18/11/09

Exper-i-ciencia


Exper-i-ciencia é un programa de divulgación que está a desenvolver o CSIC este mes de novembro para achegar o labor científico á poboación escolar. A nós tócanos falar de Arqueoloxía nos colexios A Solaina en Narón e no Instituto de Pontecaldelas mañá e pasado respeitivamente. O curioso é que foi unha solicitude cursada dende estes dous centros despois de visionar o documental O'Neixón: historia viva dun castro. No meu caso concreto, eu decídínme a facer Arqueoloxía con 11 anos despois de que o meu pai me levase ver a escavación do castro de Penalba en 1987 e tras escoitar a conferencia que dera no meu colexio en Pontevedra un arqueólogo chamado Antonio de la Peña Santos. Por iso lle dou tanta importancia á divulgación, unha actividade que xenera vocacións. Iso si, aos rapaces e rapazas que lles entre a nacida de facer Arqueoloxía direilles o que me aconsellaba meu pai no seu día: fai Arquitectura. Os pais case sempre teñen a razón.

2 comentarios:

Antonio de la Peña dijo...

Ai, Xurxo, qué subidón!. De modo que o Álvarez Núñez e mais eu temos parte de culpa na formación do monstruo... Señor, Señor, qué cousas!
Apertas emocionadas.
XDDDD

lorcho dijo...

Tarde para lamentarnos de nuestras vocaciones, amigo. Y yo que entré en el medievalismo de la mano del Príncipe Valiente y Chretièn de Troyes... Pero, no nos ha ido tan mal ¿no?