25/5/10

A Lanzada 2010


Cambiamos provisionalmente o mar de Arousa polo mar d'A Lanzada.Estimados amigos e amigas de Arqueoneixon, convidámosvos a pasarvos pola Lanzada (Sanxenxo, Pontevedra) este verán. Dende comezos de xuño retomaremos as escavacións arqueolóxicas no emblemático xacemento castrexo d'A Lanzada, entre a praia homónima e a praia de Foxos. Estes traballos realízanse no marco do proxecto Pousadas promovido pola Excma. Deputación de Pontevedra, entidade que financia o traballo arqueolóxico. As escavacións serán dirixidas polo arqueólogo da Deputación Rafael Mª Rodríguez Martínez e levadas a cabo por un equipo do noso Laboratorio de Patrimonio do CSIC. Como non, tentaremos levar a cabo un novo proxecto de Arqueoloxía social no que poñeremos en prática moito do aprendido en sitios como Neixón e Castrolandín. Para irdes abrindo boca xa contamos cun blog do proxecto no que iredes vendo en tempo real o desenvolvemento das escavacións e poderes aceder a todo o que se sabe e imos sabendo deste sitio d'A Lanzada.

http://alanzada.wordpress.com/

Fotografía: traballos de escavación arqueolóxica n'A Lanzada na década de 1950 (Arquivo Gráfico do Museo de Pontevedra).

2 comentarios:

lorcho dijo...

Allá vamos nuevamente; es lo que nos gusta, Johnny.

lura dijo...

pois si,pondremos en practica o aprendido....