16/7/12
10/7/12
Arqueólogo en Galicia
Coma outros seres humanos, levamos padecendo dende hai moitos anos a Arqueoloxía galega. Neste contexto de crise e pauperización profesional, o que máis medo nos daba era que a situación arrastrase a xente que temos por intelixentes e boas persoas. E os nosos temores, lamentablemente, vanse confirmando cada día que pasa. O que está a acontecer co arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, é de xente miserable e indecente, moi na liña destrutiva destes bos e xenerosos que velan polos intereses da Arqueoloxía galega, que guindan a pedra e agochan a mano, que destrúen en vez de construír, que non manipulados coma monicreques por outros que gardan a roupa moi ben. Que todo o mundo saiba que a min, alomenos, pero a moita máis xente. esta xentalla con nomes e apelidos non nos representa en absoluto, por moito que pensen que si. É lamentable o cinismo que se agocha detrás de toda esta merda, estrada por xentalla que non sabe o dano persoal e laboral que está xerando, de xeito totalmente gratuíto, seguindo a vella consigna de quítate tú que me pongo yo. Nestes días dáme vergoña ser un arqueólogo galego. Xa non o son. Son un arqueólogo en Galicia.
Fotografía: visita guiada ao castro de Besomaño, na primeira fase de intervención no xacemento. Todo un exemplo modélico de Arqueoloxía Pública e social, dirixido nesta segunda fase polo arqueólogo Rafael Rodríguez, o tipo máis conciliador da arqueoloxía galega, o fulano que prestou máis facilidades para a investigación neste país, o individuo que ten levado o nome deste país a congresos internacionais, a persoa que máis ten feito pola dignificación e aproxección social desta profesión Transparencia informativa, actividades formativas, inserción laboral, colaboración coa comunidade, resultados en tempo real... para que veñan uns mangantes. ignorantes e cínicos a dicir algo así como que o Patrimonio está en perigo neste tipo de proxectos, a calidade do rexistro arqueolóxico, etc., etc... Por favor, un pouquiño de vergonza e de seriedade.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/09/galicia/1341861401_912054.html
Publicado por El Ayán o 10.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
4/7/12
Habemus Codex
Grandioso. Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro tiñan que estar vivos para comentar a reaparición do Códice Calixtino. Temos un personaxe que podía camiñar perfeitamente polas páxinas de Terra Brava ou Xente de aquí e de acolá. Segundo El País:
Publicado por El Ayán o 4.7.12 1 comentarios
Categorías: Cultura material, Teoría arqueolóxica
2/7/12
Do obradoiro ó corpo
O Instituto de Ciencias do Patrimonio, da man do noso compañeiro Xosé Lois Armada, organiza esta reunión científica na que participamos coa comunicación: Fundir en tiempos revueltos: actividade metalúrxica da 1ª Idade do Ferro no Castro Pequeno de Neixón (Boiro, A Coruña).
O programa en http://digital.csic.es/handle/10261/51493
Publicado por El Ayán o 2.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Cultura material, Teoría arqueolóxica
29/6/12
Un proxecto arqueolóxico é unha celebración, esta é a filosofía da ilusionante experiencia que dá inicio mañá en terras de Carnota, unha iniciativa patrimonial integradora, democrática, aberta e plural na que participan persoas con nomes e apelidos. Unha versión 3.0 do modelo de Neixón, Castrolandín e A Lanzada, desta volta baixo a dirección de Antóm Malde (Arqueoloxía) e Manuel Gago (Comunicación). Por alí andaremos, como non, de voluntarios. Desculpen as molestias que lles poidamos causar por adicar o noso tempo de lecer ao que máis nos gusta.
http://torredosmouros.net/
Publicado por El Ayán o 29.6.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Campo de traballo, Teoría arqueolóxica
27/6/12
Herdeiros pola forza en Lalín
Publicado por El Ayán o 27.6.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
25/6/12
A tese, á venda
Un aviso a todos aqueles que amosastes interés en adquirir a nosa tese de doutoramento, defendida en xaneiro pasado na USC, Casa, familia e comunidade na Idade do Ferro do NW. Como xa sabedes, neste traballo deféndese unha Arqueoloxía Pública que chegue á sociedade rompendo os vellos prexuízos academicistas e cientificistas. Neste sentido, a propia publicación electrónica da obra (versión en castelán), da man de Xurimaru comunicación, resposta a este enfoque, superando o modelo de custosa publicación en papel, de prezo prohibitivo e dirixida a un público erudito e especializado. O libro estará dividido en tres partes que se poderán adquirir na tenda electrónica de Xurimaru na editorial online www.redelibros.com ao prezo de 3,99 euros cada volume. Se se mercan os tres libros, o prezo será de 9,99 euros.
