Pena Furada
O proxecto arqueolóxico dirixido por Antón Malde na Pena Furada de Coirós é excepcional por moitos motivos. Cando o sistema cultural galego está desnortado polo recurte nas subvencións, temos aquí un investigador que desenvolve unha intervención as fins de semana coa axuda de entusiastas voluntarios, cidadáns de toda caste e condición. Doutra volta, coa colaboración de Manuel Gago (aos mandos da estratexia de comunicación)acada amosar en tempo real o avance desta limpeza en área dun máis que posible santuario da Idade do Ferro. A Pena Furada é hoxe un espazo revalorizado aberto a todo o país. Toda unha lección de Arqueoloxía Pública comprometida nestes tempos de debacle. Parabéns e grazas polo agarimo e interés co que recibides as visitas.
http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2011/10/16/libro-de-visitas-de-pena-furada-xurxo-ayan/
Imaxe tomada de capítulo 0
5 comentarios:
idade do ferro?
o santuario (?) ten restos arqueolóxicos da era romana. Non hai máis
A iniciativa é boa. Pero hai unha pregunta: e logo que? Que se fará alí? Existe algunha posibilidade de "reconstruir" o achado? Pode haber un lugar de estudo e comprensión do que alí había?
Pues no estoy de acuerdocon tanta "loubanza" fuera de la realidad. La Arqueología cuando es social y solidaria de verdad tiene que ser responsable y ese arqueólogo gastó importantes sumas de dinero público sin dar cuenta de los resultados: Castro das Travesas, Castelo de Fontán...
Algunos seguimos esperando. Mucho falso apostol es lo que hay..
A min como se escava a Pena Furada El Dioni ou John Balan; na miña opinión é un traballo ben feito, honesto e de calidade humana e científica. Mentres algúns seguen agardando,hai xente que traballa, incluso voluntariamente. E tes razón, hai moito falso apóstolo, disfrazado de anónimo. Menos predicar e máis dar pan trigo.
Grazas Xurxo! Nemigo ven un día a ver o xacimento, ainda que rematemos este fin de semana podo atender visitas. Ao anónimo creo velo a cotío pola rúa cando se traslada desde o chalé de Oleiros.
Graciñas polas aportacións. Afortunadamente son dos que gusta ver os lugares por un mesmo. Sorprende dar unha volta polo agro e "atopar" as pegadas do noso pasado. Isa lembranza debe ser algo íntimo e persoal, na miña opinión. Unha especie de homenaxe aos nosos devanceiros. Nesas viaxes un pode sentirse abafado vendo o desprezo que temos co noso. Estradas preto de castros, hitos xeográficos nos muros dos castros (castro das travesas) ou como pasa na pena furada: facer un camiño rompendo rochas como quen vai por castilla
Saúdos e pra diante!
Publicar un comentario