31/7/12
30/7/12
Errantes, Atlantes e xentes de antes
Publicado por El Ayán o 30.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica; memoria histórica
24/7/12
O'Pirata
Publicado por El Ayán o 24.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade
Geronimo Stilton
Este venres pasado rematamos o ciclo de obradoiros para nenos do campamento organizado polo Concello de Carnota no marco do proxecto arqueolóxico de Torre dos Mouros. A actividade consistiu nun obradoiro de arenoglifos e no modelado de potes semellantes aos dos castros. Unha experiencia marabillosa para coñecer a percepción do mundo que teñen os pícaros desta terra e doutras, coma o Sahara occidental. Obviamente, sen o agarimo e bo facer de Yolanda Porto, a restauradora do INCIPIT, todo sería moi diferente. O anecdotario é variado:
"A miña avoa ten un diamante"
"O meu pai atopou unha vez na leira unha moeda de cen pesetas"
"Pois a min non me gustan os petroglíficos"...
Así e todo, eu quedo co caso de Xián,. un neno entusiasta e retranqueiro que se alcumaba a si mesmo Xián "o artístico". Quedou tan fascinado do primeiro obradoiro que debeu dar a vara na casa coa Arqueoloxía toda a semana, tanto que lle caiu un dente e o ratonciño Pérez tróuxolle como agasallo un libro ambientado no Neolítico protagonizado por outro rato detectivesco, Geronimo Stilton. Con esta bibliografía Xián chegou sobrado á Torre dos Mouros na visita-contacontos que levou a cabo Soledad Felloza o pasado sábado.
Hai canteira.
Publicado por El Ayán o 24.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica; memoria histórica
19/7/12
Herdeiros pola Forza en Carnota
Tralos paso por Ponteceso este venres, o sábado presentaremos o libro ás 20:30 na Casa de Cultura de Carnota. O poxecto de Torre dos Mouros non é outra cousa cá materialización do modelo de xestión do Patrimonio Arqueolóxico que defendemos en Herdeiros pola Forza. Alí vos agardamos, alumando entre a néboa.
Fotografía de Andrea Lozano.
Publicado por El Ayán o 19.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica; memoria histórica
Xudeus búlgaros
O terror volta estar presente na vella Europa. En Budapest veñen de apresar, en 2012, a un dos responsables da cacería nazi contra os xudeus de Centroeuropa. Doutra volta, o atentado en Burgas contra turistas israelíes volta recordarnos a historia desta comunidade xudea búlgara, única no contexto do Holocausto. Na nosa estancia en Bulgaria soubemos da forte presenza sefardita nestas terras; de feito o idioma estáse perdendo agora co abandono das novas xeracións. A vella sinagoga de Sofía semella quedar fosilizada dende os anos 40. Cando Bulgaria era un país satélite de Hitler deuse un caso curioso de proteción á poboación hebraica, por parte da monarquía, da administración e da Igrexa ortodoxa. Tralo primeiro envío ás cámaras de gas das comunidades de Macedonia e do SW do país, foron os propios búlgaros quen bloquearon o proceso, detido até a liberación en 1944. Todorov ten analisado polo miúdo este proceso en La fragilidad del bien: el rescate de los judíos búlgaros (ed. or. búlgaro). Loxicamente a historia ten moitas facianas, xa que contrasta co papelón da monarquía aliada da ultradereita, botada do país trala guerra. Tamén habería que preguntarse por que a inmensa maioría da poboación xudea búlgara abandonou o país na postguerra para marchar ao recente estado de Israel. Historias da vella Europa, de rabiosa actualidade como dirían os xornalistas de raza.
