9/12/10

Matanza







Cantos mastastes? Tres marraos. Casa grande, logo. Estes dous días ésta é a conversa repetida na cidade, amosando a pervivencia na Galicia do século XXI de esquemas mentais dunha sociedade labrega premoderna. Non sei que opinará a Conselleiro de Cultura coas súas ágoras da Modernidade e todo iso, pero o cambio deste país pódese ver moito mellor na evolución da matanza nos últimos dez anos cá no futuro Museo de Historia de Galicia da Cidade da Cultura. Para os arqueólogos e etnógrafos a matanza permite ver moi ben como cambia a tecnoloxía e as cadeas técnico-operativas. Por unha banda procúrase o adianto tecnolóxico, o moderno. Os ferreiros de vello están inmersos nunha guerra constante de innovación: grellas metálicas para deitar o marrao, sarillos de aluminio sutituíndo aos tradicionais paus de salqgueiro ou amieiro, elevadores con mando a distancia, bombonas tuneadas con sopletes que semellan do exército alemán na fronte do Leste... E, por outra banda, a Tradición, o ritual, o coitelo de toda a vida, a familia, a estrutura de parentesco. Se se mata en día laborable iso dá igual, iso si que son asuntos propios.

2 comentarios:

paiolo man dijo...

inda vos vos an de arrestar os do SePRONA por lavar as tripas no rio , non vedes que vos non tedes os privilexios e dreitos de pernada coma as empresas electricas ???.

Breogán dijo...

Non hai que esquencer a "bañeira" de aceiro con termómetro e elevadores para escaldar o porco.
Estas cousas sí que che teñen que ver co "último grito" e non as que se amosan na pasarela Cibeles...
Unha aperta