25/8/08

Neixón al desnudo


No xornal Certo, mes de agosto www.certo.es

14/8/08

Cacharrólogos

Obradoiro de cerámica castrexa para nenos e nenas na antiga escola unitaria de Cespón, impartido polas nosas compañeiras Yolanda Porto e Martina Veiga do Laboratorio de Arqueoloxía da Paisaxe do IEGPS (CSIC-XuGa). Resulta contraproducente para a Arqueoloxía galega que este tipo de actividades de divulgación sigan sendo excepcionais até o punto de que se convirtan en noticia noticiosa: (http://www.lavozdegalicia.es/barbanza/2008/08/14/0003_7059616.htm)

Festas cesponcenses


Actividades organizadas pola Asociación de veciños Neixón de Cespón para a semana das festas grandes da parroquia. A Arqueoloxía tamén pasa a ser un xogo popular.

Atrévete a chamar


Velaí temos o casco de Leiro ilustrando a guía telefónica da provincia de A Coruña do ano 1977. Nos últimos trinta anos pasamos da súa consideración coma casco celta a outras máis innovadoras coma a que manexan algúns políticos e técnicos de turismo que queren relanza-lo tema vikingo na ría de Arousa utilizando o casco vikingo de Leiro como reclamo.
Vikingo coma ti.

Festa no faiado


Festa no faiado é o título dun conto para nenos de María Victoria Moreno que tivo moito éxito nos anos 80 e foi traducido a varios idiomas. A nosa pescuda na parroquia de Cespón estáse convertindo niso, nunha festa no faiado, onde se gardan (malia dictaduras e represións) auténticas xoias coma esta: o anteproxecto do Estatuto de Autonomía de Galicia do ano 1932, coa portada deseñada por Camilo Díaz, asasinado en 1936.

11/8/08

Arqueoloxía da morte


Cartel sobre charla encol da arquitectura funeraria prehistórica nas terras baixas de Uruguay, ao carón dunha esquela recente en Cespón, no punto de información xuvenil de Nine.

4/8/08

Virxe do Carme


Anos 50. Procesión marítima na honra da Virxe do Carme que rodeaba os Castros de Neixón dende o porto de Vidres até Agüeiros. Seica era orde oficial leva-la bandeira nacional nos barcos e lanchas. Cousas do nacionalcatolicismo. Outra xoia fotográfica da memoria colectiva de Cespón.

Fotografía: arquivo familiar de José España.