30/3/11

El tío de la bota




As factorías comerciais portuguesas, británicas, alemás e holandesas asentadas nas illas e na costa do golfo de Guinea serviron de plataforma para a introdución masiva de bebidas alcoólicas na poboación autóctona. Nun comezo os spirits cadraban moi ben nestas sociedades tribais nas que o banquete e o consumo ritualizado de alcol xogaban un papel importante como mecanismo de integración e reprodución social. Algo semellante debeu acontecer en Galicia na época dos castros, como así nolo amosa a Arqueoloxía. Aparte da cervexa tradicional castrexa, os xefes (ou todos os habitantes, non sabemos) dos poboados fortificados das rías Baixas comezaron a recibir o impacto dos produtos mediterráneos, entre eles o viño. Pouco antes da conquista romana, os circuítos comerciais da ruta do estaño, estaban controlados por mercaderes do sur peninsular, descendentes dos púnicos. Non esquenzamos que a famosa campaña de Xulio César, quen chegou até Brigantium, fóra financiada pola elite comercial de Gadir.
Desa época atopamos nos castros do litoral cantidades inxentes de ánforas procedentes da actual Andalucía, contedores cerámicos nos que se transportaba de xeito industrial viño do malo, auténtica purrela rexeitada pola dieta mediterránea e que trunfaba entre os nosos antergos. Este fenómeno don Simón do cambio de era podería vencellarse coa suposta conquista pacífica dunha Galicia castrexa embebida nun botellón permanente que inhabilitaría calquer tentativa de resistencia. Nas primeiras vías romanas os lexionarios de tráfico debían de facer o agosto con estes castrexos alcolizados. Sexa como for, o que semella claro é que o alcolismo é unha ferramenta máis empregada polo imperialismo e mailo colonialismo, en todo tempo e lugar.
No noso traballo arqueolóxico na illa de Corisco en Guinea ecuatorial, puidemos constatar arqueoloxicamente este proceso que combina comercio, alcol e desestruturación social. Na escavación dunha aldea abandonada benga na época do ditador Macías (1969-1979) e fundada a fins do século XIX, rexistramos unha secuencia bastante clara: nunha primeira fase o que prima é o consumo de cultura material de boa calidade, dende porcelana chinesa, francesa e británica, pasando por pipas de caolín e botellas de xenebra de coñecidas casas de Hamburgo e Liverpool, é dicir, das cidades-sés de empresas multinacionais que tiñan factorías nas illas de Elobey Grande, Elobey Chico e Corisco.
Os verquedoiros de fins do XIX e comezos do XX están inzados destas botellas de vidro tan vencelladas ao colonialismo africano. Todo o mundo recorda a pelexa entre Humphrey Bogart e Katharine Hepburn na Raíña de África, cando a muller bota pola borda o cargamento de xenebra do tío máis duro da historia do cinema. A xenebra foi un clásico estendido polos británicos, debido á suposta indicación da tónica e a xenebra como defensa contra a malaria, grazas á quinina. Nesa época, as crónicas españolas, escritas por exploradores peculiares como Iradier e por misioneiros tradicionalistas coma os claretianos, falan precisamente do gusto local polas bebidas alcólicas, nomeadamente a augardente e a xenebra.
