3/1/10

Kum dwel


Os nuer adoitan rematar o teito das cabanas cunha peza cerámica (kum dwel). Este chapeu de arxila, arredor de 60 cm de alto, soe estar decorado con diferentes motivos, sempre vencellados co gando (motivos en forma de cornos, bóvidos). Como sinala o noso compañeiro Alfredo González Ruibal, director do proxecto en Etiopía no que participamos, este tipo de remate non aparece nas fotografías publicadas por Evans-Pritchard na súa mítica monografía, o que fai pensar que non existía daquela (década de 1930) ou que se trata dunha variante rexional dos nuer de Gambela. En todo caso, o coidado extremo do espazo doméstico e un forte investimento arquitectónico caracterizan o modo de estar no mundo dos nuer, que ritualizan a súa vida cotiá con altares e elementos apotropaicos, como os bercianos e bercianas de antano.

Fotografía: unidade doméstica do poboado nuer de Pakang (Gambela, Etiopía occidental). Marzo de 2009.

No hay comentarios: