15/2/12

Combates pola Historia


Hoxe rematamos as clases sobre Arqueoloxía grega cos alumnos de 4º de licenciatura na Facultade de Ourense, reflexionando sobre os vencellos entre ideoloxía, política, identidade e arqueoloxía en Grecia, sobre o compromiso e a responsabilidade dos científicos sociais como actores do presente. A presente fotografía resume todo isto.
En 1941 dous mozos gregos rubiron á acrópole e sustituíron a bandeira do ocupante nazi pola insignia nacional helena. Todo un xesto heroico que deu ás á resistencia grega. Un deses rapaces era Manolis Glezos que co tempo se faría historiador. Apresado e torturado por italianos e alemáns e colaboracionistas gregos, encarcerado trala guerra civil grega e condanado a morte polos vencedores de extrema dereita, novamente condanado na ditadura dos xenerais, exilado en varias ocasións... un resistente antifeixista que lidera hoxe con 89 o movemento de protesta contra os recortes de Europa.
Na acrópole, unha placa conmemorativa recorda este patriota que para algúns seica deixou de selo:
ΤΗ ΝΥΧΤΑ ΤΗΣ 30ης ΜΑΙΟΥ 1941 ΚΑΤΕΒΑΣΑΝ ΟΙ ΠΑΤΡΙΩΤΕΣ ΜΑΝΩΛΗΣ ΓΛΕΖΟΣ ΚΑΙ ΑΠΟΣΤΟΛΟΣ ΣΑΝΤΑΣ ΤΗ ΣΗΜΑΙΑ ΤΩΝ ΝΑZΙ ΚΑΤΑΚΤΗΤΩΝ ΑΠΟ ΤΟ ΙΕΡΟ ΒΡΑΧΟ ΤΗΣ ΑΚΡΟΠΟΛΙΣ. ΕΝΤΟΙΧΙΣΤΗΚΕ ΑΠΟ ΤΗ "ΕΝΩΜΕΝΗ ΕΘΝΙΚΗ ΑΝΤΙΣΤΑΣΗ 1941 - 1944" ΤΟ 1982.
Na noite do 30 de maio de 1941 os patriotas Manolis Glezos e Apostolos Sanda arrincaron a bandeira da ocupación nazi da rocha sagrada da Acrópole. Colocada pola "Resistencia Nacional Unida 1941-1944" en 1982.

Fotografía: Manolis Glezos zarandeado pola policía do seu país en Atenas.

No hay comentarios: