O vello cartafol
E ti que vas ser de maior?
Arqueólogo, dixo el. Talvez. Lera un tratado e atraérao, máis que o propósito mesmo de atopar algo, o método. Era un traballo silencioso. Ese preámbulo de cuadricular un espazo e facer a escavación. Era un método que servía para todo tempo. Non só para as ruínas do pasado.Manuel Rivas, Os libros arden mal
En 1985 decidín ser arqueólogo de maior. Entusiasmado, reutilicei dúas esquencidas papeletas laranxas para votar aos candidatos a senadores nas eleccións xerais. Nunha delas, no reverso, debuxei o mapa da Hispania romana coas súas provincias, co limes da Gallaecia nun amarelo rechamante, mentres que a outra folla rematou pegada con celofán na porta do meu cuarto cunha mensaxe que condensaba toda unha ilusión infantil: Laboratorio de Arqueoloxía. Esta imaxinaria institución trouxo como resultado dúas caixas con cerámicas recollidas en superficie en diversos xacementos do NW e un cartafol con recurtes de prensa das intervencións arqueolóxicas que se desenvoltaban na Galicia de 1987-1989. Eu facía as fotocopias das novas arqueolóxicas dos xornais na Biblioteca Pública de Pontevedra. Non deixei de pensar nisto estes días ao ver as reportaxes de prensa sobre a tese que vimos de defender na USC.Como hai 23 anos, recurtei esas noticias e gardeinas no vello cartafol onde repousa un soño de neno feito realidade.
http://www.elmundo.es/elmundo/2012/02/01/galicia/1328109964.html
http://ccaa.elpais.com/ccaa/2012/01/31/galicia/1328042715_581971.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ocioycultura/2012/02/01/tesis-rompe-topicos-castrenos/0003_201202G1P38993.htm
1 comentario:
podías facer un post resumindo o mellor da túa tese, así de gratis para a audiencia. O que destacarías en poucas palabras
Publicar un comentario