Os devanceiros gumuz
No poboado gumuz de Bowla Dibas'i, ao N do Nilo Azul, a acción social desenvólvese nun modo de vida tradicional, polo que puidemos rexistrar aspectos básicos desta formación sociocultural: o papel da muller na construcción e decoración dos celeiros, a desnudez como prática identitaria, o uso do espazo doméstico nos conxuntos de habitación tradicionais, os mecanismos comunitarios de resolución de conflictos, as festas veciñais nouturnas... Malia declararse oficiosamente musulmáns, en Bowla manteñen totalmente as crenzas animistas, sen que as misións evanxélicas conten con moita predicación entre a comunidade local. De feito, os mortos sotérranse detrás das casas, ao xeito de sempre, en foxas marcadas por un círculo de pedras. Cando as cabanas se moven de sitio, as tumbas quedan no medio e medio de espazos públicos. Toda esta materialidade gumuz de Bowla é un exemplo perfecto de estratexia de resistencia ao cambio e ás influencias exteriores.
Fotografía: detalle do poboado de Bowla Dibas'i. Unha tumba en primeiro plano. Marzo de 2006.
No hay comentarios:
Publicar un comentario