Camposanto
O rexistro funerario centra o debate arqueolóxico pola súa maior ou menor monumentalidade. Unha manchea de culturas arqueolóxicas foron definidas en función da tipoloxía das tumbas, dos enxovais, das práticas rituais funerarias. Cultura dos campos de Furnas, dos Túmulos, dos Kurganes... Mámoas, túmulos con corredor, foxas, celeiros, cistas, incineración, inhumación, desmembración, exposición de cadavres... Igual que existen moitas maneiras de morrer, existen outras moitas de ser soterrado, sobre todo nas comunidades do pasado sen lexislación ao respecto nin temores a inspectores de sanidade e seguridade cidadá. Á diferenza da visión estática que adoita fornecer a Arqueoloxía (os obxectos e as tumbas non se moven) os grupos sociais son dinámicos. Velaquí tedes un detalle do camposanto oromo, con tumbas tradicionais de foxa con enchido de cachotes volcánicos, con túmulos, con tumbas critiás ortodoxas, con representacións de cultura material cotiá como bicicletas, con murais reflectindo o gando como ben de prestixio e status social.
4 comentarios:
Nen tanto nen tan pouco... Hai tempo que o Coco falara do abuso dos paralelismos, mais nesa necrópole os cambios tipolóxicos non están dando conta de cambios na sociedade? Saúdos.
Sen dúbida Coco é unha cita de autoridade... o de Barrio Sésamo non?
non...cadrou simplesmente o comentario, mais fico surprendido pola reacción: nen "cita de autoridade" (quen é "autoridade"?), nen tampouco creo que haxa necesidade de caricaturalo. Saúdos de novo.
non hom! que me fixo gracia o do Coco, xa sei a que te refires, pero non estou a lavar a cabo ningún paralelismo, só é unha reflexión, máis ou meno seria, sobre as práticas funerarias. Sobre a utilización de analoxías poderiamos debatir moito, pero é obvio que sen analoxías a Arqueoloxía, simplemente, non podería existir.
Publicar un comentario