Mostrando entradas con la etiqueta Metodoloxía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Metodoloxía. Mostrar todas las entradas

28/5/12

Alacant


Estaremos uns días no congreso que organiza a Universidade de Alacant De la estructura doméstica al espacio social. Lecturas arqueológicas del uso social del espacio, onde presentaremos a ponencia. Todo queda en casa: espacio doméstico, poder y división social en la Edad del Hierro del NW de la Península Ibérica.
Aquí tedes o programa. Informaremos puntualmente.

http://dprha.ua.es/en/documentos/news/triptico-lause.pdf

9/5/12

Herdeiros pola Forza en Esteiro, Ferrol


Mañá xoves ás 20:00 presentamos o libro Herdeiros pola Forza na ferrolana Fundaçom Artábria. Alí vos agardamos.

4/5/12

Hoxe na Feira do Libro de Compostela


Hoxe presentamos Herdeiros pola Forza na feira do libro de Compostela, na Alameda ás 19:00 horas.

16/12/11

Traballar en Arqueoloxía


O mércores 21 de decembro inaugúrase no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campolameiro a exposición fotográfica Traballar en Arqueoloxía, unha iniciativa desenvolta no marco do proxecto europeo Archaeology in Contemporary Europe, do que xa vos temos falado en arqueoneixon dende 2007.

http://www.ace-archaeology.eu/index.php?page=2&EZFO_switchlanguage=1&EZFO_lang=

11/8/11

En busca de los concheros perdidos


Os nosos compañeiros neixonenses Víctor Bejega e Eduardo González impartirán mañá unha ponencia sobre o marisqueo e a pesca nos castros galegos, no marco das X Xornadas de Historia e Cultura que se están celebrando na Casa da Cultura de Porto do Son, ás 17:00 horas.

http://arqueomalacologia.blogspot.com/

Tedes un seguimento diario destas xornadas no xornal certo.

8/8/11

Arqueoloxía da Arquitectura


Os organizadores do II Congreso de Arqueología de Chamartín. Nuevos paradigmas en la investigación arqueológica, os entusiastas mozos arqueólogos David Hernández e Juan Pablo López, convidáronnos a participar na sesión Arqueoloxía da Arquitectura, onde levamos a cabo unha síntese crítica desta liña de traballo desenvolta en Galicia polo noso Laboratorio a finais da década de 1990. Con Rebeca Blanco, Sonia García e Patricia Mañana encetamos daquela o proxecto Arqueotectura, aplicándoo nos últimos anos aos eidos da Arquitectura histórica e a arquitectura megalítica e da Idade do Ferro. En Chamartín falamos de Borneiro, de Punta dos Prados, de Castrolandín, de Montealegre, do castro de Vigo, da Lanzada, do castro de Besomaño, do castro Ventosa... e por suposto, de Neixón. Lugares aos que nos sentimos vencellados máis alá da Arqueoloxía convencional.

4/8/11

Chamartín


Mañá marchamos a Chamartín (Avila) onde fomos convidados a participar no IIº Congreso de Arqueología coa ponencia Una aproximación a la Arqueología de la Arquitectura castreña: experiencias desde Galicia. Nesta vila abulense celébrase o afamado mercado vetón e o primeiro concerto de Rock vetón. Alí estaremos para disfrutar da experiencia, dentro e fóra do congreso, porque todo é arqueolooxía nestes tempos de patrimonialización a esgalla. Informarémosvos en tempo real, coma sempre.

Fotografía: reconstrución dunha casa do castro de Mesa de Miranda, feita pola empresa 3d Virtualidad, que participará no IIº Congreso de Arqueología de Chamartín coa comunicación titulada Nuevas tecnologías aplicadas a la Prehistoria. Hipótesis de Reconstrucción Virtual de la Casa C del Castro de Mesa de Miranda.

