:20: Esteban Moreira (Divulgador científico)
¿Qué e, para qué sirve e cómo funciona un antibiótico?
12:20-12:30: Xurxo Ayán (INCIPIT-CSIC. Santiago de Compostela)
Exhumando ao soldado Charlie: arqueoloxía da batalla do Ebro (1938)
12:30-12:40: Casto Rivadulla (Investigador Grupo NEUROCOM - UCoruña)
Para que dous ollos mirando ó mesmo?
12:40-12:50: Francisco José Rodríguez Hernández (Investigador IEO - Vigo)
As mareas vermellas. Bioloxía mariña.
12:50-13:00: Xurxo Mariño (Investigador Grupo NEUROCOM - UCoruña)
A máquina da mente.
13:00-13:10: Borja Tosar (Estreleiro)
Postais planetarias. Astronomía.
13:10-13:20: Dosi Veiga (datos presentación)
Título
13:20-13:30: Pío González (Investigador Grupo Nuevos Materiales - UVIGO)
Novos materiais.
13:30-13:40: Vicente de Souza (actor especializado en eventos de divulgación da ciencia)
A compexidade intrínseca ao cerebro. Unha aproximación.
13:40-13:50: Manuel Vicente (Director do programa EFERVESCIENCIA da Radio Galega)
Canta anti-química!

Obradoiros
Cromatografía para todos os públicos (David Ballesteros)
INTERÉSACHE: É CIENCIA (Mónica González)
Punto de recollida e xestión de enquisas.
Ollando ao Sol (X. Dosi Veiga)
Poderemos ollar tanto a fotosfera como a cromosfera solar. Para iso, valerémonos de dous aparellos: un Venuscope para a observación por proxección do Sol (que nos permitirá ver as manchas solares) e un telescopio H-alfa para a observación directa, que nos permite ver as labaradas solares da coroa, con toda seguridade.
Entroido e ciencia mariña (Francisco José Rodríguez e Luisa Martinez)
Francisco: Maqueta dun alga tóxica que temos no laboratorio. Levar un acuario pequeño (50 litros), e facer dúas capas de auga, coloreando a superficie con unha capa vermella para explicar a formación das proliferacións de algas na superficie do mar.”
Luisa: Aprenderemos como son as adaptación de diferentes organismos mariños ao seu entorno. Os participantes no obradoiro deberán decidir quen son os animais gañadores do entroido mariño Ourense 2012 e con eles decoraremos o entorno do Punto Científico 2012.

Shock postraumático


Cando eu era pequeno, meu pai recortaba o apartado de efemérides da Voz de Galicia: hace 130 años, hace 50 años, hace 25 años... Inda teño gardado ese pequeno arquivo, non só no corazón senón tamén nun vello baúl que arrecede a papel vello. Dende aquela, collínlle gusto a ler sistematicamente esas pequenas columnas, de feito é o primeiro no que me deteño cando lle boto un ollo ao xornal. Alí quedaron rexistradas as peripecias de personaxes que devalan entre o tremendismo e o realismo máxico. Como aquel ancián centenario de Viveiro, que cando morreu en 1881 quixo levar á tumba o caderno no que apuntara o nome a pelidos dos soldados franceses que matara na guerra da Independencia, ou o caso que segue:

La Voz de Galicia, 13 de febrero de 1987

Cuando supo que la contienda había terminado en el año 1939, un vecino del municipio de Ourol se refugió en las cuevas en la montaña. Desde entonces, Manuel Durán Souto apenas ha salido de sus refugios; únicamente, dos veces al año, hace un viaje a pie hasta La Coruña para ver el océano. Solo una enfermedad, que ha acusado hace unos seis mess, ha permitido a la familia trasladarlo cerca de la casa, donde sigue viviendo en una choza. Combatiente del bando franquista y legionario, parece ser que la frustración de la guerra le ha eclipsado la razón.

Fotografía: Un sofá ollando para o Atlántico, na costa entre A Guarda e Baiona.

