Mostrando entradas con la etiqueta Relixiosidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Relixiosidade. Mostrar todas las entradas

28/12/10

Nacionalcatolicismo






Os colonos portugueses apropiáronse simbolicamente do espazo dende o século XV sacralizando a selva de Madeira. Cada fundación de núcleo de poboación levou parella a proteción dunha advocación determinada que moito tiña que ver coa orixe dos colonos. Petos de ánimas, lavadoiros-templo, cruceiros e capelas espállanse por todo o territorio. Aa xente da costa optou por devocións mareiras, como en Galicia, mentres os da serra turraron por santos como Santo António. O nacionalcatolicismo, como en Eslovaquia, Polonia ou Irlanda goza de moi boa saúde. Tivemos ocasión de estar nas festas do Senhor dos Milagres en Machico o 9 de outubro, unha procesión nouturna con fachos en medio dun silenzo místico e unha devoción popular espectacular. Con todo, algún había que ademais dos cirios levaba os cascos postos para escoitar como ía o Portugal-Dinamarca, partido clasificatorio para a Eurocopa.

4/8/10

A Romaría


Un ano máis achegarémonos á Romaría de Neixón, o evento clave para comprender o que significa no presente a área arqueolóxica dos castros de Neixón. A pesar da desfeita promovida polo Concello de Boiro no campo da festa, a xente de Cespón segue desfrutando deste espazo simbólico, contra vento e marea.

30/11/09

¿Quién maneja mi barca?


Temos adicado certo tempo ao estudo da relixiosidade na parroquia de San Vicenzo de Cespón onde a Virxe do Carme, como en todo o litoral galego, goza de devoción popular como patrona dos mariñeiros. Outra cousa é atopar a figura desta Virxe na igrexa do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, no interior do país. Pero claro, estamos no mar interior de Galicia (eses catamaráns) un sitio onde o transporte en barca foi importante non só para cruzar ás dúas beiras, senón tamén para a pesca, a vendima e outras actividades. Deste tema sabe moito o arqueólogo e etnógrafo Lois Ladra. Aconsellamos botarlle unha ollada á súa obra A pesca tradicional nos ríos de Galicia: caneiros, pescos e pesqueiras (Sotelo Blanco edicións, 2008).

3/8/09

Chegou o día, chegou a Romaría


Este vindeiro domingo día 9 de agosto celébrase a XXXI Romaría de Neixón ao pé do parapeto do Castro Grande de Neixón. Se queredes algo de información sobre a microhistoria da festa podedes consultar a nosa colaboración no Xornal Certo http://certo.es/index.php?page=a_romaria
A pasalo ben.

17/7/09

Virxe do Carme


Festa do Carme en Cespón. O grupo de músicos seguen ao fogueteiro da comisión de festas, facendo un percorrido polas aldeas da parroquia. Toda unha apropiación do espazo que xenera identidade comunal. Estes vellos mecanismos de cohesión social superan a creba territorial que marcou a Modernidade, coa vía rápida segmentando en dous o territorio da parroquia de Cespón. Arqueoloxía da Paisaxe.

18/7/08

O Carme


A 2300 metros do ceo.

13/8/07

Arte efímera


O bar da comisión de Festas agarda pola segunda oleada da noite: a verbena. As caixas de cerveza apuran os seus últimos minutos de vida. A cruz procesional, centro da atención tempo atrás, volta ao calello do soños rotos, ao baúl dos recordos.
Só un altar queda como resto arqueolóxico dunha romaría, tralo eficiente traballo do Servizo de Limpeza do Concello.

15/6/07

Post


Unha parada de autobús. Na parroquia xa existían blogs antes de Internet.

14/6/07

A Virxe dos Anxos

Cespón é una parroquia rica en festas e en devocións. Unha das máis importantes, tanto na vertente lúdica coma na relixiosa, é a da Virxe dos Anxos. O seu culto ten como punto clave un miragre acontecido aquí mesmo, na persoa de Constanza de Jesús, nacida en Redondela.
(…) el año de mill seis cientos y veinte, y tres a cinco del mes de março, siendo rector Antonio Gomes de Romai, primer fundador de la dicha cofradía con su hermana Constanza de Jesús, que al dho tiempo estaba en su compañía y asistencia en la casa rectoral deste dho beneficio, hallandose tullida e imposibilitada de los pies y algunos miembros de su cuerpo, por cuia causa ussava de muletas, y por la especial devocion continua que tenía delante esta Sancta Ymagen de ntra Señora de la Asumpción (a quien suelen llamar de los ángeles, originado acaso de los que tenía a los lados por el misterio de la assumpcion…) a obrado su divina magestad por su madre santissima muchas maravillas en esta dha su devota y la principal la de sanarla de su imposibilidad natural, de que despues de recobrada dejo delante desta Sancta Ymagen (que está situada en el altar colateral al lado del evangelio desta Yglesia parroquial) las muletas sobre que antes andaba, y despues se fue a entrar religiosa en el convento de las huerfanas de de Santiago, donde murio y está enterrada con opinión de sancta. A la cual muchos cofrades viejos, que van referidos aquí y otros vezinos antiguos, que si viven en esta dha feligresia y en otras la an conoscido y assi todos los demás de mediana edad an oido a sus padres y mas persona viejas lo mismo, y es notoria su virtuosa y exemplar vida como también las dhas muletas las llevo, y saco un rrector que huvo en este curato en vacante, que era assi de la villa de Pontevedra, en cuio lugar assentan por seguro pararon en casa de cierta señora de quien havía sido capellán (…)


Libro de la cofradía de Ntra Sra de los Ángeles (1703-1790), Archivo Diocesano de Santiago, serie cofradías y otras instituciones religiosas, nº 11, fol. 5 r.