O programa completo do congreso en
http://www.arqueologiachamartin.com/

3/8/11

Xerrando representacións 3D






Aqui tedes a famosa xerra Toralla inzada de ornitomorfos tras pasar polo modelado 3D da nosa compañeira Patricia Mañana (Incipit, CSIC). Unha excelente ferramenta para a investigación sobre a cultura material da Idade do Ferro.

http://csic.academia.edu/PatriciaMananaBorrazas

Debuxo arqueolóxico


A xerra Toralla profusamente decorada exhumada por nós nas escavacións arqueolóxicas no Castro Grande de Neixón en 2007 serviranos para amosar a variabilidade actual na representación arqueolóxica e artística da cultura material protohistórica. Na figura vedes o debuxo arqueolóxico 2D, feito con mestría polo noso debuxante Anxo Rodríguez Paz. Esta é a forma clásica que tan ben queda nas publicacións en papel de artigos e memorias científicas.

18/7/11

Imonos á Vilalba


Esta semana marchamos ao IIº Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, onde o noso equipo de investigación do proxecto dos castros de Neixón presenta interesantes novedades sobre o Castro Pequeno de Neixón. A primeira comunicación amosa a estratexia de traballo abordada no marco do proxecto Xeoarqueoloxía e reconstrución paleoambiental. Metodoloxía aplicada a contextos arqueolóxico-culturais dirixido por Manuela Costa Casais (LAPA, CSIC). Programa sectorial de investigación aplicada, Peme I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (Incite) correspondente ao programa sectorial de Sociedade e Cultura (SEC). Dentro desta iniciativa levouse a cabo un estudo integral das mostras extraídas na escavación arqueolóxica do Castro Pequeno de Neixón, cuns resultados máis ca interesantes.

Estruturas arqueolóxicas: estratexias metodolóxicas das Ciencias da Terra (o Castro Pequeno de Neixón).

Manuela Costa Casais; Joeri Kaal; Xurxo M. Ayán; Rebeca Tallón e A. Martínez Cortizas

Fotografía: depósito de cinza nunha estrutura de combustión dun obradoiro metalúrxico de bronce no Castro Pequeno de Neixón (1ª Idade do Ferro). Campaña de 2008.

7/7/11

O depósito 9







Cada unha destas manchas correspóndese cunha tumba, formada por unha foxa escavada orixinariamente no sustrato areoso, na duna que ocupa toda a zona. Estas foxas foron seccionadas polo labor das retropalas, polo que, en moitos casos, se ten preservado unicamente a metade ou un terzo da estrutura.
O seguimento da escavación da alcumada por nós tumba 9 permitirános explicar graficamente a metodoloxía de traballo empregada. Neste caso, a limpeza do perfil deixou en evidencia a presenza dunha destas foxas, incluídos varios obxectos metálicos (nocelleiras, machados) vencellados a ela. Unha vez definida a estrutura no perfil, encetamos unha sondaxe en pranta para exhumar a totalidade da tumba. Nesta segunda fase escavamos con todo detalle o depósito do interior da foxa, rexistramos coa estación topográfica a localización de cada obxecto, tomamos mostras edafolóxicas e radiocarbónicas e debuxamos todo o enxoval funerario. Unha escavación arqueolóxica non deixa de ser unha destrución controlada, polo que todo este traballo de rexistro e documentación minuciosa é fundamental para xerar coñecemento sobre esa sociedade do pasado e para reconstruir unha imaxe rigorosa do ritual funerario. No debuxo de Mario Trigo podedes ver unha recreación hipotética da disposición do cadavre a partir dos dados extraídos durante a escavación da tumba 9.

