29/10/10

Monte Lobeira News


Félix segue informando da escavación do círculo lítico de Monte Lobeira:
Seguimos trabajando. Poco a poco las cosas se van viendo más claras. Estamos prestando especial atención a una depresión del terreno que aparece entre el círculo y el túmulo. Esa depresión también la detectó el gradiómetro, lo que nos hace pensar que pueda tratarse de algún tipo de zanja, aunque también puede tratarse de un simple camino antiguo.
La continuaremos estudiando gracias a la Comunidad de Montes, que muy amablemente ha accedido a ampliar la roza hacia el Norte para así poder extender la prospección geofísica y completar los trabajos ya iniciados. También continuamos perfilando el círculo. Es un trabajo delicado, ya que tenemos que procurar no desplazar las piedras mientras excavamos. También vamos tomando muestras de los sedimentos para luego poder obtener dataciones.
Hoy también hemos planteado el segundo de los sondeos. Se trata de un sondeo de 3x2 con el que pretendemos determinar la naturaleza del círculo.
Se ubica al Sureste, ya que éste es el punto cardinal sobre el que gira el mundo megalítico. El Sureste es el lugar por el que sale el sol en el solsticio de invierno. Si partimos de la hipótesis de que la construcción es prehistórica, este punto cardinal seguro que jugaría un papel destacado, como así lo demuestra la orientación de muchos dolmenes hacia ese punto.

Sin embargo, lo más destacado del día ha sido todo lo relacionado con los medios de comunicación. Amanecía el día con el círculo en las páginas de los principales periódicos (Voz de Galicia, Faro de Vigo y Diario de Arousa). La TVE ha venido a filmarnos, emitiéndose la grabación en la edición gallega del telediario del mediodía. Asimismo, nuestro director, Elías, ha sido entrevistado por la radio en directo. Todo un éxito, vamos.
Aquí os dejo los enlaces de las noticias:

Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/ocioycultura/2010/10/28/0003_8811949.htm
Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2010/10/28/circulo-litico-lobeira-despierta-gran-interes-arqueologos-csic/485351.html
Diario de Arousa: http://www.diariodearousa.com/

Fonte: http://apedradoencanto.blogspot.com/

Charla no Café Moderno hoxe

27/10/10

Círculo lítico


Un equipo dirixido polo noso compañeiro Elías López-Romero (LAPA, CSIC) comezou unha intervención arqueolóxica no círculo lítico de Monte Lobeira, nunha paraxe espectacular sobre a ría de Arousa. Podedes seguir o día a día da escavación no blog A pedra do encanto

http://apedradoencanto.blogspot.com/

26/10/10

Glamour rupestre




Quen dixo que eramos unha cultura ensimesmada? Os rupestres congresos galaicominhotos xa pasaron á historia. Os debates son os mesmos pero iso si, as formas mudaron para dar chegada ao glamour e o deseño barcelonés no coffe break dunhas xornadas de arte rupestre e Patrimonio. Vendo isto non extraña nada que haxa políticos que queiran montar restaurantes de moda nas salas de epigrafía dun Museo. Glamour rupestre.

Adopta un monumento





Semella que chegan novos tempos para o labirinto de Mogor. Un burato anticipa a creación dun pequeno centro receptor de visitantes. As obras en curso parece que se contaxian da moda do 1% cultural ou do Plan E. Unha nova oportunidade para implicar a unha comunidade local que non semella moi identificada cos seus petróglifos nin coas obras de acondicionamento. Poucos sitios hai en Galicia que se presten tan ben para desenvoltar, por exemplo, a iniciativa británica de Adopta un Monumento, unha alternativa aos sempiternos proxectos desenvoltos dende arriba que rematan en asépticas pasarelas e inútiles despliegues sinalécticos ás máis das veces. Esta estratexia de adopción garante a proxeción social do sitio e maila súa xestión e mantemento. Asemade canaliza as angueiras de cidadáns amadores da Arqueoloxía e do SEU Patrimonio. Por que non iniciativas deste estilo en Galicia? Os cidadáns non son competentes para asumir competencias e responsabilidades, para protexer o Patrimonio e promocionar o Turismo Cultural? Quizais manexamos modelos de xestión do Patrimonio máis rupestres ca os propios gravados.

O labirinto de Mogor





Mogor é un sitio mítico para a Arqueoloxía galega, unha desas postais turísticas de Galicia que semellan recordar ao visitante a estreita relación atlántica entre pedra, mar e terra. Durante décadas non se acertou a protexer nin promocionar un ben cultural que a mediados dos 90 era sinalado cun cartel que poñía petroclifos.

