30/10/12

A Lucenza do Abade

Despois de cinco anos chegamos á entrada número 1000 neste blogue arqueoneixon. A derradeira. Moitas grazas a todos os que seguistes este proxecto na rede. Seguiremos coas nosas tribulacións nunha nova páxina, xa activa:

www.alucenzadoabade.wordpress.com

Até sempre.

29/10/12

Rachel Ceasar



Como Ruth Matilda Anderson nos anos 20, a antropóloga da universidade de Berkeley (California, U.S.A.) Rachel Ceasar leva todo un ano percorrendo Galicia e España analisando o fenómeno das exhumacións da represión franquista. Ela foi unha peza chave no proxecto arqueolóxico que levamos a cabo recentemente en Castuera (Badaxoz) e Abánades (Guadalaxara). Mañá martes imparte en Compostela unha conferencia cos resultados da súa investigación.



Tipo de evento: Charla de investigación
TítuloNuestros Muertos: La Cosmología de las Exhumaciones en la España Contemporánea
Fecha: Martes 30 de octubre de 2012
Hora: De 16:00 a 18:00
Lugar: Salón de actos, San Roque 2
Idioma: Castellano
Resumen: En un mundo donde el ADN es un objeto y los cuerpos asesinados forman parte del patrimonio, me pregunto, ¿qué nuevas criaturas bio-sociales se están creando vía las exhumaciones? ¿Qué revelan las exhumaciones actuales de la guerra civil y la dictadura acerca de la política y sociedad españolas? Esta presentación exploratoria es la culminación de un año de trabajo de campo de entrevistas, observaciones, excavaciones, y teorías potenciales recopiladas en Galicia así como en otras regiones de España, y Marruecos. Basándome en antropología medica, arqueología del conflicto, y estudios de ciencia, tecnología, y sociedad, me acerco a las exhumaciones como un proceso científico que hace presente otra historia a través de objetos. Estos "objetos" -huesos, artículos personales, ideología política, identidad, religión- se interpretan en el momento de su exposición, en los medios de comunicación, por la ley, en memorias científicas, por los familiares de los muertos, etc. con a menudo riesgos muy personales y políticos. Aunque las exhumaciones tratan de desempaquetar las distintas capas de una reciente historia represiva, yo propongo que las exhumaciones y sus hallazgos residen en una especie de purgatorio, una presencia de "todavía no" que, aún expuesta, existe al margen de la sociedad.

25/10/12

Conferencia



Mañá ás 20:00 do serán no Art Café de A Guarda impartiremos unha charla sobre o papel do castro de Santa Trega na historia da Arqueoloxía galega., nun ciclo de conferencias co que se conmemora o centenario da Sociedade pro-Monte.
Máis información en

http://www.aguarda.es/index.php?option=com_content&task=view&id=1741&Itemid=275

16/10/12

O saxofón



Nas nosas escavacións arqueolóxicas sobre a guerra civil na contorna da localidade alcarreña de Abánades atopamos as evidencias materiais do que alí aconteceu nos días da esquencida batalla do Alto Tajuña desencadeada pola República coa tentativa de contrarrestar o avance franquista cara ao Mediterráneo en marzo-abril de 1938. Entre casquillos, balas, latas de conserva e restos humanos, apareceu unha insignia metálica coa senyera e a palabra Catalunya. Neste Exército do Centro loitaron pola España democrática miles de cataláns, até a rendición final o 1 de abril de 1939, cando a súa terra levaba ocupada por Franco catro meses. Cousas que cómpre non esquencer a día de hoxe.
Un deses mozos que loitou na Alcarria contra o feixismo foi Buenaventura Leris (1913-1996), un barcelonés dotado para a música que destacou no Conservatorio da Cidade Condal. Virtuoso do saxofón pasou a formar parte nos anos 30 de dúas bandas de jazz de recoñecido prestixio, primeiro os Speaker’s Jazz e logo a Llobell. Conductor de profesión e afiliado á UXT ingresa no Exército Popular e marcha á Alcarria coa Brigada Mixta 138, en xuño de 1937. Nestas terras alcarreñas leva puntualmente un diario que foi doado pola súa familia ao Museo Espacios Históricos de Abánades. Este testemuño escrito ten un valor incalculable para coñecer a vida cotiá nas trincheiras e mailo dramatismo da guerra. Tamén está inzado de sentido do humor, como cando relata os partidos de fútbol na retaguarda: cada gol era celebrado pola banda coa música dun pasodoble. Neses anos de guerra o noso saxofonista participaba en recitais e homenaxes en Madrid e Guadalajara, onde sempre trunfaba entre os soldados cataláns o tema “Catalans a l’Alcarria”, no que se establecía un vencello entre a loita contra os Borbóns na batalla de Brihuega (1710) e a loita contra o feixismo na batalla de Guadalajara (1937).
 
A derrota final leva ao noso músico ao campo de concentración de Gárgoles de onde pode saír polo aval dun empresario catalán adicado á comercialización de anís. Este home contrata a Leris como conductor na súa empresa Estrada, onde traballa até xubilarse. A guerra quitáralle moitos amigos e afectáralle á vista e, sobre todo, ao ouvido. Un talentoso saxofonista chamado a marcar época no mundo do jazz español viu crebado o seu futuro para sempre. Un Beetthoven xordo pechado nunha Citröen durante décadas. O seu fillo declarou que a maiores desas desgrazas o pior que lle acontecera a Leri fora a perda definitiva do sentido do humor.
A historia deste saxofonista foi dada a coñecer polo Museo de Abánades, que acolle unha exposición temporal sobre esta víctima da guerra. Entre o material que forma parte da exhibición, destaca esta solicitude que permite maxinar unha banda de música derrotada facendo entrega das súas armas cargadas de bemoles e sostenidos:
Jefe de la 51 División de la FET.
Muy Sr Mío: El día 29 de marzo de 1939 año de la Victoria nos hallábamos todo el cuartel general de la 33 división (roja) en la iglesia de la Esperanza, término municipal de Zañón, provincia de Guadalajara; allí y en ese mismo día y con gran respeto y solemnidad se hizo la entrega de armamento y hombres al Glorioso Ejército Nacional, junto con unos representantes que vinieron para tal efecto.
Al poco tiempo hizo acto de presencia el Sargento de la Banda de la 51 División de FET y se entrevistó con nuestro “ex” Director, dándonos la orden rápida y sin excusas para que entregásemos todos nuestros instrumentos, algún músico temió por la suerte del suyo y se hizo un poco reacio en entregarlo, entonces el Sargento de la Banda citada dijo que no nos quitaban los instrumentos sino que los devolverían, además coincidió todo esto con la llegada por allí del Exmº General Moscardó y se necesitaban nuestros instrumentos para hacerle los honores a tan ilustre militar.
Así que yo Nemesio Leris San Agustín hice entrega de un saxofón Mi bemol marca Beausier nº 3941 que se compró en la casa Giménez de Barcelona, calle San Antonio Abad nº 25 en el día 28 de abril de 1933 según factura que obra en mi poder a nombre de mi padre Don Lucas Leris.
Ahora como dicho instrumento me pertenece legalmente recurro a la justicia y bondad de S. S. me de las oportunas indicaciones para lo que tenga que hacer, advirtiéndole que dicho instrumento me es completamente indispensable para poder vivir y mantener a mi familia.
Que Dios guarde a V. muchos años, le saluda su attº y s.s.
Arriba España
Saludo a Franco
Cornellá, 16 de mayo de 1939.
 
Leris recuperou o saxofón pero perdeu o sorriso para sempre.