6/7/11

Un bo perfil



A importancia do descubrimento xustificou unha segunda campaña máis ambiciosa que contase cun equipo máis amplio con vistas a abordarmos unha escavación en área na zona sondeada previamente en 2009. O obxectivo da escavación en área era definir a funcionalidade do xacemento como zona funeraria, ritual ou ambas as dúas. Cómpre ter en conta que en África centro-occidental se coñecían até esta data tumbas ailladas pero non camposantos propiamente ditos. Pola súa vez, o avance das obras redimensionaba o proxecto, converténdoo no primeiro proxecto de correción de impacto arqueolóxico dunha obra pública realizado en Guinea Ecuatorial.
A construción do aeroporto afectou a todo o xacemento coa apertura de pistas e a escavación con medios mecánicos para extraer area. Estas obras deixaron á vista unha serie de perfís vivos nos que se documenta a secuencia estratigráfica. A primeira tarefa que encetamos foi a limpieza sistemática destes perfís nos que comezaban a definirse unha serie de manchas de terra marrón escura...

29/9/10

Nova publicación neixonense


Os organizadores da Iª Reunión Científica de Arqueomalacología de la Península Ibérica anuncian a recente publicación das actas nun monográfico da Revista Férvedes do Museo de Arqueoloxía e Prehistoria de Vilalba. En breve dispoñeredes aquí do PDF dos artigos neixonenses:

Bejega García, V.; González Gómez de Agüero, E.; Ayán Vila, X. M. et al. 2010. "Paisaje, Arqueología y Sociedad: experiencias arqueomalacológicas en el campo de trabajo de los castros de Neixón (Boiro, A Coruña) (2005-2008)". En E. González Gómez de Agüero; Bejega García, V.; Fernández Rodríguez, C. e N. Fuertes Prieto (eds.): Iª Reunión de Arqueomalacología de la Península Ibérica. Férvedes, 6: 9-16. Vilalba.

Bejega García, V.;González Gómez de Agüero, E.; Fernández Rodríguez, C. et al. 2010. "Los concheros de O Neixón (Boiro, A Coruña) y Punta Atalaia (San Cibrao, Cervo, Lugo): una propuesta de muestreo y excavación de depósitos de la Edad del Hierro y Época Romana en Galicia". En E. González Gómez de Agüero; Bejega García, V.; Fernández Rodríguez, C. e N. Fuertes Prieto (eds.): Iª Reunión de Arqueomalacología de la Península Ibérica. Férvedes, 6: 33-42. Vilalba.

http://arqueomalacologia.blogspot.com/
http://www.museovilalba.org/
https://sites.google.com/site/reunionarqueomalacologia/home

16/6/10

Neixón, moluscos e cintas de vídeo



Estamos ultimando o artigo sobre a experiencia arqueomalacolóxica de Neixón para a publicación das actas da Iª Reunión de Arqueomalacología de la Península Ibérica. Os artífices desta iniciativa, Eduardo González e Víctor Bejega fixeron e fan un labor de divulgación notable, levando o nome de Neixón polo mundo adiante, achegando á sociedade os resultados das súas investigacións. Adxuntamos aquí dous pósters centrados na experiencia arqueomalacolóxica de Neixón.
http://arqueomalacologia.blogspot.com/

Un pecio en Cortegada?


O blog irmán http://apedradoencanto.blogspot.com/ conducido pola arqueóloga Beatriz Comendador faise eco das noticias recentes que apuntan a un proxecto autorizado pola Dirección Xeral de Patrimonio para tentar documentar o posible pecio romano afundido na contorna da illa de Cortegada. Na entrada un pecio en Cortegada? tedes información detallada do que se sabe até o momento dese afundimento, grazas, sobre todo, aos traballos no seu día de Antonio de la Peña Santos a comezos dos anos 80.

Figura tomada de http://apedradoencanto.blogspot.com/

3/6/10

Arqueomalacoloxía en León


A I Reunión Científica de Arqueomalacología de la Península Ibérica celebrada en León foi un rotundo éxito. Eduardo González e Víctor Bejega, membros do equipo arqueolóxico dos castros de Neixón, representan o mellor das novas xeracións de arqueólogos españois malia a inestabilidade laboral e a precariedade da Universidade española. Grazas ao seu traballo esta iniciativa gozará de continuidade, preparándose unha segunda edición a celebrarse para o ano que vén en Barcelona. O proxecto de Neixón estivo presente con dúas comunicacións e coa proxección dun vídeo de 20 minutos no que se fai un seguimento á señora María d'O Moucho dende que entra nos castros de Neixón a recoller mexillón até que marcha de volta a casa. Todo un documento de grande valor antropolóxico e cultural que deu pé a un interesante debate.

