22/1/10

Tradición


Lugo é un poboado en constante transformación, no que as práticas tradicionais se combinan coa irrupción de fenómenos novos. Como en Bowla, aínda podemos ver as tumbas tradicionais detrás das cabanas. Sen embargo, a cabana circular tradicional está sendo sustituída por construcións rectangulares cubertas de corcoro (uralita metálica), con compartimentacións internas, diversos accesos controlados con pechaduras, e espazos de almacenamento de produtos agrarios. Esta arquitectura doméstica lembra máis aos conxuntos de habitación das comunidades labregas oromo, referente de prestixio para outros grupos étnicos nesta zona de Etiopía. Noutros casos, a forma arquitectónica manténse pero a cabana circular acolle un uso do espazo doméstico mediatizado pola división do tradicional espazo multifuncional.