Mostrando entradas con la etiqueta Romaría. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Romaría. Mostrar todas las entradas

28/12/10

Nacionalcatolicismo






Os colonos portugueses apropiáronse simbolicamente do espazo dende o século XV sacralizando a selva de Madeira. Cada fundación de núcleo de poboación levou parella a proteción dunha advocación determinada que moito tiña que ver coa orixe dos colonos. Petos de ánimas, lavadoiros-templo, cruceiros e capelas espállanse por todo o territorio. Aa xente da costa optou por devocións mareiras, como en Galicia, mentres os da serra turraron por santos como Santo António. O nacionalcatolicismo, como en Eslovaquia, Polonia ou Irlanda goza de moi boa saúde. Tivemos ocasión de estar nas festas do Senhor dos Milagres en Machico o 9 de outubro, unha procesión nouturna con fachos en medio dun silenzo místico e unha devoción popular espectacular. Con todo, algún había que ademais dos cirios levaba os cascos postos para escoitar como ía o Portugal-Dinamarca, partido clasificatorio para a Eurocopa.

4/8/10

A Romaría


Un ano máis achegarémonos á Romaría de Neixón, o evento clave para comprender o que significa no presente a área arqueolóxica dos castros de Neixón. A pesar da desfeita promovida polo Concello de Boiro no campo da festa, a xente de Cespón segue desfrutando deste espazo simbólico, contra vento e marea.

3/8/09

Chegou o día, chegou a Romaría


Este vindeiro domingo día 9 de agosto celébrase a XXXI Romaría de Neixón ao pé do parapeto do Castro Grande de Neixón. Se queredes algo de información sobre a microhistoria da festa podedes consultar a nosa colaboración no Xornal Certo http://certo.es/index.php?page=a_romaria
A pasalo ben.

17/7/09

Virxe do Carme


Festa do Carme en Cespón. O grupo de músicos seguen ao fogueteiro da comisión de festas, facendo un percorrido polas aldeas da parroquia. Toda unha apropiación do espazo que xenera identidade comunal. Estes vellos mecanismos de cohesión social superan a creba territorial que marcou a Modernidade, coa vía rápida segmentando en dous o territorio da parroquia de Cespón. Arqueoloxía da Paisaxe.

18/7/08

O Carme


A 2300 metros do ceo.

13/8/07

Pasou o día, pasou a romaría


Un prestamarco de hoxe bota unha soneca no centro da croa do Castro Grande, degoldrado sobre unha sondaxe arqueolóxica en ciernes.
Conciliando Arqueoloxía e Sociedade.

Arte efímera


O bar da comisión de Festas agarda pola segunda oleada da noite: a verbena. As caixas de cerveza apuran os seus últimos minutos de vida. A cruz procesional, centro da atención tempo atrás, volta ao calello do soños rotos, ao baúl dos recordos.
Só un altar queda como resto arqueolóxico dunha romaría, tralo eficiente traballo do Servizo de Limpeza do Concello.

Romaría (2)


O parapeto do Castro Grande de Neixón. Un altar. Unha queimada. Uns gaiteiros.
Non coñezo outro castro en Galicia con estas prestacións.

Romaría (1)


Ex-labregas indo á fonte, ex-leiteiras.
A Xunta chámalles Mulleres rurais.
Fanta: de laranxa ou de limón?

10/7/07

Arqueoloxía da relixión


As oficinas dunha serrería en Beluso convertéronse nun santuario improvisado, postmoderno. O empresario chegou dende Vilagarcía de Arousa e con el trouxo unha imaxe de Santa Rita, moi venerada nesa cidade. A empresa mudou, e as vellas oficinas configuran un espazo estudable pola Arqueoloxía industrial. O edificio da báscula, coa súa bicicleta BH dos anos sesenta, os seus libros de contas, a súa guía telefónica de A Coruña de 1970, reutilizouse pola comunidade local coma unha auténtica capela. Dende a Arqueoloxía podemos aborda-la datación dos cultos e das devocións.

13/6/07

Te gusta conducir?


Dumézil probablemente non estaría moi a gusto nunha romaría galega. Todo o entramado teórico se lle iría a tomar por saco nun momentiño. A que función pertence este icono relixioso? Á primeira, segunda, terceira...? Non, eu creo que o devoto vai en quinta porque vai comeza-la función relixiosa.
O pano da ventá recorda vellas inercias.
Mentres pasa, un temiña de Manolo Escobar escoa polo aire nesta mañanciña festiva.

Locus amoenus


O campo da festa da Romaría de Neixón é, normalmente, unha área recreativa para turistas e visitantes. Que non lle falen a este home de comer de campo, de piquenique (como din os portugueses) nin de agros bucólicos. Romaría a todo gas. Todo un cadro de Vermeer.