Fotografía: http://arqueomalacologia.blogspot.com/

5/5/10

Guía de Arqueobotánica


A Xunta de Galicia vén de publicar o primeiro número dunha nova serie de Arqueoloxía (Guías Metodolóxicas) baixo o título Guía de Arqueobotánica. Entre os autores atópase María Martín Seijo, experta en antracoloxía da USC, que ten analisado restos arqueobotánicos do Castro Grande de Neixón no marco do noso proxecto dos castros de Neixón. Resulta gratificante ver como intervencións arqueolóxicas nas que participamos como Castrolandín, Montealegre ou Neixón serviron para calibrar e contrastar estas metodoloxías de traballo e tamén para xerar coñecemento novo sobre a xestión do medio ambiente pola xente dos castros.

Martín Seijo, Mª. 2006. A xestión dos recursos leñosos no castro de Montealegre. En R, Aboal e V. Castro (coords.): O Castro de Montealegre (Moaña, Pontevedra): 303-22. Noia: Toxosoutos.

Martín Seijo, Mª. 2008. Estudo de carbóns e madeiras : paleoambiente, xestión forestal e explotación de combustibles. En X. M. Ayán Vila (coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña), II: de espazo natural a paisaxe cultural: 251-6. Noia: Toxosoutos.

15/4/10

Arqueomalacoloxía social


Dende arqueomalacologia.blogspot informan de que xa están colgados no site da Iª Reunión Científica de Arqueomalacología de la Península Ibérica (León, 20-21 de maio de 2010) os resumos e maila segunda circular. O noso equipo de traballo participará coa comunicación Paisaje, Arqueología y Sociedad: experiencias arqueomalacológicas en el campo de trabajo de los castros de Neixón (Boiro, A Coruña) (2005-2008).
Mostraremos nesta comunicación un balance crítico da liña de investigación, difusión e divulgación en Arqueomalacoloxía desenvolta no proxecto de Neixón e liderada por Eduardo González Gómez de Agüero e Víctor Bejega García (Universidade de León). Como sabedes, a nosa estratexia de traballo interdisciplinar contemplou non só a escavación dun concheiro da 2ª Idade do Ferro con voluntarios procedentes de todo o mundo, mais tamén a organización de seminarios e obradoiros de procesado de materiais, estudos etnoarqueolóxicos encol das práticas marisqueiras actuais na zona, o desenvolvemento de actividades divulgativas coa comunidade local así como a realización de documentais sobre esta temática.


http://sites.google.com/site/reunionarqueomalacologia/home/resumenes

Fotografía: coñecemento da fabricación artesanal de bateas e do marisqueo na ría de Arousa. Actividade desenvolta con voluntarios no campo de traballo dos castros de Neixón en agosto de 2005.

27/12/09

Irish Patriots



Pero a cousa non remata aí. O capitán Calletano Carti faleceu. Pouco despois, o seu irmán Carlos Carti moveuse para atopar supervivintes que certificasen a morte do seu irmán no naufraxio, para así gañar dereitos na herdanza familiar. Os Carti eran fillos dun nobre irlandés que participou no desembarco e batalla de Kinsale en 1602 ao carón dos españois contra os ocupantes británicos. Unha derrota que marcou un fito na loita pola independencia irlandesa e que conlevou ao petrucio Carti o seu encerro na Torre de Londres durante 40 anos. O litigante Carlos Carti pensaba que o seu pai estaba morto, supostamente. Como vedes, o Cantábrico está inzado de historias abraiantes, con naufraxios de Lordimani (vikingos), Cruzados, corsarios e distintas xentes do mar.