3/11/10

Dereito á información


Un cambio de goberno que vén dado, supostamente, pola necesidade de comunicar mellor. O impacto dos librepensadores e popes do software libre. As redes sociais. A liberdade de información e a libre circulación de ideas. Eses conceptos xa manexados polos Ateneos libertarios dentreséculos que tanto pánico causaron na Igrexa, e seguen a causar, como estamos a ver hoxendía coa visita do pastor alemán a Compostela. No ano 2010 guíndase información á Rede dende unha escvación arqueolóxica en tempo real, e se non o fan os arqueólogos e arqueólogas, xa haberá alguén que o faga coa cámara dun teléfono móbil conectado á Rede. Os tempos mudaron, pero hai gremios que seguen empecinados en manter modelos de xestión premodernos en tempos paramodernos. Quen non coñece ao típico arquiveiro que se permite poñer trabas ou non á consulta de determinada información, pensando que o arquivo é seu? Quen non coñece ao arqueólogo de turno que pensa que o xacemento no que está intervindo é seu? Quen non coñece á típica Administración que pon trabas para a consulta de documentación supostamente pública? Controlar a información é unha obsesión fascista de sempre. A Arqueoloxía segue estando chea de cláusulas de confidencialidade, de supervisións, de censuras, de perdas irreparables de información, de solicitudes de permisos de publicación, de fatuos intereses curriculares, de veleidades personalistas...

Fotografía: cartel libertario na Haia, setembro de 2010.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Podes recomendar algunha publicación sobre antropoloxia/etnografía dos arqueólogos?

El Ayán dijo...

Un bo arqueólogo que ten traballado o tema, con humor, retranca e fundamento, é Cornelius Holtorf.

2005."From Stonehenge to Las Vegas. Archaeology as Popular Culture". Oxford: AltaMira Press.

2007. "Archaeology is a Brand. The meaning of Archaeology in Contemporary Popular Culture". Oxford: Archaeopress.

oubeando no deserto dijo...

touche meu querido anonimo

Anónimo dijo...

Moitas gracias, verei de conseguilas.