10/2/12

La marca España


A vicepresidenta do Goberno de España acaba de afirmar en rolda de prensa que os deportistas de élite do Estado representan o mellor diso coñecido como a marca España. Mentres xente deste estilo segue preocupada por uns bonecos de trapo, por uns monicreques á fin e ao cabo, é certo que a marca España espállase polo mundo enteiro marcando un fito na historia do Reino. A marca España é tamén que o xuíz Garzón sexa equiparado a un "xuíz dun Estado totalitario". A marca España é esa foto do plantel de xuíces do Supremo coa satisfacción do traballo ben feito. A marca España é que un fulano como Jiménez Losantos escriba hoxe en El Mundo que a sentenza contra Garzón é o vivo exemplo da incompatibilidade da esquerda española co Estado de Dereito. A marca España é que o avogado de Manos Limpias declare que os asasinados polo franquismo son o mesmo cós mortos no 2 de Maio, historia pasada. A marca España é o sorriso indecente de Camps vacilando aos estudantes. A marca España é que un corrupto como este fenómeno lea a súa tese de doutoramento na Universidade Miguel Hernández. Amb dos collons.

9/2/12

O Pazo da Golpelleira



O camposanto de VilAgarcía de Arousa brindounos hoxe toda unha lección sobre a Historia social e cultural deste país. Estamos a falar da fidalguía galega como clase social, daqueles señores da terra que tan ben retratou Otero Pedrayo, que seguían mantendo a cosmovisión do Antigo Rexime en pleno Estado liberal. Os fidalgos renunciaron ao idioma local, seguiron mantendo toda a mitoloxía do solar pacego como referente identitario e pasaron a engrosar as filas da Administración e do Exército. Neste contexto, a guerra colonial de Marrocos igualou polo baixo a campesiños e fidalgos. Os primeiros como carne de canón, sen cartos para pagaren a exención do servizo militar (cousa que si facían os burgueses), e os segundos como mandos do glorioso Exército español, todos masacrados polos rifeños. O capital, sen embargo, non tivo que tomar cotas con baioneta. Velaquí tedes unha tumba que resume toda esta historia:

Miguel Remírez Esparza y García-Ponte,
capitán de caballería
murió heroicamente
el 18 de octubre de 1924
en el Fondak (Áfrika)
al frente de su sección
a los 29 años de edad
y su hijo
José Luis Ramírez de Esparza
y López-Ballesteros,
falleció en el Pazo de la Golpelleira
el 5 de abril de 1931
a los 10 años de edad
D.E.P.

Curiosamente a cita expresa ao pazo da Golpelleira esténdese a todos os membros da familia, algún deles soterrado en época recente (ano 2000). O pazo como imago mundi, como topos, como referente material do status, a clase, o pretixio social e a identidade familiar. Nesa familia e nese pazo naceu o ilustre devanceiro Luis López Ballesteros (1782-1853), ministro de Facenda na Década Ominosa con Fernando VII e que rematou os seus días como presidente da Real Academia da Historia.

8/2/12

A Gentalha do Pichel


A Galicia plural e libre que desexamos necesita locais como a Gentalha do Pichel que pon dos nervios a alcaldes desaprensivos máis próximos á ultradereita cá outra cousa. Non compartimos nin as teses lusistas nin algúns dos plantexamentos ideolóxicos dos responsables deste foro cultural, e que? Compostela conta cunha entidade aberta a todos, con conciencia social e compromiso, conceptos non moi queridos para o sistema caciquil galego. Nesta Gentalha do Pichel terá lugar mañá xoves 9 de febreiro unha xornada arqueolóxica, ás 20:30, moderada polo benquerido Xesús Amado, hoxe técnico cultural no concello santiagués pero que durante máis de quince anos estivo coordenando numerosos proxectos de avalación e corrección de impacto arqueolóxico por toda Galicia. Participarán como ponentes o arqueólogo Antóm Malde, curtido en mil batallas nas dúas últimas décadas, director do proxecto arqueolóxico da Pena Furada, e Manuel Gago, xornalista e divulgador que leva unha boa tempada difundindo na rede os seus traballos de campo por este curruncho da Europa. De seguro que será unha boa velada, como dicían os vellos:
Esta noite hai unha rúa,
esta noite hai espadela,
bótame caldo, mi madre,
que eu tamén hei de ir a ela.

7/2/12

Castiltejón 2011: resultados


Nos cuarteis de inverno o equipo dirixido por Víctor Bejega, Eduardo González e Alfredo González sistematizou toda a información rexistrada na escavación arqueolóxica que desenvoltamos no Cueto de Castiltejón en Puebla de Lillo, como lembraredes os e as seguidoras de arqueoneixon. Vía www.guerraenlauniversidad.blogspot.com podedes dscargarvos o amplo informe desta interesante intervención arqueolóxica. Divulgación en tempo real. Parabéns aos nosos colegas de Laciana e la Virgen del Camino.

http://unileon.academia.edu/VictorBejegaGarcia/Teaching/31626/Informe_Castiltejon_2011_Arqueologia_de_la_Guerra_Civil_en_el_Frente_de_los_Puertos



Fotografía: xornada de portas abertas na escavación do Cueto e Castiltejón en setembro de 2011.

3/2/12

¿Manos limpias?


En ningún país del mundo, ni en ninguna época de la historia, ha existido una diferenciación tan abierta y prolongada entre los ciudadanos como esta que nos separa rabiosamente a los españoles desde hace 25 años. Bajo las hipócritas apariencias de benignidad -impuestas a contrapelo por las exigencias del mundo exterior- en España no sigue habiendo otra cosa más que vencedores y vencidos. No importa que nosotros mismos, los demócratas y liberales que quedamos de la parte de acá, se la hubiésemos ayudado a ganar. No teníamos otra opción que hacerlo así o ir al paredón, cuando no a desengrarnos lentamente en una cuneta, en uno de aquellos trágicos amaneceres. Quizá las generaciones venideras nos tachen de cobardes, y en cierto modo tendrán razón. Sin embargo, había que haber vivido el terror que nosotros sufrimos, sentirse, como nosotros, inermes, desarticulados e impotentes, para comprender que sólo un heroísmo desesperado, con la previa y absoluta seguridad de ser arrollados, podría habernos valido en una lucha tan desigual.
No; no hemos sido heroicos, pero tampoco fuimos cobardes. Frente a lo uno y lo otro, hemos mantenido, venimos manteniendo día a día, nuestra inquebrantable rebeldía interna, nuestra esperanza y nuestra fe en una España democrática y culta. No nos hemos resignado jamás.


Xosé María Alvarez Blázquez: "Nosotros, los vencidos". (Vigo, 29 de maio de 1962).
En revista Murguía, 23-24(2011): 19-24. Edición comentada por Celso Álvarez Cáccamo.

Figura: "A derradeira lección do mestre", Galicia mártir (1937), Castelao.

Ellos, los vencedores


Tenemos la tremenda sensación de haber sido defraudados. De que se nos ha dado una vida, no para que la vivésemos, en nuestro beneficio y en el de los demás, como cada hombre libre del mundo, sino para que alguien nos la viviese, dictándonos a su antojo sus normas y consignas -una palabra absurda, que durante años viene machacando nuestro cerebro-, y haciéndonos ver a cada instante que bastante era si se nos permitía seguir viviendo, como la planta tierna que vemos pasar y por impulso caprichoso podemos desmochar de un puntapié. Todos tenemos a nuestro lado uno, diez, veinte dictadores de éstos; son los que aún nos recuerdan -al cabo de 25 años- que la guerra la han ganado ellos, como si se hubiese tratado de una cacería en la selva y nosotros, los vencidos, fuéramos ahora fieras enjauladas, para servicio y diversión de nuestros múltiples amos. Incluso oímos hablar, cuando el temor a perderlo todo les asalta, de "una segunda vuelta". Por lo visto, ese millón de muertos les ha parecido poco, y ellos cuentan de antemano con la seguridad de que tampoco en esa nueva ola de terror que propugnan les toque una bala. Es natural, después de todo, que piensen así, ya que las balas las tiene ellos; no en vano han ganado la guerra.

Figura: estampa de Castelao.