Publicado por El Ayán o 19.7.12 0 comentarios
Categorías: Teoría arqueolóxica; memoria histórica
16/7/12
Herdeiros pola Forza en Ponteceso
Publicado por El Ayán o 16.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
12/7/12
O número Sprockhoff
A Römisch-Germanische Kommission (RGK) de Frankfurt é unha institución mítica da Arqueoloxía europea. Dependente do Instituto Arqueolóxico alemán, conta coa mellor biblioteca de Arqueoloxía da Europa continental, alomenos. Aquí puidemos desfrutar dunha cea arqueolóxica e mesmo visionar un partido da Eurocopa. O edificio foi destruído polos bombardeos aliados, agás unha cousa: a biblioteca, gardada volume por volume a tempo. Na entrada, no corredor que conduce á estancia principal da biblioteca, consérvanse mobles da primeira época da institución así como a colección de retratos dos directores. Xa vedes, todos homes, dende o mítico Dragendorff que dá nome a unhas cantas sigillatas que aparecen nos castros costeiros galegos. Neste precioso documento gráfico deseguida un se decata dun pequeno detalle: entre 1934 e 1945, durante o nazismo, o director foi o home da esquerda, Ernst Sprockhoff (1892–1967); coa derrota en 1945 é sustituído, curiosamente, polo seu predecesor no cargo.
Ernst Sprockhoff é coñecido polo seu inventario de máis de 900 túmulos megalíticos en Alemaña; de feito cada tumba leva un número, o chamado número Sprockhoff. Todo moi na liña da conservadora e xeráquica Arqueoloxía histórico-cultural alemá. Este científico tan inocente foi membro destacado da Stahlhelm, grupo paramilitar ultradereitista xurdido tras 1918 que non se adicaba a dar conferencias precisamente. Camisa vella das SA, asociado da Liga de Profesores Nacionasocialistas e membro do Partido Nazi. Por suposto o proceso de desnazificación pouco significou para el, xa que foi profesor de Prehistoria e Historia Antiga na Universidade de Kiel dende 1947 até a súa morte.
Este nazi botou da institución a Gerhard Bersu, o director até 1934, quen acadara converter a entidade nun referente internacional. Coa chegada destes nazis, exilouse coa súa muller en Gran Bretaña, onde dirixiu escavacións en 1938 e 1939 en Little Woodbury. Cando se desata a guerra é internado como alemán na Illa de Man, onde desenvolve pola súa vez escavacións arqueolóxicas con outros presos. Cando remata a guerra, tralo seu paso pola Royal Irish Academy, Gerhard Bersu retorna a Alemaña.
Publicado por El Ayán o 12.7.12 0 comentarios
Categorías: Teoría arqueolóxica; memoria histórica
11/7/12
Sobre anónimos e lazarillos
Nos comentarios de arqueoneixon acabáronse os anónimos. Quen queira opinar o que lle dea a gaña que dea a cara coma un adulto, grazas.
Publicado por El Ayán o 11.7.12 0 comentarios
Castiltejón, again
Velaquí tedes aos nosos compañeiros Eduardo González e Víctor Bejega socializando os resultados do proxecto arqueolóxico Castiltejón 2011 no marco do Curso de Verano en Cistierna 2012 Historia y Memoria: La España de los años sesenta organizado pola Universidade de León. A visita guiada ao fortín de Arboleya e á posición de Castiltejón é unha das mellores maneiras de explicar o que alí aconteceu en setembro de 1937. Os obxectos e os edificios falan.
http://fgulem.unileon.es/euniversitaria/curso.aspx?id=5
Publicado por El Ayán o 11.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Memoria histórica
A Druidesa
A xente non quere que lle falen de fíbulas, querer ultrapasar os obxectos, o que queren é poñerlle faciana ao pasado. A xente quere que lle falen de persoas.