Publicado por El Ayán o 25.6.12 5 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Arquitecturas, Campo de traballo, Cultura material, Escavación arqueolóxica, Teoría arqueolóxica
16/6/12
Gobernanza e empoderamento
Publicado por El Ayán o 16.6.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
14/6/12
That belongs in a Museum!
Por se fose pouco, a segunda parte foi doutra volta espectacular. O encargado do Filmmuseum de Frankfurt botou o chapeu á cabeza e deu unha maxistral charla sobre o ciclo de pelis de Indiana Jones empregando o sombreiro como fío argumental. Eramos máis de cen persoas que estabamos como na casa, con cadansúa copa de viño ou cadansúa cervexa, a unha hora intempestiva. A exposición arqueolóxica conectaba coa precedente, centrada na figura de Chaplin. Espectacular.
Loxicamente non estamos aquí para dar leccións de Museística a ninguén, pero está claro que os museos xermanos xogan noutra liga. Onte, a responsable do Neanderthal Museum, Freya Köhler, especialista en comunicación da Ciencia, contábamos que este museo é o máis visitado de Alemaña, con 160.000 visitantes cada ano, dos cales máis de 60.000 son familias. Ademais do tirón mediático neanderthal, un entende estas cifras cando vei o programa educativo, que contempla até a celebración de cumpreanos infantís camuflados de workshop as fins de semana. Pola súa vez, Ulrike Radke, do Badisches Landesmuseum Karlsruhe, deunos unha lección sobre divulgación e formación, actividade que segue alicerzada nesta secuencia moitas veces esquencida: discutir-experimentar-desenvolver ideas propias e espírito crítico-comprender e relacionar co presente. Se a xente non entra no Museo, por moito que este abra as súas portas, o Museo debe saír fóra. E nestoutro museo alemán a oferta está adicada tanto aos visitantes como aos que quedan fóra, como nos enterros e cabodanos galegos.
En Galicia, o museo arqueolóxico (aula didáctica ou centro de interpretación) ou está pechado ou bota para atrás. Por mor dun falso cientificismo, da defensa a ultranza do rigor e o método, contamos con discursos baleiros con maniquíes sen faciana e discursos aburridos sobre obxectos secuestrados en vitrinas. O único que vale é contabilizar as visitas de escolares para garantir a vindeira subvención.
Publicado por El Ayán o 14.6.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
12/6/12
Un home, un chapeu

Acabamos de chegar a Frankfurt para participar no Encontro europeo Integrating Archaeology. Science, Wish and Reality organizado no marco do proxecto Archaeology in Contemporary Europe no que levamos traballando dende 2007. A cousa comeza ben; este serán, conferencia inaugural de Geneviève Angio-Morneau co título Indiana Jones and the Adventure of Archaeology, preludio desa marabillosa película que seguirei vendo miles de veces até que morra: Indiana Jones a derradeira cruzada.
Publicado por El Ayán o 12.6.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
29/5/12
O MARQ
Cando Vargas Llosa critica a trivialización da cultura e mesmo en Galicia bourean voces como a do catedrático Bermejo Barrera (Os señores da mentira, Lóstrego editorial, 2012), quen nega que a cultura e a xestión do Patrimonio (a Historia-lixo) incidan no PIB dun país, vai o Museo Arqueolóxico de Alacante e cumpre dez anos. Nesta década pasaron por alí 1.600.000 cidadáns. A entrada custa unicamente (en relación calidade-prezo) 3 euros. O impacto no desenvolvemento da cidade de Alacant é obvio, basta con visitar o Museo e falar con veciños e comerciantes da contorna, pero claro, para facer iso cómpre abandonar as catros paredes das Facultades. En todo caso, fálovos deste Museo, inaugurado en 2002 trala rehabilitación do antigo Hospital Provincial, para tentar transmitirvos esa marabilla que é a exposición El tesoro de los bárbaros, coorganizada polo MARQ e mailo Historische Museum der Pfalz, Speyer, Alemaña).
