12/1/12

Xente de orde



Estamos na capital dunha coñecida bisbarra española na que o comercio ten unha importancia supina dende época medieval. O establecemento máis vello está rexentado por un home duns oitenta anos, acorde co escenario. Aquí se detivo o tempo hai moito tempo, fosilizando toda unha cosmovisión. O señor, coas lentes clásicas (un cristal pervive na gafa dereita mentres polo outro escoa o aire), é todo amabilidade, facendo gala dese humor tan español de mediados do século XX. De fondo, o rosario rezado por fieis ao servizo de Radio María. Este home representa todo un perfil sociolóxico: o da clase media urbana comercial, pequenos propietarios con negocio, conservadores ultratradicionalistas que vían na República o demo da revolución. Orde e man dura para que progrese o negocio e medre o capital. Eu teño entrevistado a nonaxenarios con este perfil que pasaron a engrosar as filas das Gardas Cívicas tras xullo do 36. Toda unha cápsula do tempo.

1 comentario:

finisterrae land dijo...

dese viño teñocho bebido eu