24/7/10

A Lanzada en Neixón



Este venres 30 de xullo ás 9:30 no centro social da Asociación de Veciños Neixón de Cespón Rafael Rodríguez e Xurxo Ayán impartiremos unha charla sobre o proxecto arqueolóxico que estamos a desenvoltar nesa área arquelóxica. Esta conferencia completarase o domingo 1 de agosto cunha visita guiada ás escavacións arqueolóxicas d'A Lanzada. Tedes toda a información no Xornal Certo http://certo.posterous.com/boiro-os-vecinos-de-neixon-tenen-programada-u

22/7/10

Nova charla lanzadeira


Hoxe ás 20:30 do serán na Casa das Canteiras de Noalla impartirase unha nova charla lanzadeira, desta volta a cargo de Antonio de la Peña Santos, arqueólogo do Museo de Pontevedra que participiou nas escavacións dos anos 70 e dirixiu as últimas escavacións n’A Lanzada a comezos dos anos 80. Antonio é memoria viva da Arqueoloxía galega dos últimos corenta anos e un excelente comunicador e divulgador do Patrimonio arqueolóxico deste país. Non vos perdades esta nova charla lanzadeira que versará sobre a relación do Museo de Pontevedra co xacemento d’A Lanzada ao longo do século XX.

15/7/10

Despropósito


Aquí vedes reproducida unha reconstrución dos castros de Neixón que apareceu no libro das festas de Boiro 2010 e que seica vai ser a portada da guía breve da área arqueolóxica de Neixón. Seica esta era a visión de Neixón no século III a. C.
É lamentable que se engane á xente despois de anos e anos de escavacións, despois de centos de páxinas publicadas. O arqueólogo do CAB volve amosar a súa sapiencia con despropósitos como amosar habitado o Castro Pequeno cando os vestixios últimos de ocupación son do século V a. C., como inventarse entradas ao Castro Grande por onde non son, como inzar o interior do recinto superior do Castro Grande de casas no século III a. C., cando o único que había eran foxas esparexidas polo interior da croa (non era un poboado), como inventarse literalmente un antecastro habitado.
O que está claro é que aquí hai alguén que non sabe nada da área arqueolóxica que seica debe xestionar, que non leu nin unha páxina das memorias de escavación precedentes e que engana ao público visitante. Profesional, moi profesional.

13/7/10

Fernández Mato e Castelao


Marabillosa a historia bibliográfica que nos achega o mestre e musicólogo José Luís do Pico Orjais no seu blog http://ilhadeorjais.blogspot.com/2010/07/n-86-aquele-dia-que-recebi-carta-de.html
Un exemplar de Sempre en Galiza adicado por Castelao ao cesponcese Fernández Mato, dous persoeiros neixonenses dos que temos falado nun traballo que atoparedes no apartado de produción científica baixo o título II Encontros de Arqueoloxía do Barbanza. Dentro do libro unha carta asinada por Castelao en 1921...

Nova charla lanzadeira


Este xoves ás 20:30 horas na Casa das Canteiras de Noalla nova charla lanzadeira a cargo dos nosos compañeiros Manuela Costa e Elías López-Romero, que abordarán o Patrimonio natural d'A Lanzada.

7/7/10

Nova charla lanzadeira


Mañá xoves 8 de xullo de 20:30 a 21:.30 h (Cada das Canteiras de
Noalla) segunda Charla Lanzadeira a cargo de BUENAVENTURA APARICIO
CASADO (Fundador e Coordenador do Grupo de Investigación Arqueolóxica
e Etnográfica “Laxe da Irena”).

A LANZADA REINTERPRETADA: TÓPICOS E PREXUÍZOS SOBRE UNHA PAISAXE
MÍTICA E LENDARIA

Nesta charla falarase do conxunto de lendas que os vellos contaban
sobre a Ermida, o Castillo e o Campo da Lanzada. Doutra volta tamén
se tratarán os rituais que se veñen facendo dende hai centos de anos
na contorna da Capela.

Máis información no blog: alanzada.wordpress.com e tamén en
facebook:
http://www.facebook.com/pages/A-Lanzada-Pousadas/100120756704697

5/7/10

Alcaldes, meigas e represaliados


Un alcalde gaditano dimite por brujería
Hizo un ritual para purificar la plaza de toros testigo de fusilamientos durante la guerra.

ANA MARÍA FOPIANI/CÁDIZ El Mundo

Joaquín Ramón Gómez, alcalde de Benamahoma, pedanía de Grazalema, en la Sierra de Cádiz, decidió purificar en la noche de San Juan la plaza de toros donde fueron fusilados 150 vecinos serranos durante la Guerra Civil.
Ahora, el primer edil alega problemas de salud y personales para dejar su cargo como alcalde pedáneo de Benamahoma, pero en la mente de sus vecinos y compañeros de partido existen razones muy distintas. El alcalde organizó la pasada noche de San Juan un ritual de purificación o brujería al que asistieron numerosos vecinos. Consistió en una gran fogata para la que encargó a un llamada bruja buena un encntamiento mágico con el que purificar y librar de los malos espíritus la plaza de toros del pueblo, donde se produjeron los fusilamientos en la Guerra Civil.
El acto fue criticado por el Movimiento para la Recuperación de la Memoria Histórica, que no llegaba a alcanzar los motivos de esta purificación. Joaquín Ramón Gómez recibió críticas incluso de sus compañeros de partido. De hecho, el alcalde pedáneo asegura sentirse desmotivado para continuar al frente de la política en la pedanía de la Sierra gaditana.


Ilustración de Uxío Souto: Un Brujo en sus prácticas ritualísticas.