1/12/11

Camiñantes na néboa





Cantaban os Yellow Pixoliñas:
Hoxe hai néboa na explanada,
e a por riba non vexo nada
.

O Foro social de Lemos tivo lugar a pasada fin de semana entre esa mítica néboa que leva a algúns a xustificar a ausencia de iniciativas na capital de Lemos, a atopar unha boa razón para ao inmovilismo e a conformidade da poboación lemava. Semella que só a xente se move para reivindicar o hospital comarcal. Hai outros concellos na envellecida Galicia interior nos que os veciños presionaron para que os fondos europeos se invistisen no erguemento de tanatorios. Isto o que demostra é que esa xente ten moita fe no máis alá, pero ningunha fe no futuro. Curiosamente, para os pobos celtas a néboa era en esencia a porta ao máis alá. Un paseo por Monforte nunha mañanciña de outono, neboenta e fría, dános unha idea da realidade decadente e complexa dunha cidade que pode se estudada coma unha inmensa ruína arqueolóxica. No foro social lemavo analisamos os porques desta realidade, que pouco qten que ver cos números, gráficas e desbaralles cuantitativos dos analistas económicos e os Planos de Desenvolvemento Comarcal como veremos en vindeiros posts.

Fotografías: Monforte, outubro de 2011.

No hay comentarios: