18/11/09

Cinguindo a porta


Tomamos esta imaxe de http://xornalcerto.blogspot.com/ tirada nalgún lugar de Porto do Son. Interésanos especialmente porque reflicte unha tendencia na arquitectura galega do século XXI, esa arquitectura sen arquitectos. As aguias, os leóns, e mesmo os microondas (xúrovos que o teño visto) empoleirados a ámbolosdous lados da porta ou do acceso á finca. Iso xa é pasado. Agora é o tempo da arte, da escultura, das homenaxes. Evidentemente o feísmo non ten nada que ver con isto. Podemos unir cabos se estudamos a ideoloxía da casa na sociedade campesiña galega, o trunfo das fotos aéreas das casas novas nos anos 80, etc., etc...

1 comentario:

Unknown dijo...

Iso das fotos aéreas é apabullante. Que será desas empresas agora que o Sipac e Google Earth se poden consultar aquí en Internet?

En canto aos microondas: por favor, fotos do espectáculo. Documéntanolo visualmente!