A segunda fase detectada nas nosas sondaxes arqueolóxicas supón unha pauperización do consumo e unha certa cerrazón ao comercio internacional; a porcelana é substituída polo latón, e a xenebra praticamente desaparece. O que atopamos é un masivo consumo de viño e de cervexa. Este é o patrón de consumo que se constata hoxendía en Corisco e boa parte de Guinea ecuatorial: baseado na tríada cervexa San Miguel, viño El tío de la bota e brandy Tres Cepas. O sábado e o domingo pola tarde no país ten lugar o que se coñece como “o ambiente”. O ambiente coincidía coas charlas que dabamos cada fin de semana á poboación local explicando o avance das escavacións, os achados máis salientables, etc... O ambiente pode resumirse nesa casposa frase de “Corisco entera se va de borrachera”. Unha mistura de prostitución, inxesta masiva de alcol, festa rachada, pelexas entre militares e autóctonos... nada novo para un galego fetén, como diría O’Rivas. A realidade de fondo é que o alcolismo é un problema estrutural, unha herdanza chantada dende a época colonial.
Un empresario rioxano que traballa para unha construtora marroquina en Malabo forneceunos un dato que resume perfectamente a situación: de 200 homes que ten ao seu cargo, todos conductores de camións, nos controis de alcolemia que se fan de cando en cando o 70 % dan un nivel de 3.80 (tres punto oitenta) de g de alcol en sangue. E conducen: só morreu un en cinco anos. O viño El tío de la bota é auténtico veleno exportado dende Murcia en formato tetrabrik. Como decoración, o cartón presenta unha banda con debuxos do procesado do viño e un discurso que fala das bondades da dieta mediterránea. A paisanaxe guineana emprega con moita retranca este nome de dieta mediterránea para referirse a esta bebida, Patrimonio da Humanidade, din. Xa vos podedes maxinar o que acontece coa dieta mediterránea se a misturas despois ou entrementres con brandy Tres Cepas. A gama máis alta dun viño en Guinea ecuatorial é o chamado viño dos ministros: Rioxa Paternina banda azul, en botella de vidro. Como señores.
O Exército é un grande consumidor de El tío de la bota, coma os lexionarios romanos encargados de defender o limes, borrachos acérrimos… e armados. Esta relación milicia-viño quedáranos moi clara estudando arqueoloxicamente unha posición italiana na fronteira de Etiopía con Sudán; en superficie non atopamos un só casquillo de bala, pero si unha morea de botellas de viño. Os Guardi di Frontiera non dispararon un só tiro cando entraron os belgas e os británicos en 1941, en plena 2ª Guerra Mundial, pero iso si, deberon de coller unha melopea histórica. Eu creo que o consumo de El tío de la bota (ou beberaxes semellantes) ten algo que ver coa personalidade psicopática deses ditadores apuntados ás arengas demenciais e á escritura de libros-Verdade, do estilo de Gadafi co seu marabilloso “Libro verde” ou o libro de Obiang “Mi vida por mi pueblo”. Detrás deses parágrafos excelsos ten que haber unha droga que deixe á altura do betún a absenta do París bohemio. Nun país no que non existe prensa, como Guinea ecuatorial, nos kioskos non atoparás un só xornal, pero si o libro oficial de Obiang (“el mayor artífice de la mayor revolución cultural ocurrida en la historia de este pequeño gran país”) editado pola Biblioteca Nacional.
Velaquí vai un extracto (páx. 108, 2ª ed.): “El 25 de junio de 1989, fui reelegido con una mayoría que rebasaba el 99 % de los votos emitidos. Es verdad que yo era el único candidato, pues no nos encontrábamos en un régimen de multipartidismo”. In vino veritas. Así escribe o verdadeiro tío de la bota, da bota que pisa, humilla e mutila unha e outra vez á súa xente, ao pobo do seu país, o mesmo país que considera de seu. Como Gadafi ou Berlusconi, verdadeiros valedores da dieta mediterránea.