Así comezaba a súa intervención en Frankfurt Birgit Jaeckel, arqueóloga con doutorado na Universidade de Erlangen-Nürnberg. En 2007 publicou unha novela, A Druidesa, que se convertiu nun best seller e que conlevou a fin da súa carreira académica, como ela mesma comentaba con retranca. A ese libro seguíronlle outros como Der Fluch der Druidin (2009). Estamos falando de obras perfeitamente documentadas, de boa literatura que concilia rigor histórico e boa escrita. Velaí están os resultados. Pouco ten que ver con ese xénero cultivado en España por revisionistas e xente que desbaralla sobre os astures, os druidas na Reconquista ou vai saber ti que. De todo isto falamos nas presentacións de Herdeiros pola Forza e mesmo o tema xurdiu na presentación do libro xuvenil de María Solar As meigas de Lupa (Xerais) hai pouco en Compostela. O peso da Autorictas academicista segue impedindo o desenvolvemento destas achegas suxerentes, divertidas e gozosas. Porque o pasado é un país extrano, pero ninguén dixo que foxe aburrido. As barferencias de Lira e Carnota, no marco do proxecto A Torre dos Mouros van por aí. Se queredes contrastar in situ se é certa esa mistura de rigor-humor-relato non tedes máis que ir alá e mandarvos unha cervexa.
Publicado por El Ayán o 11.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica; memoria histórica
10/7/12
Arqueólogo en Galicia
Coma outros seres humanos, levamos padecendo dende hai moitos anos a Arqueoloxía galega. Neste contexto de crise e pauperización profesional, o que máis medo nos daba era que a situación arrastrase a xente que temos por intelixentes e boas persoas. E os nosos temores, lamentablemente, vanse confirmando cada día que pasa. O que está a acontecer co arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez, é de xente miserable e indecente, moi na liña destrutiva destes bos e xenerosos que velan polos intereses da Arqueoloxía galega, que guindan a pedra e agochan a mano, que destrúen en vez de construír, que non manipulados coma monicreques por outros que gardan a roupa moi ben. Que todo o mundo saiba que a min, alomenos, pero a moita máis xente. esta xentalla con nomes e apelidos non nos representa en absoluto, por moito que pensen que si. É lamentable o cinismo que se agocha detrás de toda esta merda, estrada por xentalla que non sabe o dano persoal e laboral que está xerando, de xeito totalmente gratuíto, seguindo a vella consigna de quítate tú que me pongo yo. Nestes días dáme vergoña ser un arqueólogo galego. Xa non o son. Son un arqueólogo en Galicia.
Fotografía: visita guiada ao castro de Besomaño, na primeira fase de intervención no xacemento. Todo un exemplo modélico de Arqueoloxía Pública e social, dirixido nesta segunda fase polo arqueólogo Rafael Rodríguez, o tipo máis conciliador da arqueoloxía galega, o fulano que prestou máis facilidades para a investigación neste país, o individuo que ten levado o nome deste país a congresos internacionais, a persoa que máis ten feito pola dignificación e aproxección social desta profesión Transparencia informativa, actividades formativas, inserción laboral, colaboración coa comunidade, resultados en tempo real... para que veñan uns mangantes. ignorantes e cínicos a dicir algo así como que o Patrimonio está en perigo neste tipo de proxectos, a calidade do rexistro arqueolóxico, etc., etc... Por favor, un pouquiño de vergonza e de seriedade.
