Sempe comunicando
Sempre comunicando. Así poderïamos definir a relación existente entre Arqueoloxía e medios de comunicación. No pasado encontro da Asociación Europea de Arqueólogos na Haia tivemos ocasión de participar nun workshop titulado How communicate the Past to Mass Media? organizada por Diane Scherzler. Alí fomos testemuñas dos desencontros habituais entre prensa e gremio arqueolóxico, pero tamén de dúas realidades ben clarificadoras:
1. O pasotismo da grande maioría dos colegas con respecto á comunicación e divulgación social do seu traballo.
2. A idea que leva a pensar na Comunicación coma un eido especializado á marxe da profesión arqueolóxica, coma un eido a maiores que se ubica ao final do traballo arqueolóxico. Esta actitude leva a contratar consultoras (como foi no caso desta sesión) que lles din aos profesionais da Arqueoloxía o que teñen que dicir, como vender o seu produto, etc...
Loxicamente, os que seguides Aarqueoneixon e o blog da Lanzada xa sabedes o que pensamos ao respecto da comunicación da Arqueoloxía e da necesaria imbricación do traballo de xornalistas e arqueólogos. Esta relación interdisciplinar está a ser debatida decote nos últimos anos. Para unha boa aproximación aconsellámosvos o libro editado en 2007 por Timothy Clack e Marcus brittain: Archaeology and the Media (Left Coast Press, California).
Da propia Diane Scherzler podedes consultar o seu artigo: Journalists and Archaeologists: notes on dealing constructively with the mass media. Journal of European Archaeology, 10(2-3): 185-206. En http://www.diane-scherzler.de/downloads/EJA_10_Scherzler.pdf
Fotografía: apuntamentos no marco da sesión de traballo How communicate the Past to Mass Media? no Congreso da EAA 2010 na Haia.
1 comentario:
Non é só arqueolóxico. É a Historia, en xeral a que ten un problema de comunicación; de aí a incomprensión, en moitas ocasións, do que facemos.
Venme este post ao pelo para poñérvos un enlace; trátase dun blog que estamos a sacar adiante coma proxecto de curso cos alumnos de Historiografía de 5º, na fac. de Historia de Ourense (UVigo). O blog chámase res gestae, e trata, dende a perspectiva deles, de plantexar temas de actualidade, cuestións de interesa ou simplemente algo relacionado sempre coa Historia/historiografía. Todo aberto á participación libre do que queira. Para os que vos interese:
http://resgestae.blogspot.es/
Publicar un comentario