18/1/10

Filloas de sangue


E que facemos co Apóstolo Santiago? Tivo sorte de non chegar a Vic porque o mandaban de volta a Palestina cagando virutas. Menos mal que na ría de Arousa estaban xa acostumados daquela a coller todo o que flotase, fardos ou tumbas de pedra, érache igual. Os galaicos fixeron unha excepción con Xacobe e lle fixeron os papeis, aínda que non fose galaico de nación. O sangue de Exeria e Prisciliano inda daría para unhas cantas filloas, que serían consumidas neses banquetes orxiásticos que segundo a Igrexa oficial adoitaban facer os e as priscilianistas. Con todo, este é un bo lema para as campañas de doazón de sangue na Galiza, sen dúbida.

4 comentarios:

lorcho dijo...

Creo que o MRA este non merece nin o tempo que podería tardar en comentar algo máis.

Alfonso García dijo...

Pois eu digo que este eslógan póñeno no Centro de Transfusión de Galicia e habían ter doantes a eito! Pero que pouco humor, lorcho, que pouco aquel!

lorcho dijo...

Home, postos así, sería perfecto para a matanza.

Gabriel dijo...

Gallaecia aos Galaicos

É dizer Gallaecia só aos que tenham na sua etnogenese: Castrexos (Protoceltas), Romanos e Suevos.

O M.R.A. nom rejeita nem a greco-latinos nem germânicos na sua estirpe, pois som de origem ariana (indoeuropeia) ao igual que os proto-celtigos.