18/10/10

10 Anos recuperando memoria



O 23 de outubro cúmprense dez anos dende a primeira exhumación con métodos científicos dunha foxa común con vítimas da represión franquista en España. Un concerto-homenaxe e unhas xornadas nas que participarán xuíces, avogados, antropólogos, cantantes e familiares, conmemorarán este décimo aniversario da apertura da foxa de Priaranza del Bierzo, realizada o 23 de outubro de 2000.
Ese ano foron recuperados os restos de trece civís republicanos, asasinados o 16 de outubro de 1936 na localidade berciana, unha exhumación da que xurdiu a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), que a partir dese intre iniciou un movemento social de procura de desaparecidos.
Para conmemorar esa data, a ARMH ten preparadas unhas xornadas e un concerto homenaxe que servirá para reflexionar acerca do acontecido nestes anos, falar do que está por vir e agradecer o labor de centos de persoas que ten permitido, segundo indicaron fontes da Asociación, que muchas familias hayan encontrado una reparación que no han recibido de las instituciones.

As xornadas arrincarán en Ponferrada o sábado 23 de outubro co debate Diez años de la Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica, no que participarán Santiago Macías da ARMH e mailo catedrático de Ciencias Políticas e Sociais, Universitat Pompeu Fabra, Vicenç Navarro.

Ademáis, celebraráse a mesa redonda De la memoria a la justicia, na que intervirán o maxistrado emérito do Tribunal Supremo José Antonio Martín Pallín; o maxistrado da Audiencia Nacional Ramón Sáez Valcárcel, e a avogada da causa arxentina contra o franquismo Ana Messuti.
Pola tarde, en Memoria, debate y movimiento asociativo participarán o antropólogo do Centro de Investigaciones Científicas Francisco Ferrándiz; o antropólogo da Universidad Pablo Olavide Ángel del Río; Guillermo Fouce, de Psicólogos Sin Fronteras, e Pablo Sánchez León, historiador da Universidade do País Basco.

O sábado 23 de outubro terá lugar o concerto ARMH, Diez años recuperando memoria
Concierto- homenaje
. A partir das 20.00 horas no Teatro Bérgidum de Ponferrada.

Se trata de un homenaje a los desaparecidos y desaparecidas, a sus familias y a todos los voluntarios que con su trabajo han ayudado a proporcionar algo de justicia a las víctimas de violaciones de los derechos humanos de la dictadura, indicaron as mesmas fontes.

Neste concerto participan e colaboran o escritor Manuel Rivas; os cantautores Pedro Guerra e Uxía Senlle; o cantante Juan Carlos Mestre, último Premio Nacional de Poesía, e familiares de desaparecidos. Alí,proxectaranse os vídeos realizados polos artistas da plataforma Cultura contra a Impunidade, entre outras actividades.
A entrada do concerto costará 15 euros, cos que se sufragarán os gastos de traslado, aloxamento e manutención dos ponentes, participantes e algúns familiares.
O domingo terá lugar un acto conmemorativo na foxa de Priaranza do Bierzo
En domingo, a partir das 11.00 horas, terá lugar a conferencia La fosa de Priaranza del Bierzo na que intervirán os arqueólogos Julio Vidal, Mari Luz González e Lourdes Herrasti así como María Encina Prada, antropóloga física, e Francisco Etxeberría, médico forense.

Contra as 13:00 horas celebraráse a inauguración dunhna placa conmemorativa na foxa de Priaranza del Bierzo en presenza de familiares e integrantes da Asociación, contando coa música de violonchelo de Belén Guerra.

Fonte: http://www.memoriahistorica.org/
http://lasonrisadeloscipreses.wordpress.com/2010/10/05/armh-10-anos-recuperando-memoria/

No hay comentarios: