Xerra e paz
O bierzólogo Víctor García Rodríguez leva anos retratando unha arquitectura tradicional que se esvae. Nas súas xeiras veterinarias por aldeas e vilas do Bierzo, Trives, e Valdeorras conserva a memoria de edificios que hoxe son ruínas, de vellas práticas esmorecidas e agochadas baixo capas de cemento, uralita e ladrillo. Nesta fermosa fotografía coa que nos felicita o Nadal fosilízase unha tradición esvaída: pousar no cumio dos tellados unha xerra cerámica revirada para atraer a boa sorte e rexeitar os malos espíritos. Un elemento apotropaico do que apenas queda xa constancia, malia a súa pervivencia ao longo de centos de anos. Chega cunha simple ollada ao De Correctione Rusticorum de Martiño de Dumio (éculo VI d. C.) para coñecer a querencia dos galaicos pola protección simbólica dos fogares.
2 comentarios:
Na cidade na que vives aínda se conservan ou conservaban remates de chemineas reempregando as "anforetas" de Indias, hai un hoteliño na zona vella que as ten ciscadas pola súa terraza (non faremos publicidade) e na que eu vivo tamén se empregaban, aínda que a modernidade as levou por diante
¿E as telas e resina de uso ritual para atraer animais voadores nos espacios de habitación adicados á produción alimentaria entre os grupos de reflexión cultural?
Vamos, as tiras para moscas na cociña dos arqueólogos.
Apotropaico.
Publicar un comentario