18/1/10

Romanízame


Pero a cousa ten máis miga. Nun xesto rápido, o spray soluciona décadas de debate historiográfico sobre a natureza da romanización. O autor da pintada quizabes sexa Bianchi-Bandinelli ou Balil reencarnados en graffiteiros de barrio compostelán, con puchas do revés en vez de birretes, con sprays industriais en vez de xiz. Romanización de Galicia ou romanización en Galicia? Aculturación? Resistencia? Hibridación? Sincrese? Crioulización? Colonialismo? Gallaecia galaica. Iso si que é bilingüismo harmónico. Impagable esa apelación ao alalá. Coma pensaban os románticos do XIX, o aturuxo e o alalá eran práticas cotiás nos castros galegos. O fío musical castrexo.