25/8/08

Neixón al desnudo


No xornal Certo, mes de agosto www.certo.es

14/8/08

Cacharrólogos

Obradoiro de cerámica castrexa para nenos e nenas na antiga escola unitaria de Cespón, impartido polas nosas compañeiras Yolanda Porto e Martina Veiga do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do IEGPS (CSIC-XuGa). Resulta contraproducente para a Arqueoloxía galega que este tipo de actividades de divulgación sigan sendo excepcionais até o punto de que se convirtan en noticia noticiosa: (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/08/14/0003_7059616.htm)

Festas cesponcenses


Actividades organizadas pola Asociación de veciños Neixón de Cespón para a semana das festas grandes da parroquia. A Arqueoloxía tamén pasa a ser un xogo popular.

Atrévete a chamar


Velaí temos o casco de Leiro ilustrando a guía telefónica da provincia de A Coruña do ano 1977. Nos últimos trinta anos pasamos da súa consideración coma casco celta a outras máis innovadoras coma a que manexan algúns políticos e técnicos de turismo que queren relanza-lo tema vikingo na ría de Arousa utilizando o casco vikingo de Leiro como reclamo.
Vikingo coma ti.

Festa no faiado


Festa no faiado é o título dun conto para nenos de María Victoria Moreno que tivo moito éxito nos anos 80 e foi traducido a varios idiomas. A nosa pescuda na parroquia de Cespón estáse convertindo niso, nunha festa no faiado, onde se gardan (malia dictaduras e represións) auténticas xoias coma esta: o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1932, coa portada deseñada por Camilo Díaz, asasinado en 1936.

11/8/08

Arqueoloxía da morte


Cartel sobre charla encol da arquitectura funeraria prehistórica nas terras baixas de Uruguay, ao carón dunha esquela recente en Cespón, no punto de información xuvenil de Nine.

4/8/08

Virxe do Carme


Anos 50. Procesión marítima na honra da Virxe do Carme que rodeaba os Castros de Neixón dende o porto de Vidres até Agüeiros. Seica era orde oficial leva-la bandeira nacional nos barcos e lanchas. Cousas do nacionalcatolicismo. Outra xoia fotográfica da memoria colectiva de Cespón.

Fotografía: arquivo familiar de José España.

Rito fundacional


Ao pasa-la soleira da porta da cabana de pedra do Castro Pequeno atopámonos cunha estrutura circular de laxes planas de xisto na que localizamos unha placa de bronce a metade dun cacharro de bordo exvasado cun único motivo decorativo en forma de espiga feito coa técnica do ungulado. Fóra da cabana documentamos evidencias materiais da existencia dun obradoiro metalúrxico. Podemos estar diante do típico caso de ritualización dunha área artesanal seguindo as tradicións do chamado Bronce Atlántico (seguindo a terminoloxía tradicional).

Castro Pequeno


Velaí tedes o sector aberto no Castro Pequeno. Cando ninguén daba un peso por el, cando intelixentes técnicos en Arqueoloxía dicían que estaba esgotado, pois vai e aparece unha cabana oval feita en materiais perecedoiros, unha cabana de pedra e restos dun obradoiro metalúrxico de bronce, con crisois de fundición, obxectos acabados, anacos de parrillas de forno, escouras, etc., etc... Nos vindeiros días iredes vendo en tempo real o rexurdimento do Castro Pequeno para a Arqueoloxía galega. Como dicía o meu avó: ao saber chámanlle sorte.

Tres hombres y un destino


Tamén poderían se-lo bo, o feo e o malo. Tres arqueólogos fitando cara a un cacharro da Iª Idade do Ferro no Castro Pequeno.