Publicado orixinariamente en Galicia Confidencial.

Fotografías: botellas de xenebra recuperadas nunha sondaxe no verquedoiro dun poboado benga abandonado na illa de Corisco, Guinea Ecuatorial. Campaña arqueolóxica de 2011.

29/3/11

A negritude



Iradier deixou para a posteridade unha serie de consideracións antropolóxicas sobre a poboación local de Corisco moi na liña da súa época. Aquí vai unha seleción das mellores:

La circulación de la sangre se verifica en los bengas con más lentitud que en los europeos.

El africano apenas tiene mucosidades en las narices; rara vez expectora; la tos es casi desconocida; escupe poco y siempre empujando la saliva por uno de los ángulos de la boca; silba poco y mal; inclina los objetos cuando piensa mirarlos con atención; sube la escaleras de costado; permanece en cuclillas con más comodidad que sentado; no pasea nunca por placer; amigo del canto y del baile es un hablador sempiterno que posee el lenguaje de la acción y de la mímica con una soltura tal que envididiarían a muchos de nuestros oradores.

Poco acostumbrados a meditar, ignorando casi el arte de sustraerse a la influencia de los agentes que nos rodean, presta extraordinaria atención a los objetos exteriores, pues la necesidad de huir de peligros le ha enseñado a actuar en esta forma. El europeo se distrae con frecuencia; mira y no ve. El negro no se distrae nunca; siempre ve.

Para dejarse comprender es necesario hablarle como al niño; a los sentidos y nada más que a los sentidos.

Modificar las tendencias orgánicas de una raza es empresa que requiere quizá un tiempo superior al que la ley ha prescrito como necesario para su extinción. Así, la tribu africana que es rebelde al trabajo no se hace trabajadora por la influencia del comercio y de la indusria; se hace ladrona.

De todas las facultades intelectuales, la memoria es la que tiene el negro más desarrollada.

Neste último aserto cómpre darlle a razón a Iradier: a memoria da época colonial aínda está moi presente nos ex-colonizados. Con razón. O explorador vasco esboza unha visión da negritude que terá éxito nas seguintes décadas. Aconsellamos a leitura a este respecto de

Javier Bandrés y Rafael Llavona. 2010.: Psicología y Colonialismo en España (I): la inteligencia del negro guineano. Psychologia Latina, I(2): 144-53.
http://www.ucm.es/info/psyhisp/es/2/art11.pdf

28/3/11

Don Quixote



Manuel Iradier foi un explorador e inventor vasco que dende neno soñara con emular ao seu admirado Stanley, a que coñeceu en Vitoria sendo adolescente. A súas dúas viaxes exploratorias ao Muni foron recollidas rimbombantemente en África:viajes y trabajos de la Asociación Eúskara La Exploradora; reconocimiento de la zona ecuatorial de África en las costas de occidente; sus montañas, sus ríos, sus habitantes, clima, producciones y porvenir de estos países tropicales, posesiones españolas del Golfo de Guinea; adquisición para España de la nueva Provincia del Muni; primer viaje: exploración del país del Muni, 1875 - 1877; secundo viaje: adquisición del país del Muni.
A súa xeira patrioteira, mitificada até o extremo, conlevou o nacemento e morte da súa filla en terras de Guinea, e unha xeira realmente quixotesca. Iradier morrería esquencido en 1911. Convidámosvos a ler este paragrafo da súa obra, que non ten desperdicio para comprender o patético papel de España no reparto de África, nun intre no que Francia e Alemaña colonizaban de facto Camerún e Gabon:

Sin descansar, me dirigía a verme con el presidente de la Sociedad [Geográfica] pero supe que estaba en Berlín en el Congreso Geográfico y Colonial. Acto continuo fui a ver al presidente de exploraciones y tampoco pude verlo porque hacía dos o tres días había salido a una excursión. No estando los representantes de la Sociedad, tomé el tren expreso de la noche y me fui a abrazar a mi familia a Tardienta, pequeña aldea de la provincia de Huesca en donde el alcalde, el cura, el secretario y varios vecinos me despidiieron con un banquete "testimonio de gratitutd que da este rincón de Aragón al hombre que ha conquistado para España tierra de moros" según me expresó la primera autoridad del pueblo.
No olvidaré nunca a los nobles aragoneses de Tardienta. Ellos, sin conocerme, sin noción del valor de la empresa que en nombre de la Sociedad de Africanistas había realizado en África vislumbraron que algo como patriotisnmo entraba por mucho en el hecho; comprendieron que se trataba de un beneficio a la patria y no pensaron en si este beneficio era grande o chico. Allí, en los escaños de una lóbrega cocina, alumbrados por el oscilante calndil, entre el chisporroteo de la leña y el chirrido del tradicional asador, se dio el primer grito de: ¡Viva el Muni por España!