Publicado por El Ayán o 29.5.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
28/5/12
Alacant
Estaremos uns días no congreso que organiza a Universidade de Alacant De la estructura doméstica al espacio social. Lecturas arqueológicas del uso social del espacio, onde presentaremos a ponencia. Todo queda en casa: espacio doméstico, poder y división social en la Edad del Hierro del NW de la Península Ibérica.
Aquí tedes o programa. Informaremos puntualmente.
http://dprha.ua.es/en/documentos/news/triptico-lause.pdf
Publicado por El Ayán o 28.5.12 0 comentarios
Categorías: Etnoarqueoloxía, Metodoloxía, Teoría arqueolóxica
21/5/12
Herdeiros pola Forza en Ribeira
Este xoves ás 20:30 do serán un fillo do Barbanza e un adoptado presentamos Herdeiros pola Forza, no Ateneo Valle-Inclán. Alí vos agardamos.
Publicado por El Ayán o 21.5.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
18/5/12
Ryvoira Sacrata
Publicado por El Ayán o 18.5.12 4 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Arquitecturas, Paisaxe, Teoría arqueolóxica
8/5/12
O JIA en Compostela
Con este póster rematamos en xaneiro a presentación na defensa da nosa tese de doutoramento, como unha garantía para o futuro da investigación no noso país. Os investigadores e investigadoras predoutorais do Instituto de Ciencias do Patrimonio (CSIC-Compostela) son os encargados de levar adiante estas V Jornadas de Jóvenes en Investigación Arqueológica. Mozos e mozas de Galicia, Extremadura, Castela, tras-os-Montes, Madrid e Italia... De seguro que será un éxito e unha boa oportunidade para falar de Arqueoloxía en foros abertos e críticos, como ten que ser. Porque xa se sabe, xuventude e leña verde, todo é fume.
Publicado por El Ayán o 8.5.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
4/5/12
A Historia no Medio
Publicado por El Ayán o 4.5.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
Hoxe na Feira do Libro de Compostela
Publicado por El Ayán o 4.5.12 1 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Memoria histórica, Metodoloxía, Teoría arqueolóxica
29/3/12
Spanish Eyes

“I'll cross the world for green and gold
But it's those Spanish eyes
That get me home...home again”
(U2)
Cando estudaba Historia en Compostela matriculárame nunha asignatura de título suxerente: “Investigacións recentes en Historia Contemporánea”, impartida polo excelente profesor Xosé Manuel Núñez Seixas. A materia dividíase en dous grandes blocos temáticos, “Emigración e Nacionalismo “. Como traballo de curso decidín abordar o movemento nacionalista irlandés, dende o século XVIII até a a independencia. Na investigación topei con cousas curiosísimas, dende o xurdimento do movemento patriótico irlandés no Ulster da man da minoría irlandesa protestante, até a reacción dos académicos británicos diante da Grande Fame, xustificada coma un natural reaxuste demográfico. Este xenocidio inducido reforzou as teses emancipatorias de O’Connell e consolidou o parnellismo posterior no Parlamento da Súa Maxestade. Tamén din con referencias ao folklore irlandés, como a expresión popular ¡SpanishEyes”, título dunha afamada canción oitenteira de U2. Seica o naufraxio de buques da Armada Invencible nas costas de Irlanda fixo que parte da tripulación chantase raigames na Illa, casando con mulleres gaélicas. A mistura deu lugar a crianzas con ollos mouros, auténticos “latinlovers”.
Así e todo, o meu interés polo tema viña dado pola tremenda influencia que o modelo gaélico tivo no galeguismo político nas décadas de 1920 e 1930, sobre todo da súa vertente máis tradicionalista. Continuas referencias aos irmáns celtas inzan o pensamento político risquián, os artigos de Otero Pedrayo en “El Pueblo Gallego” e “Vida Gallega”, ou múltiples colaboraciónsna Revista Nós. Dende esta óptica, raza, terra e espírito celta xunguían ambas as dúas nacionalidades irmás. Esta irmandade trasatlántica contra o poder opresor alóctono (ingleses e casteláns) consolidárase ao longo do tempo, servindo mesmo Galicia como segundo fogar da nobreza gaélica exilada trala guerra dos nove anos a comezos do século XVII. Este discurso lexitimador veusea baixo coa guerra civil española. Miles de irlandeses católicos presentáronse como voluntarios para loitar a prol da Santa Cruzada contra o comunismo. Pola contra, foron bastantes menos os que se apuntaron nas Brigadas Internacionais.
O noso colega Pedro Maguire documentou no Arquivo Militar de Ávila unha curiosa petición cursada ao Xeneralísimo; unha banda de música irlandesa demandaba a súa inclusión como forza de choque no bando nacional. A petición foi rexeitada alegando que no Glorioso Exército non existían unidades de choque musicais, con gaitas e todo iso, que en todo caso podían acoplarse á Banda da Lexión. Anécdotas aparte, este apoio ao tradicionalismo católico español non lle fixera nada de gracia a Castelao e Suárez Picallo, quen dende Nova Galiza. Boletín quincenal dos escritores antifeixistas asinaran en 1937 un manifesto destinado aos patriotas irlandeses: “Queremos que chegue a vós a queixa doorida dos fillos de Breogán…”. Esta queixa dirixida aos imáns irlandeses baseábase nunha reivindicación do pasado na que se misturaba mito e historia. Mentres os galeguistas de preguerra empregaron o mito de Breogán, o clan O’Sullivan de Munster facía o mesmo a comezos do século XVII utilizando no seu beneficio una filoxenia inventada. Neste caso, estes exilados gaélicos gañaron prebendas e privilexios de Filipe III non só polac onxuntura política (Contrarreforma e loita contra a pérfida Albión) senón tamén por presentárense coma os descendentes dos seguidores de Milesio, os primeiros colonizadores celtas de Irlanda, que emigraran no seu día dende Galicia, conquerindo os seus antigos poboadores, os Tuatha De Danann, isto é, os mouros na versión galega.
O Colexio dos Irlandeses en Compostela, patrocinado pola Coroa española, recorda este vencello trasatlántico e dá luz sobre o proceso colonial. Mentres en Eirin a maioría da nobreza pacta ou se rende ao Poder británico, unha minoría repoluda, fachendosa e digna prefire o exilio. Na Irlanda do século XVII tamén se deu esa dicotomía entre o posibilismo piñeirista e o combativo exilio republicano, por falar en termos contemporáneos. Os nobres de Munster que acabaron en Galicia eran firmes defensores da tradición, a lingua e cultura do seu país, e non lles acaía ben a sumisión a autoridades alleas. Neste contexto, consérvase a correspondencia entre Donal O’Sullivan e Patrick Sinnott, mestre de Gramática da Universidade de Santiago,na que se fai fincapé na falla de disciplina e rectitude dos colexiais irlandeses que destacaban, sobre todo en tres actividades: troula, guitarra e esgrima. O 26 de abril de 1613 o Colexio San Patricio de Irlandeses foi traspasado aos Xesuitas o que conlevou a marcha de doce estudantes gaélicos que se negaron a facer o xuramento de obediencia. Os filllos, netos e bisnetos da nobreza irlandesa fuxida xa mais voltaron á Terra e nunha curiosa reviravolta da Historia voltaron coller as maletas cando a expulsión dos xesuitas en 1769. Os tempos mudaran… ou non tanto, porque nesa nova época, Compostela seguía recibindo aos emigrados católicos de Europa. Ramón Otero Pedrayo elixiu como data final do século XVIII en Galicia a misa solemne que tivo lugar na Catedral de Santiago en 1793, oficiada na honra do decapitado Lois XVI pola comunidade católica de La Rochelle refuxiada en Compostela.
No Colexio dos Irlandeses, na Rúa Nova, presentaremos Manuel Gago e quen isto escribe o libro Herdeiros pola forza. Patrimonio Cultural, Poder e Sociedade na Galicia do século XXI (2.0 Editora), este venres ás 20:30. Estades todos convidados.
