Os Belenenses
No Bierzo conservan a tradición dos grandes nacementos. Todo un espectáculo no que se recollen as múltiples facianas da vida campesiña tradicional e das pequenas vilas rurais. Nun percorrido enchido de centos de detalles, un pode ver unha escola nacional, como funcionaba unha forxa, unha mina ou un lagar, o campo da festa do pobo, os labores téxteis, a feira do gando... todo un mundo que marchou e xa non volta. En realidade, este tipo de beléns, aparte de referente identitario da vila de turno, é todo un exercicio etnoarqueolóxico que fornece ás novas xeracións reconstrucións 3D da vida cotiá dos seus avós e avoas do Bierzo. Estes nacementos tamñen se fan eco da percepción social da Arqueoloxía, con recreacións de minas de ouro romanas e cabanas castrexas/celtas, asimiladas ás pallozas con teito.
Fotografía: Detalle do nacemento de Folgoso de la Ribera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario