Hoxe, herdeiros pola forza
Como os carballos e castiñeiros, o libelo Herdeiros pola forza ten tres partes: cerna, sámago e cortiza. A cerna é unha retranqueira crítica historiográfica dos modelos de xestión do patrimonio cultural que se sucederon desde o século XIX. O sámago é unha denuncia expresa da situación actual, na que unha elite de burócratas, técnicos, académicos e intelectuais marxina as comunidades locais e a cidadanía en xeral na xestión de bens patrimoniais públicos. Finalmente a cortiza é unha alegación esperanzada a prol da participación activa da sociedade civil non só no goce do inmenso referente identitario que é o noso patrimonio cultural, senón tamén no proceso de construción social do coñecemento sobre o noso pasado. Porque parafraseando a Stéphane Hessel: Herdar é preservar, preservar é resistir.
Vémonos hoxe ás 20:30 no Colexio dos Irlandeses de Compostela.
Fotografía de Soledad Felloza. Os autores tras da porta do Colexio dos Irlandeses.
1 comentario:
Muy grande altamente recomendable
Publicar un comentario