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/07/09/galicia/1341861401_912054.html
Publicado por El Ayán o 10.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Teoría arqueolóxica
9/7/12
Teófilo Caamaño
Verbena popular a rentes do hórreo de Lira (Carnota) organizada pola Asociación A Canle. Noite estrelecida. Un rapaz que estivera no serán na nosa barferencia en casa Louro achégaseme coa Estrella na mao. A súa avoa ía de nena coa avenza á Torre dos Mouros: "Alí só hai pedras" foi a lacónica resposta da muller cando lle preguntaron polo sitio. O neto non é tan escéptico. Entre grolo e grolo a conversa devala cara ao pasado recente e aparece sen querelo a historia de Teófilo Caamaño, figura novelada por Luís Lamela na súa novela Escapado. Este home, republicano e galeguista, vendía tella por esta zona da Costa da Morte. A guerra sorpréndeo nun mercante en Melilla, engrosa as forzas da Lexión e ao cruzaren á península deserta pasándose ao bando republicano. Teófilo loita até a fin, pasa a Franza e e forma parte do maquis na loita contra os ocupantes nazis. É apresado e enviado a Mauthausen, de onde escapa de xeito milagroso, non sen ver mortos antes a familiares seus. Volta á Resistencia e entra acompañando á división Leclerc en París en 1944. Na postguerra volta a España traballando en mil quefaceres e remata os seus días en Segovia, onde coñece ao cantante berciano Amancio Prada, quen recopila historias e cantigas que Teófilo levaba canda si dende os anos mozos en Carnota. O disco De mar e terra. Coplas de tradición oral (1999) recolle a memoria deste personaxe.
En Lira, en 1936 Castelao leva a cabo un mítin a prol da causa autonomista. Nese mesmo local un monumento recorda o acontecemento. Despiis chegaría o tempo do terror, os esapados ao monte Pindo e os campos de concentración nas rías de Arousa, Muros e Noia.
Publicado por El Ayán o 9.7.12 0 comentarios
Categorías: Teoría arqueolóxica; memoria histórica
5/7/12
Barferencia en Lira
Este sábado ás 20:00 horas no bar Louro de Lira (Carnota) impartiremos a primeira barferencia organizada polo equipo técnico do proxecto A Torre dos Mouros. Neste caso somos Rafael Rodríguez, arqueólogo da Deputación de Pontevedra e Xurxo Ayán os que tentaremos desmontar ideas coma o atraso da xente dos castros ou o seu carácter periférico e fisterrá (no mal sentido isto último), centrado a nosa atención nos intercambios comerciais cos navegantes mediterráneos. Alí vos agardamos, cunha Estrella na mao.
http://torredosmouros.net/index.php/2012/07/03/navegantes-prehistoricos-fenicios-nas-costas-galegas/
Publicado por El Ayán o 5.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Cultura material
Arqueoloxía Agraria
Hai xa algúns anos puidemos comprobar in situ o excelente traballo de investigación en Arqueoloxía da Paisaxe desenvolto por Margarita Fernández Mier nas terras asturianas de Vigaña. Daquela experiencia xurde agora un proxecto interdisciplinar en Arqueoloxía Agraria no que colaboran a Universidade de León, a Universidade Complutense e o Instituto de Arqueoloxía do University College de Londres. Este proxecto é irmán de Neixón e Torre dos Mouros, e os seus responsables cren e pratican unha verdadeira Arqueoloxía en comunidade.
Toda a información en tempo real en
http://arqueologiaagraria.wordpress.com/
Publicado por El Ayán o 5.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Arquitecturas, Etnoarqueoloxía, Paisaxe, Teoría arqueolóxica; memoria histórica
4/7/12
Habemus Codex
Grandioso. Ánxel Fole ou Álvaro Cunqueiro tiñan que estar vivos para comentar a reaparición do Códice Calixtino. Temos un personaxe que podía camiñar perfeitamente polas páxinas de Terra Brava ou Xente de aquí e de acolá. Segundo El País:
Publicado por El Ayán o 4.7.12 1 comentarios
Categorías: Cultura material, Teoría arqueolóxica
2/7/12
Do obradoiro ó corpo
O Instituto de Ciencias do Patrimonio, da man do noso compañeiro Xosé Lois Armada, organiza esta reunión científica na que participamos coa comunicación: Fundir en tiempos revueltos: actividade metalúrxica da 1ª Idade do Ferro no Castro Pequeno de Neixón (Boiro, A Coruña).
O programa en http://digital.csic.es/handle/10261/51493
Publicado por El Ayán o 2.7.12 0 comentarios
Categorías: Arqueoloxía e sociedade, Cultura material, Teoría arqueolóxica