La Fraternal
La Fraternal é un local social do barrio da Estación de Monforte de Lemos. O nome remite ao asociacionismo de preguerra, cun certo toque masónico. A cidade ferroviaria do Cabe converteuse en auténtico baluarte dos movementos obreiros, que tentaban darlle unha volta aos conceptos liberais ilustrados de Liberdade, Igualdade e Fraternidade. Mesmo as Irmandades da Fala viron en Monforte un bo escenario para a súa xuntanza de 1922. Eventos como a inauguración do Colexio ferroviario en 1932 eran auténticas festas populares nun ambiente moi politizado e concienciado. Daqueles tempos queda o nome de La Fraternal. O trauma que veu co golpe de Estado e a represión dende xullo de 1936 axuda a explicar moitas cousas. La Fraternal é hoxe un un clube social decadente e ruínoso, que se negou a acoller o Foro Social de Lemos tras ver o programa dos actos. Toda unha metáfora da creba na cosmovisión dunha parte da poboación desta cidade. Atitudes herdadas do fascismo. En breve, La Fraternal pasará a ser un inmoble máis no inmenso parque temático arqueolóxico da Cidade moderna de Monforte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario