5/9/08

Fin de campaña

Tras dar remate á campaña Neixón 2008, marchamos dúas semanas de vacacións (aspecto este último que non creo que lle importe a ninguén). Como colofón vén de saír do prelo a segunda monografía sobre os castros de Neixón na noiesa editorial Toxosoutos, unha nova contribución na que participan 16 investigadores de diferentes procedencias e disciplinas. Nas vindeiras semanas presentarase o libro en Boiro e en Compostela, actos aos que estades, dende logo, máis que convidados. Xa vos informaremos das datas e lugar de celebración.
Unha aperta.

Ficha técnica:
Xurxo M. Ayán Vila (coord.): Os Castros de Neixón (Boiro, A Coruña) II: de espazo natural a paisaxe cultural. Serrie Keltia, 40. Noia: Toxosoutos, 470 páxs.

Ya en tu quiosco!!!

1/9/08

Barraca nº 5 islote a


Unha nota manuscrita conservada por unha familia de Muros. Un ex-combatente republicano galego deixa constancia da súa condición de asilado político para a posteridade... no arquivo familiar. Todo un exemplo da estrana relación entre memoria, esquencemento, dignidade e represión.

Campos de concentración que estube en Francia Barcares sur mer Barraca nº 5 islote a.
y en San Ciprian y en argeles. despues fui a trabajar militarisado a san medar en gallas gironde al lado de burdeos y de ahí me fui para Santo Domingo america soy asilado político desde el año 39 asta la fecha.
Ramon Vazquez.

Los girasoles ciegos

O traballo de recuperación da memoria histórica coordenado nesta campaña 2008 por Pedro Fermín Maguire deu resultados espectaculares como a fotografía que reproducimos, do arquivo familiar de Manuel Lustres (Benivás, Cespón). No reverso podemos ler: La Guardia del campo de Rianjo frente al chalé Baltar. Imaxes e historias que contribúen a cambia-la nosa perspectiva dos anos da guerra en Galicia e do universo concentracionario no que se misturaba dignidade humana, ambicións, miserias e brutalidade.

Mar e terra

No interior destas foxas documentamos restos do revestimento interno de arxila, carbóns, cerámica púnica, anacos de ferro, cerámica da 2ª Idade do Ferro coa súa típica decoración estampillada e, nalgún caso, coma o da fotografía, un depósito de cunchas con restos óseos e madeira carbonizada. Todo isto lévanos a pensar nun primeiro uso como silo e nunha posterior amortización simbólica de carácter ritual.

Pits field


A campaña 2008 amplía a imaxe fornecida polo recinto superior do Castro Grande de Neixón. Velaí tedes unha das foxas exhumadas este ano, todo un exemplo de manual de estratigrafía arqueolóxica. Estas foxas inzan o interior do recinto e correspóndese co seu primeiro nivel de uso adscribible aos séculos IV-II a. C. (datacións calibradas).