A Caeira







A xente que vivimos ou temos vivido en Pontevedra recoñecemos na paisaxe o perfil da aba da Caeira, a zona alta da Boa Vila malia que se ubica no concello de Poio. Os chalets residenciais. As urbanizacións de luxo. Os acampamentos xitanos. O mercadeo da droga. O recordo das árbores onde se afusilaba no 36, onde foi asasinado Alexandre Bóveda entre outros moitos, alén Lérez. Pedras cercenadas pola cantería tradicional. Grilleiras sobre os rochedos nos que se conservan petróglifos xa recoñecidos polos pioneiros da Sociedad Arqueológica. Panorámicas excelentes da cidade medieval que hoxendía vive de costas ao mar. Achegádevos á Caeira para comprender grande parte da historia recente da paisaxe deste país.

Arte rupestre en Mação


Maxistral baixo todos os puntos de vista foi a aportación de Sara Raquel Mendes Cura, arqueóloga vencellada ao equipo de Luiz Oesterbeek do Politécnico de Tomar: Arte rupestre en Mação: un camino para la construcción de conceptos y consciencias críticas. Maxinádevos un museo local máis pequeno, con menos presuposto e peor ubicado ca o Centro Arqueolóxico de Barbanza, por poñer un exemplo que coñecedes todos. Pois ben. Este equipo de traballo ten acadado unha plena apropiación local do Museo. Os paisanos axudan a deseñar a oferta expositiva e as actividades do centro. Existe unha forte relación coa comunidade local, traballando nunha liña semellante á nosa de identidade, memoria e cultura material. Inciden na idea do papel da arte rupestre na humanización do territorio. Nisto baséase a sustentabilidade do proxecto museístico, cunha estreita colaboración coas institucións académicas. Entre 40 e 50 investigadores foráneos viven na vila facendo cursos de Doutoramento ou Mestrados de Excelencia. O Museo participa dos proxectos internacionais ART RISK e RUPTEJO, organizan circuítos arqueolóxicos polo Texo e participan en itinerarios culturais europeos, coma os Camiños de Arte Rupestre Prehistórico. Mesmo organizan un concurso internacional de arte contemporánea e inzan as rúas de representacións de estacións rupestres de todo o mundo, incluída Galicia. A diferencia do resto de ponencias, abordouse tamén o impacto real a nivel económico na comarca: a capacidade hoteleira da vila esgótase e existe un incremento do 30-40% nos restaurantes, aumento producido polas actividades do Museo. Rondan as 14.000 visitas.
En definitiva, trátase dun enfoque crítico e postmoderno que reflicte unha ampla bagaxe teórica e aporta, por riba, unha certa autocrítica. Finalizaron deste xeito: Unha Arqueoloxía con máis impacto mediático e máis recursos implica da nosa parte máis obrigacións; se queremos ser un factor de crecemento e desenvolvemento, non habemos depender unicamente das infraestruturas e dos equipamentos, senón dos recursos humanos. Debemos levar a cabo unha actividade que entre nas consciencias e na vida cotiá dos cidadáns. Agora mesmo están plantexando un Centro de Aprendizaxe e Observación da Paisaxe.

www.museumacao.pt
www.arqueomacao.tv
www.ciarte.eu
www.prehistour.org

Petróglifos prehistóricos con historia


Nas mesmas xornadas Antonio de la Peña Santos fixo unha boa reseña historiográfica do proceso de valoración dos petroglifos na historia da Arqueoloxía galega dende o século XIX até hoxendía, facendo fincapé con razón nunha realidade que el coñece ben: dende os anos 70 viu pasar oportunidades de consolidación da arte rupestre como recurso turístico, falándose periodicamente de plans directores que nunca chegaron a executarse. Unha realidade que semella vai voltar repetirse por falla de perspectiva, por intereses localistas e polo poder centrífugo e fagocitador do Parque de Campolameiro. Como bos galegos, queda a sensación de que vai ser imposible crear unha rede comarcal de arte rupestre.

Arte rupestre e Turismo



O xoves e venres pasado estivemos nas I Xornadas de Arte Rupestre e Turismo de Pontevedra organizadas por Terras de Pontevedra. Entre as ponencias destacou a de Buenaventura Aparicio, mestre xubilado e doutor en Historia cunha tese sobre o folklore dos xacementos arqueolóxicos galegos. Vencellado ao Museo de Pontevedra, forma parte do proxecto noso d’A Lanzada. Este home falounos da festa de exaltación da arte rupestre que levaron a cabo en xullo en Tourón (Pontecaldelas), e na que colaboraron no plano didáctico compañeiros nosos do LAPA. Un bo exemplo do que se pode facer cunha comunidade local marxinada totalmente do proxecto oficial de Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre. E aquí está o cerne da cuestión. En xornadas coma éstas, os supostos expertos (arqueólogos de museo, consultores privados e xestores de parques e equipamentos culturais) son os que desbarallan sobre turismo sen ter en conta os turistas, os cidadáns e as demandas reais no tocante á xestión e desfrute do Patrimonio arqueolóxico.