Nosotros, los vencidos


Nosotros éramos el germen de una España mejor. Nosotros, los vencidos. Los que en el año 31 teníamos 15 años y en el 36 los 20 precisos para tomar un fusil y lanzarnos, sin saber aún por qué, a la lucha fratricida. Pronto, sin embargo, lo supimos.
Habíamos quedado de la banda de acá, porque el azar de la contienda así lo dispuso. La Historia española, desde hace siglos, acaso milenios, se reduce a estar en una u otra banda, siempre acá o allá, y siempre a la fuerza. Nunca se le ha permitido al español que eligiese su destino, ni siquiera en las airadas circunstancias bélicas, que han sido la casi única circunstancia peninsular. Por eso, precisamente, por el continuo guerrear nuestro, el libre albedrío es planta absolutamente desconocida en el país. La juventud ha andado siempre a trompicones, sirviendo de carne de cañón, malogrando sus impulsos creadores y generosos. España, en realidad, nunca ha tenido juventud. Si nos hubiesen dejado la nuestra en paz, nosotros hubiésemos sido el germen de una España mejor.
Habíamos nacido a la vida del pensamiento en una época nueva. Habrá que decirlo pronto: habíamos nacido con la república del 31, la mejor promesa de regeneración nacional, la auténtica ocasión perdida, que también los pueblos tienen, como los hombres, y que ya raramente se repite. Nosotros sabemos que, pase lo que pase, aquella ocasión, con todo lo que tenía de ancho y noble, jamás se podrá recuperar. Se ha hablado de un millón de muertos; pero esto es sólo una cifra fría, por más que asombre. Bastaría un muerto, tal vez; bastaría el inmenso dolor de cada muerte, que pesará para siempre sobre los hombros de cada uno de nosotros. No es un millón; somos treinta millones, y aún esto es poco. Es el atasco desesperado de la vida nacional, el triste legado que heredarán nuestros hijos; es, por encima de todo, el salvaje desprecio con que ha sido tratada la dignidad humana.


Fotografía: Álvarez Blázquez (dereita) durante a descuberta das famosas estelas galaicorromanas de Vigo.

Álvarez Blázquez


No me ilusiona la idea de estar escribiendo un texto arqueológico, de esos que la casualidad desempolva al cabo de los lustros, para pasto de eruditos y papanatas. No, si escribo ahora -Septiembre de 1962- es porque necesito comunicarme ahora con mis semejantes. Y esto, ¿cómo podrá ser, si nada ha cambiado en el Estado policiaco español?
Rabia. Ver como octoxenarios e octoxenarias suplican xustiza para os seus mortos no Tribunal Supremo. Neste Estado de Dereito (co que se enchen a boca os patriotas) estamos asistindo a unha farsa sen parangón no mundo. Unha filla de asasinado polos falanxistas saiu da súa declaración esbagoando, preguntándose se tería que agardar 75 anos máis pola xustiza pero que por ela xa abondaba: que me borren de española, chegou a dicir.

O paragrafo de arriba foi escrito por Xosé María Álvarez Blázquez, mestre, galeguista, editor e arqueólogo. Seu pai, o médico Darío álvarez Limeses, de Izquierda Republicana, fora fusilado na Alameda de Tui o 30 de outubro de 1936. O seu fillo Celso Álvarez Cáccamo publica na revista Murguía, 23-24, un documento inédito, escrito do pulso e letra de seu pai, titulado Nosotros, los vencidos.

2/2/12

O vello cartafol


E ti que vas ser de maior?
Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.
Manuel Rivas, Os libros arden mal
En 1985 decidín ser arqueólogo de maior. Entusiasmado, reutilicei dúas esquencidas papeletas laranxas para votar aos candidatos a senadores nas eleccións xerais. Nunha delas, no reverso, debuxei o mapa da Hispania romana coas súas provincias, co limes da Gallaecia nun amarelo rechamante, mentres que a outra folla rematou pegada con celofán na porta do meu cuarto cunha mensaxe que condensaba toda unha ilusión infantil: Laboratorio de Arqueoloxía. Esta imaxinaria institución trouxo como resultado dúas caixas con cerámicas recollidas en superficie en diversos xacementos do NW e un cartafol con recurtes de prensa das intervencións arqueolóxicas que se desenvoltaban na Galicia de 1987-1989. Eu facía as fotocopias das novas arqueolóxicas dos xornais na Biblioteca Pública de Pontevedra. Non deixei de pensar nisto estes días ao ver as reportaxes de prensa sobre a tese que vimos de defender na USC.Como hai 23 anos, recurtei esas noticias e gardeinas no vello cartafol onde repousa un soño de neno feito realidade.

http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/01/galicia/1328109964.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/31/galicia/1328042715_581971.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/02/01/tesis-rompe-topicos-castrenos/0003_201202G1P38993.htm