22/2/12

Historietas


Cando estaba na escola entusiasmeime con tres coleccións de cómic: as aventuras de Eric Castel, un xogador de fútbol nun clube trasunto do Barça; a Historia de España en cómic da editorial Genil e A Historia de aquí de Forges. A banda deseñada mesmo influiu na futura vocación arqueolóxica de quen isto escribe. Moito tempo despois din cun artigo xa clásico de dous profesores de Prehistoria da Universidade Complutense, Gonzalo Ruiz Zapatero e Jesús Álvarez-Sanchís, sobre a Prehistoria no cómic:

http://es.scribd.com/doc/43679486/Ruiz-Zapatero-gonzalo-Heroes-de-piedra-en-papel-La-prehistoria-en-el-comic

Destas referencias veume a querencia polo reflexo do mundo dos castros no cómic, tema que abordei nun capítulo específico da miña tese de doutoramento. A xente do portal culturagalega.org do Consello da Cultura Galega tivo a ben facer unha reportaxe sobre esta investigación. Excelente traballo dun amante dos cómics, Germám Hermida. Grazas de novo a estes profesionais de culturagalega.org que me abriron as portas do arquivo de banda deseñada do CCG no seu día. Aquí tendes o link da reportaxe

http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=20466

1 comentario:

soneira land dijo...

o dos comics e a historia... lembrome cando caixa galicia e o bbv fixeran uns comics ca historia de galicia e as surcusais de aqui foron case asaltadas para conseguir exemplares para autoconsumo e para mandarlles os de "fora" os cais os valoraban tanto que incluso llos pedian a algun familiar
e as discusions de cal das duas publicacions era millor tipo defensa de dous pensadores ou filosofos

http://www.tebeosfera.com/obras/publicaciones/historia_de_galicia_breve_xdg_1984.html