Banquetes neixonenses


O noso compañeiro Xosé Lois Armada deu o venres unha conferencia no café Moderno de Pontevedra sobre o banquete e a comensalidade no mundo castrexo. As nosas escavacións no Castro Grande de Neixón aportan un rexistro interesante para abordar novas interpretacións neste sentido para a segunda Idade do Ferro. Doutra volta, está ben que se volva falar de Neixón nun Café Moderno onde se fraguaron proxectos da Arqueoloxía galeguista de preguerra.

20/10/10

Vindeira charla no Moderno

Las manos en la tierra


http://www.lasmanosenlatierra.com/

Nova publicación


Acaba de publicarse unha nova monografía da serie CAPA editada polo noso Laboratorio de Patrimonio: As paisaxes culturais de montaña en Galicia: coñecemento e xestión en parques eólicos. A nosa compañeira Elena Cabrejas presenta neste libro unha síntese dos traballos de Correción de Impacto Arqueolóxico en proxectos de construción de Parques Eólicos, realizados dende o ano 1996 polo reconvertido grupo de investigación que deu lugar ao actual Laboratorio de Patrimonio. Este traballo ten coma orixe o Traballo de Investigación de Terceiro Ciclo presentado pola autora no ano 2002, retomado e actualizado máis tarde até abarcar os primeiros meses do 2008 con novos proxectos e recentes conclusións. Deste documento poderá extraerse unha boa perspectiva das paisaxes culturais de montaña en Galicia, dos elementos patrimoniais que as configuran e de como se compatibiliza ou establece a súa relación co desenvolvemento das novas infraestruturas.

Tedes o PDF aquí:

http://digital.csic.es/bitstream/10261/28569/1/2010_CAPA_Cabrejas_As%20paisaxes%20culturais.pdf

18/10/10

10 Anos recuperando memoria



O 23 de outubro cúmprense dez anos dende a primeira exhumación con métodos científicos dunha foxa común con vítimas da represión franquista en España. Un concerto-homenaxe e unhas xornadas nas que participarán xuíces, avogados, antropólogos, cantantes e familiares, conmemorarán este décimo aniversario da apertura da foxa de Priaranza del Bierzo, realizada o 23 de outubro de 2000.
Ese ano foron recuperados os restos de trece civís republicanos, asasinados o 16 de outubro de 1936 na localidade berciana, unha exhumación da que xurdiu a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que a partir dese intre iniciou un movemento social de procura de desaparecidos.
Para conmemorar esa data, a ARMH ten preparadas unhas xornadas e un concerto homenaxe que servirá para reflexionar acerca do acontecido nestes anos, falar do que está por vir e agradecer o labor de centos de persoas que ten permitido, segundo indicaron fontes da Asociación, que muchas familias hayan encontrado una reparación que no han recibido de las instituciones.

As xornadas arrincarán en Ponferrada o sábado 23 de outubro co debate Diez años de la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, no que participarán Santiago Macías da ARMH e mailo catedrático de Ciencias Políticas e Sociais, Universitat Pompeu Fabra, Vicenç Navarro.

Ademáis, celebraráse a mesa redonda De la memoria a la justicia, na que intervirán o maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín; o maxistrado da Audiencia Nacional Ramón Sáez Valcárcel, e a avogada da causa arxentina contra o franquismo Ana Messuti.
Pola tarde, en Memoria, debate y movimiento asociativo participarán o antropólogo do Centro de Investigaciones Científicas Francisco Ferrándiz; o antropólogo da Universidad Pablo Olavide Ángel del Río; Guillermo Fouce, de Psicólogos Sin Fronteras, e Pablo Sánchez León, historiador da Universidade do País Basco.

O sábado 23 de outubro terá lugar o concerto ARMH, Diez años recuperando memoria
Concierto- homenaje
. A partir das 20.00 horas no Teatro Bérgidum de Ponferrada.

Se trata de un homenaje a los desaparecidos y desaparecidas, a sus familias y a todos los voluntarios que con su trabajo han ayudado a proporcionar algo de justicia a las víctimas de violaciones de los derechos humanos de la dictadura, indicaron as mesmas fontes.

Neste concerto participan e colaboran o escritor Manuel Rivas; os cantautores Pedro Guerra e Uxía Senlle; o cantante Juan Carlos Mestre, último Premio Nacional de Poesía, e familiares de desaparecidos. Alí,proxectaranse os vídeos realizados polos artistas da plataforma Cultura contra a Impunidade, entre outras actividades.
A entrada do concerto costará 15 euros, cos que se sufragarán os gastos de traslado, aloxamento e manutención dos ponentes, participantes e algúns familiares.
O domingo terá lugar un acto conmemorativo na foxa de Priaranza do Bierzo
En domingo, a partir das 11.00 horas, terá lugar a conferencia La fosa de Priaranza del Bierzo na que intervirán os arqueólogos Julio Vidal, Mari Luz González e Lourdes Herrasti así como María Encina Prada, antropóloga física, e Francisco Etxeberría, médico forense.

