O' Parapeto
Repito, unha vez máis, que os castros de Neixón teñen a sorte de que se celebre unha romaría no verán e de que conten cun bar, O 'Parapeto, todo un centro social no que a xente intercambia opinións. O outro día unha parella, ela da parte de Rianxo e el alemán, queixábanse amargamente do estado lamentable da contorna do castro; aquel día unha pequena lixeira sen recoller ocupaba parte da área recreativa. O señor alemán, medio falando en galego, non comprendía que os escolares tivesen que ver iso porque os nenos fan o que fan os maiores, que en Alemaña o Patrimonio coidábase e esa deixadez era impensable. A conversación derivou coa señora contándonos as súas vacacións en Bretaña; tras unha semana vendo menhires, crómlechs (os de verdade e non os que se inventan no CAB) e dolmens, o seu fillo rebelouse e berrou: non quero máis cultura! E tivemos que levalo a mirar o zoolóxico, dicía a señora.
2 comentarios:
Que sorte que no Neixón o zoolóxico estea bastante perto dos xacementos.
Sé que pagan justos por pecadores pero... a estas alturas andar a voltas coa tipoloxía dun castro como se recolle nunha entrevista de La Voz de Galicia paréceme de coña, e por riba dicir que "Neixón é un castro de tipología costera". Pois... emprazado nunha pequena península que se adentra na ría, que será, será...., ay!! qué será da investigación voltando a argumentacións tan "actuais" e "complexas"
Publicar un comentario