Arquitectura totalitaria
A arquitectura totalitaria identifícase sen dificultade. Non importa o dogma, a Fe que se siga, o líder ao que se venere, a natureza das masas congregadas nos espazos de culto. Este recinto sacro de Braga, erguido por un lunático no XIX e ampliado por outro lunático no salazarismo, é un bo exemplo. Podería ser un recinto estalinista, a xeito de Praza Roxa, coas súas escadas, as grandes áreas abertas, as estatuas coa estrela soviética, a fotografía do Papa (polaco) en vez de Papá Stalin. O monte do Bom Jesus axuda a comprender moitas cousas sobre Portugal, axuda a comprender porque cando se rescatan mariñeiros no mar, a poboación non agradece aos servizos do Exército, lanchas e helicópteros... senón á Virxe de Fátima.,como aconteceu estes días. Cómpre rescatar Portugal.
1 comentario:
A min a arquitectura máis totalitaria paréceme a dos centros comerciais; iso si que é culto a falsos ídolos. Prefiro una estrela vermella ou un retrato de Stalin ao logo do Corte Inglés, que oculta crímenes moito piores detrás dunha apariencia de felicidade e satisfacción.
Publicar un comentario