Fotografía: banco con azulexos que recollen escenas de Don Quijote de la Mancha, en Malabo (Guinea Ecuatorial).

25/3/11

NOSOPAI


Esta visión grandilocuente da toma de posesión formaría parte da versión oficial. O Instituto de Estudios Africanos do CSIC publicaría en 1948 a todo trapo unha reedición de El Brigadier conde de Argelejo y su expedición militar a Fernando Poo en 1778 de Manuel Cencillo de Pineda. O que pasou realmente pouco tivo que ver coa gloriosa historia nacional. A expedición de que fai mención a placa conmemorativa saíra de Montevideo con 247 expedicionarios: unicamente voltaron con vida 26. O heroico conde de Argelejo seica morreu camiño da illa de Annobón onde ían tomar nova posesión. A versión oficial di que o tivo que facer o gobernador provisorio Primo de Rivera. Non puido pola resistencia da poboación local.
Na Gaceta de Guinea Ecuatorial (nº 147, xaneiro de 2010) un artigo do erudito Nánãy-Menemôl LÊDJAM permite coñecer a visión local dos feitos, isto é, a verdade dos colonizados:
El único ilustre personaje español del que el annobonés asume su muerte con orgullo histórico, es el Brigadier de los Reales Ejércitos y teniente Coronel del Regimiento de Sevilla, don Felipe Santos Toro, el VII Conde de Argelejo, en el año 1778. Este Conde de Argelejo que pasó a la historia annobonesa con el nombre de NOSOPAI “nuestro padre”, en fá d’ambô antiguo. Es decir, en el momento de traspaso, en cumplimiento del Tratado de El Pardo, durante la ceremonia, el representante luso, Frey Luís Cayetano de Castro dijo a los nativos que desde aquel entonces, el Brigadier que había ido a representar a España, pasaba a ser padre de los ambô; ésta fue una de las razones que encendió la ira de los únicos y legítimos dueños de la isla de Annobón; por cuanto que les habían comparado como unos niños indefensos e incapacitados para dirigir sus propios destinos, a pesar de tantos tiempos que llevaban sin la presencia lusa y que muy bien se dirigían. Aunque los oficiales de la Expedición de la armada española encabezada por Primo de Rivera, tras la muerte del conde de Argelejo, manipularían el informe de la Crónica Oficial para encubrir la vergüenza histórica, alegando que el conde de Argelejo perdió la vida por causa de malaria en alta mar.

Posesión


Propoñémosvos en arqueoneixon unha viaxe ao Golfo de Guinea. Moita xente se pregunta por que se fala castelán nese curruncho de África. A historia colonial deste pequeno país é bastante descoñecida. As illas desa zona do continente negro recibiron aos navegantes portugueses no seu camiño cara ás Indias: Fernando Poo, São Tomé e Príncipe, Cabo Verde, Corisco, Annobón foron re-batizadas por estes descubridores que deseguida chantaron fortíns nos arquipélagos e na liña de costa do continente, como lanzadeiras da actividade comercial coas comunidades da selva. O convulso século XVII, coas loitas de Portugal pola súa independencia de España, serviron de contexto propicio para que outras potencias europeas se abrisen camiño na zona, nomeadamente británicos e holandeses. Mais a chegada de España se produce en 1778, grazas a un intercambio territorial con Portugal. Maxinádevos o contexto: España cun enorme Imperio en América pouco caso lle faría a uns illotes perdidos ao carón dun continente descoñecido. Trala perda de América, a situación trocaría de xeito radical, e esas illas pasarían paseniñamente a formar parte do imaxinario colonial dun Estado ao que só lle quedaba Cuba, Puerto, Rico e Filipinas. Nesta época comeza a asentarse a historiografía romántica nacionalista española, dando lugar a recreacións pictóricas da Historia de España con maiúsculas que chegaban aos manuais escolares, as revistas e os libros. A toma de posesión de novas terras para a Coroa é un fito centos de veces recreado: quen non recorda algún cadro da chegada de Colón a América? Do mesmo xeito, a Marina española procura reverdecer vellos loureiros e velaí temos o exemplo do galego Méndez Núñez, prócer militar da Patria vencedor no Pacífico nun conflicto lonxano e decoñecido. Mérito que abondou para erguer estatutas e conservar parte do seu buque dentro do Museo de Pontevedra. Nesta época ten lugar a conformación de todo este enfoque patrioteiro, materializado arqueoloxicamente tamén en Guinea Ecuatorial. Na fotografía tedes un obelisco supervivinte, chantado na época colonial ao carón da estrada de Malabo a Luba, fronte ao Oceáno Atlántico. Sobreviviu ao antiespañolismo do rexime de Macías (1969-1979). Na placa conmemorativa podemos ler o seguinte texto:
El 24 de octubre de 1778 el Brigadier don Felipe de los Santos Toro, conde de Argelejo, con las fuerzas de su mando transportadas en las fragatas "Santa Catalina" y "Nuestra Señora de la Soledad", tomó posesión en este mismo lugar en nombre de España y de su rey Carlos III de esta isla de Fernando Poo y demás territorios cedidos por Portugal en el tratado de El Pardo de 11 de marzo de 1778, haciendo la entrega en nombre de la reina fidelísima María I, su comisario Frey Luis Cayetano de Castro Capitán de Mar y Guerra y Comandante de la fragata lusitana "Nuestra Señora de Gracia".
Loor al conde de Argelejo, Adelantado de España en Guinea y a los Jefes y oficiales, soldados y marinos que desempeñaron la comisión.

23/3/11

Arqueoloxía Pública


O Museu d'Història de Catalunya acolle o VIIIè Seminari d'Arquelogia ensenyament. Creant xarxes del passat al futur: patrimoni històric i societat civil, durante os días 31 de marzo, 1 e 2 de abril de 2011. As sesións pretenden reunir a profesionais procedentes do campo da investigación histórica e arqueolóxica, da administración pública, da xestión cultural e do asociacionismo cidadá para poñer en común experiencias e reflexións en proxectos de participación da sociedade civil. Neste foro Martina González (LAPA, CSIC), Rafael Mª Rodríguez (Deputación de Pontevedra) e Xurxo Ayán (LAPA, CSIC) fomos convidados a impartir a ponencia:
Más allá de la Arqueología Pública: arqueología, democracia y comunidad en el yacimiento multivocal de A Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra). Neste traballo facemos un balance crítico da relación sociedade-Arqueoloxía-público en Galicia nos últimos 40 anos e reivindicamos un enfoque que xa foi aplicado por nós en Castrolandín (2000-), Neixón (2003-2008) e A Lanzada (2010). En breve poremos á vosa disposición o artigo das actas do congreso.

http://www.mhcat.net/inici2/activitats_culturals/activitats_culturals_al_museu/2011/arqueologia_ensenyament_triptic

Mi primaveras máis ou centos de museos máis?


Quen queira coñecer a evolución da relación Política-Patrimonio-Arqueoloxía en Galicia pode facer un percorrido polas novas de prensa protagonizadas polo dolmen de Dombate dende 1985 até a actualidade. Todo un camiño que culmina na recente inauguración do centro arqueolóxico do dolmen de Dombate. Nos últimos días, casualmente, os medios de comunicación ínzanse de notas de prensa verquidas polas Administracións e que dan a coñecer a apertura, inauguración, reinauguración e redefinición de infraestruturas vencelladas co Patrimonio arqueolóxico: o parque arqueolóxico da Cultura castrexa en San Cibrán de Lás (Xunta de Galicia), o futuro do castro de Baroña (?), a apertura do dolmen de Dombate, os novos castros BIC, a desfeita da ampliación do Centro Arqueolóxico de Neixón... Doutra volta, a prensa fíxose eco dun dato senlleiro: Galicia conta con máis dun cento de museos. Unha realidade interesante na que reflexionar a poucas semanas das eleccións municipais.