3/10/12

A ignorancia


 
Hai uns días o noso equipo de traballo tivo a sorte de asistir á representación de La Casa de Bernarda Alba na Posada del Títere de Castuera, da man das actrices da Asociación de mulleres desta vila da bisbarra de La Serena. Nun monólogo, dona Bernarda exclama: “Los antiguos hacían cosas de las que ya nos hemos olvidado”. O que algúns vellos chaman aínda nestas terras el tiempo de los rojos resume esa  visión dun tempo mítico, dos antigos e xentís, dun universo propio de Hesíodo, dunha historia esquencida  que quizabes non aconteceu endexamais.
Milan Kundera escribiu hai tempo “O libro do riso e do esquencemento”, unha reflexión lúcida e retranqueira sobre a historia como relato e o devalar do tempo. O camposanto de Castuera móvese entre o riso e o esquencemento, materializa toda unha estratexia de invisibilización consciente dese pasado traumático. Nichos e nichos de recente construción esnaquizaron a evidencia material dos asasinatos. Os mortos deixan espazo aos outros mortos, esquencidos baixo un metro de coios de cuarcita, sedimento arxiloso e placas de cemento. Neste camposanto, a diferenza do que cantaban os irlandeses de U2, as rúas teñen nome, sempre baixo unha advocación relixiosa, como a Padroa do Bo Suceso. Esta microtoponimia, esta cartografía simbólica da relixiosidade popular que confire identidade aos mortos contrasta co anonimato infraterrestre das foxas que escoan baixo terra definindo unha agochada topografía do terror.
Nun dos seus últimos romances, o antedito Kundera analisa no primeiro capítulo a raigame etimolóxica nas linguas latinas da verba “ignorancia”, e pon de manifesto o seu vencello non con descoñecer ou ignorar, senón con añorar, con botar en falta. Os familiares das víctimas e o resto de cidadáns que vos xuntades aquí hoxe sodes os loitadores da ignorancia, o antídoto contra o esquencemento. Non sodes cazapantasmas senón recuperadores da memoria colectiva. Sodes o antídoto contra as dioptrías impostas por aqueles que non queren ver e negan o evidente.
Nestas terras con nomes de lugar que lembran decote o teatro Século de Ouro, acae ben recordar unha obra drámatica do xenial Cervantes, “El retablo de las maravillas”. Nesta peza, un feirante percorre o rural cunha saba branca na que se proxectan as marabillas do mundo; só os cristiáns vellos, os prohomes, ricos e poderosos son quen de ver cos seus ollos e atravesar o baldeiro inmaculado do retábulo. Toda unha reflexión sobre a banalidade do mal, a insoportable levedade do poder. Neste país noso, a síndrome do horror vacui apoderouse da nosa clase política, incapaz de ver o que se agocha nos buratos da indignidade. Como no retábulo das marabillas, dende a Transición o poder fai como que non ve.
Poncia, a criada petrucia da casa de Bernarda Alba berra aos catro ventos a sorte dos explotados na España dos anos 30: Un hoyo en la tierra de la verdad es la única tierra de los pobres. Unha fochanca no campo dos Desesperados e dos Desamparados no cemiterio de Castuera sería a fin para moitos civís e militares republicados derrotados, como os soterrados nas dúas foxas que vimos de escavar ao longo deste último mes. Aurora aínda o recordou aquí o outro día: “Están aquí, y se ven. Son personas”. Esta mestra falábanos do Gafas, un home que chegara a Castuera para casar, afincado nunha fonda. Fóra dos primeiros en caír, e nunca foi reclamado por ninguén. Tamén nos contou unha vella tradición castuerense; antes de casar, a moza agasallaba ao mozo cunhas mudas e cun par de xemelos para a camisa da ceremonia. Nestas foxas aparecen lentes e xemelos de camisa; poderán ser ou non do Gafas ou de calquer noivo de Castuera, pero o que está claro é que estes obxectos nos falan da vida truncada de persoas coma nós aos que se lle negou vilmente o futuro.
Extremadura é terra dura. Escavando en agosto temos as maos enchoupadas en arxila e xisto. Os ósos destas dezaoito persoas asesinadas únense ao coio e á lousa como amantes fósiles prehistóricos, deixan a súa impronta grabada no sustrato rochoso. Por iso nin a choiva, nin o cemento, nin a  desidia foron quen de expulsar da terra esta xentiña soterrada baixo metros cúbicos de rancor e de xenreira. Pero só grazas a vós, familiares e socios da Asociación Memorial do Campo de Concentración de Castuera, puidemos agora guindar o esquencemento ás lindeiras da historia. Porque, citando a Manuel Rivas, coa vosa vontade,  facedes máis pola xustiza ca todo un (suposto) Estado democrático enteiro.

Tradución ao galego do discurso en homenaxe aos 17 republicanos represaliados exhumados polo oso equipo de traballo e voluntarios de AMECADEC no camposanto de Castuera (Badaxoz) o 8 de setembro de 2012.