Publicado en Galicia Confidencial
Publicado por El Ayán o 29.3.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Memoria histórica, Teoría arqueolóxica
15/3/12
Por vía oral
El panorama sin embargo puede ser desalentador, si pensamos, que para la mayoría de castros, en lo que a cronología se refiere, carecemos de datos fidedignos de datación, y que nos tenemos que seguir conformando con fecharlos vagamente, englobándolos en castros no romanizados o romanizados.
Lo que hay que decir ahora, antes de continuar con la problemática de la cultura castreña, es que nuestros arqueólogos no se deciden a publicar las Memorias puntuales de sus excavaciones y sí a lanzar hipótesis en coloquios, conferencias y tertulias, hipótesis que no podemos confirmar a falta de los datos objetivos, que nos daría la publicación de las estratigrafías y de análisis (radiocarbónicos, polínicos, etc.) así como los inventarios del material recogido, y señalado en la estratigrafía.
Así se pronunciaba, nunha reseña do estado da cuestión da Arqueoloxía galega, Raquel Casal García, profesora de Arqueoloxía da USC e daquela Directora Xeral de Patrimonio no goberno de Albor (Casal 1984: 11-12). O medo a publicitar o coñecemento ten como consecuencia a alerxia a publicar, a dar a coñecer. A Arqueoloxía galega, como temos comentado algunha vez, sempre foi máis unha arqueoloxía cirrótica ca unha arqueoloxía científica, porque o coñecemento, na meirande parte dos casos, se transmitía por vía oral, nas tascas, nos bares e nos pinchos dos congresos. Anos e anos de campañas financiadas con fondos públicos das que non se sabe absolutamente nada. Mesmo os arqueólogos galegos tiñan a ben non facer comentarios públicos sobre o que viron ou deixaron de ver nunha escavación dun colega, porque iso era unha mostra de respecto cara ao director/directora. Francisco Calo Lourido gábase disto nos seus escritos, nos que tamén recolle apreciacións despectivas gratuítas e inxustificadas cara ás novas xeracións de arqueólogos, como veremos máis adiante.A ciencia e asociedade debían agardar a que a inspiración lle chegase ao demiurgo-arqueólogo para que entregase ou dese a coñecer a MEMORIA.
Casal García, R. 1984. Resumen breve de la investigación arqueológica en Galicia hoy. En F. Acuña Castroviejo et al. La prehistoria y arqueología en la actualidad: 7-15. Vigo: Publicaciones del Museo Municipal Quiñones de León.
Fotografía: Champollion matinando no Collège de France, París, novembro de 2007.
Publicado por El Ayán o 15.3.12 2 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
14/3/12
Alén da Arqueoloxía Pública
Os comentarios ao anterior post falan por si mesmos. Efectivamente a xestión do caso da Punta do Cociñadoiro é un magnífico exemplo do medo á transparencia de grande parte da Arqueoloxía galega, como xa apuntamos no seu día en arqueoneixon. Escavacións pechadas a cal e canto tanto a especialistas, como afeccionados ou ao público en xeral. Este control enfermizo da información é unha actitude que se fai extensible á Administración, a parte da Academia máis tradicional, e caracteriza, pola súa vez, a empresas arqueolóxicas galegas, até chegar a extremos patéticos e surrealistas. O exemplo do CAB de Neixón é soberbio neste sentido. Neste punto, estamos perante unha derivación do tío de la vara. No meu caso, teño explicado a intervención arqueolóxica de turno a todo o mundo, prestado información e facilitado o estudo de datos e materiais. Lamentablemente, cando procurei a mesma reacción con algúns destes colegas, bos e e xenerosos, só atopei negativas taxantes, hermetismo e trabas para consultar materiais, fotografías ou o que fose. Por iso afirmaba na miña crónica dos encontros do Barbanza, que a conferencia de Rafael Rodríguez foi maxistral, falando honestamente desta realidade e reivindicando un troco de actitude. O seu proxecto de A Lanzada foi modélico neste sentido, e afirmo isto con coñecemento de causa porque eu fun o responsable de comunicación desa intervención.
http://digital.csic.es/bitstream/10261/34401/1/2011_VIII%20Seminari_AyanEtalii_Mas%20alla_COMUNICACION.pdf
Publicado por El Ayán o 14.3.12 3 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica




