Contra as 13:00 horas celebraráse a inauguración dunhna placa conmemorativa na foxa de Priaranza del Bierzo en presenza de familiares e integrantes da Asociación, contando coa música de violonchelo de Belén Guerra.

Fonte: http://www.memoriahistorica.org/
http://lasonrisadeloscipreses.wordpress.com/2010/10/05/armh-10-anos-recuperando-memoria/

5/10/10

A Nosa Señora da Guía: análise dun plaxio


Na páxina web do Centro Arqueolóxico acaba de poñerse a disposición do público unha Guía Breve do complexo (encántame este concepto) arqueolóxico de Neixón en PDF, financiada con fondos públicos e realizada por Víctor Barbeito Pose.

http://centroarqueoloxicodobarbanza.org/docs/guia%20arqueo%20baja_spn.pdf

Até aquí todo ben; o portal do CAB pon na Rede este documento para acceso de todo o mundo e ninguén criticará o feito de que se faga unha guía dunha área arqueolóxica. Agora ben. Os problemas son os seguintes:
1. A suposta guía está mal redactada e mistura ás veces galego e castelán, xa que se trata dunha burda tradución de textos alleos, escritos orixinariamente en galego polo equipo do proxecto arqueolóxico dos castros de Neixón dirixido por quen isto escribe.
2. Esta guía é totalmente indixerible polo público xeral e non é axeitada para unha correcta divulgación. É certo que isto é unha opinión, pero o que é inadmisible son os seguintes puntos.
3. A recreación dos castros de Neixón das páxinas 36 e 37 non ten absolutamente nada que ver coa realidade arqueolóxica documentada até o momento. É mentira, como xa apuntamos no seu día en Arqueoneixón.
4. O texto é un refrito de paragrafos enteiros que se atopan reproducidos en capítulos dos nosos libros publicados en Toxosoutos e en revistas especializadas. Así por exemplo, os apartados secuencia construtiva e características formais (páxs. 42 e 46) plaxian textos da miña autoría (Xurxo Ayán); o mesmo acontece co apartado de restos materiais (páxs. 46-50), que plaxia un texto redactado orixinariamente por Rafel Rodríguez. Máis escandaloso se cabe é o apartado adicado ao Castro Pequeno (páxs. 53-4)no que se plaxian paragrafos publicados no presente blog dando conta da nosa escavación de 2008.
5. Por suposto non aparece unha soa cita da autoría destes textos, nin nos créditos da publicación nin na bibliografía, inexistente. Escandaloso.
6. Incluso míntese ao asegurar que as cabanas reconstruídas no interior do Castro Grande son de época baixorromana (páx. 46), hipótese desbotada xa en 2007 coas escavacións dese ano que amosaron claramente como esas choupanas son do século I d. C. Un exemplo máis do descoñecemento absoluto do avance das investigacións, das publicacións recentes e do estado da cuestión.
7. Todo o mundo coñece a animadversión de Víctor Barbeito cara ao noso equipo de traballo, prexuízo que lle leva a obviar o noso traballo en Neixón. Esta actitude demencial lévao a non coller unha soa fotografía nin debuxo deste blog para ilustrar a guía, escaneando fotos en papel de intervencións de limpeza en Neixón de mediados dos anos 90 que non fornecen nada á comprensión da área arqueolóxica por público non especializado. Asemade, Víctor Barbeito fala de recentes intervencións como se fosen feitas por extraterrestres anónimos ou milagreiramente pola Nosa Señora da Guía.
8. O realmente gracioso é que o arqueólogo do CAB, malia non dar validez á nosa investigación, plaxia a mesma para redactar o 100 % da guía breve do complexo arqueolóxico de Neixón. Todo un paradoxo e unha evidencia máis da súa incompetencia.
A consecuencia de todo isto é a mesma de sempre: até cando se van dilapidar fondos públicos en actuacións enganosas carentes de calquer tipo de ética? até cando os cidadáns deben aturar este despropósito favorecido polo Concello de Boiro?

1/10/10

Música devanceira


O mestre e musicólogo José Luís do Pico Orjais reflexiona no seu fascinante blog sobre a súa experiencia no poboado castrexo recreado en Punta Couso, que xa coñecestes en Arqueoneixon.

http://ilhadeorjais.blogspot.com/2010/09/n-95-aventura-castreja.html
http://www.certo.es/