Viaje a la Alcarria

Esta fin de semana que vén rematamos o proxecto arqueolóxico da guerra civil en Abánades, dirixido por Alfredo González Ruibal, cunha fin de semana inzada de actividades, dende visita ás escavacións, exposición de materiais, conferencias e recreacións históricas. Se vos cadra pasar pola Alcarria podedes viaxar no tempo e achegarvos ao ano 1938 nun santiamén. Alí vos agardamos.

Que sabemos dos castros?


Vimos de participar nas xornadas Que sabemos dos castros? celebradas a pasada fin de semana en Vimianzo co apoio do concello e baixo a encomiable iniciativa do arqueólogo Ángel Concheiro. Esta actividade de divulgación e comunicación supón, ao meu modo de ver, un punto de inflexión no modelo de encontros arqueolóxicos no noso país. E son varias as razóns que podemos esgrimir tras ter vivido a experiencia, como lle gosta dicir aos californianos hippies (que ficarían abraiados, por certo, coa perfomance noitarega do sábado pola noite no castro das Barreiras):
1.       En primeiro lugar chama a atención a franxa de idade dos ponentes, grosso modo entre os 27 e os 45 anos. Non estamos diante do típico congreso, xerárquico e xerontocrático, cos popes clásicos, senón perante un encontro no que conflúen recentes xeracións de arqueólogos e arqueólogas do NW con experiencias no eido da investigación básica, a docencia, a Arqueoloxía profesional e a xestión do Patrimonio. Unha xente que ten ampliado estudos máis alá do tradicional encadramento galaico-minhoto, con estadías de investigación por Europa adiante, cun enfoque claro de Arqueoloxía social e pública. Non se ven esas estampas tan propias dos ritos de paso, co arqueólogo petrucio falando e o bolseiro ou bolseira pasando o powerpoint. Non. Os ponentes contan cunha traxectoria ampla asumindo responsabilidades en xestión de proxectos dende ben novos. Constátase aquí unha creba xeracional co modelo tradicional de xestión da produción do coñecemento, ao meu modo de ver.
2.       En segundo lugar, cómpre sinalar a naturalidade coa que se asume a interdiscipinariedade, fuxindo de torpes plantexamentos gremialistas que sancionan os compartimentos estancos na investigación. Por Vimianzo pasaron antracólogas, xeomorfólogas, malacólogos, especialistas en arqueometalurxia e Arqueoloxía Pública... E pasaron por alí non para demostrar nada, para medrar curricularmente, para emular aos seus Mestres, para autoafirmarse, non, falaron para compartir co público (cos públicos, máis ben) as súas experiencias arqueolóxicas, as súas inquedanzas e os seus anceios á hora de facer Arqueoloxía nestes tempos de incertidume e de crise.
3.       A superación dos enfoques parciais e sectarios tan propios das correntes academicistas. Neste senso chama a atención como os ponentes recollen as principais aportacións das diferentes escolas (histórico-cultural, funcionalista, teorías críticas) e rachan cos modelos interpretativos pechados, procurando sempre unha leitura social do rexistro arqueolóxico. O medo ao mundo simbólico e ritual, a leitura política das comunidades da Idade do Ferro semella cousa doutros tempos.
4.       O compromiso tácito coa Arqueoloxía Pública, asumindo a divulgación, formación e comunicación como chanzos básicos na investigación sobre o pasado.
5.       Todas as ponencias amosaron un necesario espírito de autocrítica e, sobre todo, un retranqueiro e moi galaico sentido do humor que racha con esa idea aburrida do Patrimonio como algo moi serio que non se pode deixar en mans de calqueira. Con ironía fundamentada deconstruíronse os tópicos desa cultura castrexa, co seu centro e a súa periferia, deses históricos arqueólogos galeguistas sempre bos e xenerosos, desa suposta ciencia arqueolóxica á marxe da ideoloxía, a política e o mercado.
6.       Houbo verdadeiros debates, e alí todos puideron exponer o seu punto de vista, o profesor de secundaria, o arqueólogo retirado, o paisano de Vimianzo, o erudito local, o activista, o escéptico. Como no anuncio aquel de Coca Cola, foi un congreso para todos.