19/1/10

Funebria centenaria


Galicia calidade. Unha tétrica e honesta folla de servizos. Unha casa ao servizo dos lugueses, ou dos que deixaron xa de ser lugueses en vida. Profesionalidade garantida á hora de tratar coa morte. Seguindo a lóxica do prestixio e do capital por que unha funeraria non vai ser coma outro negocio artesanal? Hai enterros que quedan marcados a lume na memoria colectiva. E de non ser así, a publicidade xa se encargará de recordalo. Memoria histórica.
Fotografía: Casco vello de Lugo

1 comentario:

lorcho dijo...

E para clientes fieis, nicho e medio a prezo de un, descontos na tapa de pino e servicios da Maruxa, a mellor en chorar da bisbarra, "lágrimas reales". A crise, é o que che ten.