23/7/09

Os vikingos

José A. Lasheras, director do Museo de Altamira, comentábanos hoxe o proxecto de cooperación internacional que manteñen coa comunidade indíxena Paî Tavyterâ en Jasuka Venda, por terras guaraníes do Paraguai. Os seus montes sagrados están inzados de gravados rupestres. Estas manifestacións artísticas son vistas aínda a día de hoxe na historiografía e na política como o resultado do intercambio cultural entre vikingos e incas. Nos seus drakkars, baixando polos ríos, os escandinavos ían deixando estas mostras da súa presenza. Esta teoría contextualízase nun discurso eurocéntrico aderezado con retoques filonazis. O triste é que incluso altos representantes do Estado e do Ministerio de Cultura do Paraguai expresan publicamente esta opinión. O mesmo proceso dáse na ría de Arousa, con ese concelleiro de Cultura afirmando que os castros de Neixón eran vikingos ou con alcaldes e xestores de turismo que procuran potenciar unha rota vikinga pola ría de Arousa que retome o casco vikingo de Leiro como atractivo turístico. Será por cornos.

1 comentario:

Sarmiento dijo...

O da miña veciña é mellor que o da miña muller, e se a veciña é unha sueca enton xa non hai color :-)
Será cousa nosa, dun pais subdesenvolvido, ou é común a todos os paises?