27/7/09

Papito


Seica nunhas gravacións, Berlusconi, o Calígula de plástico, presume fachendoso das 30 tumbas fenicias ubicadas debaixo da súa mansión Playboy na illa de Cerdeña, en Villa Certosa. O Patrimonio Arqueolóxico entra en escena e a oposición demanda explicacións no Parlamento. "Aquí embaixo descubrimos trinta tumbas fenicias do 300 a. C." afirma Papi nunha cinta gravada por unha prostituta de luxo. Tumbas fenicias, bidés e cintas de audio. Toda unha película.

Fotografía: ása dun recipiente cerámico púnico atopado dentro dunha foxa do Castro Grande de Neixón (século III a. C.)

No hay comentarios: